Un ano máis e van... a peña da Asociación Cultural "A Figheira do Meco" organizan este Festival na Siradella, chova ou faga sol ( no rockodromo da Siradella estaremos a cuberto!) . Musicarán a noite Os Desterrados Rock Jallejo, Folkolicos Folkis, Kaootik, Brutal e Herr Container. Como sempre a entrada é debalde, haberá postos de comida, bebida, artesanía e merchandise (recordan que está aberto a quen queiran montar un posto sempre que non sexa de comida e bebida).
No seu cartaz posiciónanse contra as pretensións de construir un campo de golf na Siradella, ao que tanto dende A Figheira como dende a Plataforma Veciñal contra o Campo de Golf na Siradella, como do Colectivo Ecoloxista do Salnés dan a entender que os motivos para estar en contra da construcción dun campo de golf na Siradella son claros: a alteración drástica da paisaxe, o forte consumo de auga, a reducción do solo dunar e contaminación do habitat (Rede Natura 2000), a perda de biodiversidade, a privatización de terreos públicos e comunais.. O Grobe precisa moitas cousas antes que OUTRO campo de golf, consideramos intolerable que administracións públicas (a Deputación Provincial e parte da corporación municipal) apoien un campo de golf, cando ditos esforzos deberían ir encamiñados a corrixir ditas carencias. Especialmente cando XA HAI campos na Toxa e Meis, e outro proxectado en Noalla. Nos concellos galegos con golf non se constata un “despegue económico” nin un incremento considerable de visitantes asociado ao campo. Así mesmo, o número de empregos creados noutros campos de golf galegos é moi inferior ao que se está a prometer (nalgúns casos ata 10 veces menor!).
Non ao campo de golfos!
Máis información:
Folleto "NON CAIAS NO BURATO":
Actividade da "Plataforma NON AO CAMPO DE GOLF NA SIRADELLA" 2009-2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario