Nos falsimeidos chilenos fanse eco dunha noticia sorprendente que é, sen dúbida, falsa e unha suxa estrataxema do poder para criminalizar a luita dos compas e das súas familias, e de influir no xulgado: Segundo a policia e a prensa canalla a nai de Juan tentara pasar dentro dun sandwiche unha chave para abrir as axelmas (!!), feito absurdo considerando que durante o mes e meio que durou o xuízo, a nai de Juan, con autorización do xulgado do caso, estivera a levarlle todos os días o almorzo ao seu fillo e xusto agora xurde este episodio cando a avogada estaba a expor o seu alegato de feche.
Recollemos da rede o "Breve Comunicado" de Juan, Freddy e Marcelo ante o acoso ás súas familias; e o Comunicado de "Solidarixs Por la Revuelta" solicitando solidariedade urxente para con os compas e as súas familias, ambos asinados este mércores pasado, 4 de xuño, na secuencia da última etapa do xuízo contra os compas, do que, supostamente, coñecerase hoxe a sentencia:
1) Caso Security: Fronte ao recente fustrigamento carcerario no teatro xurídico... Integrxs e Orgullosxs na Loita contra o poder.
O xuízo contra os nosos compañeiros Freddy, Marcelo e Juan, acusados polo Caso Security entrou estes días na súa última etapa, tras 46 audiencias, xa se avizora o final deste linchamento xurídico.
Hoxe, 4 de xuño, tras expoñer todos os seus delirios os querelantes, Ministerio Público e Fiscalía, iniciábanse as alegacións da defensa do compañeiro Juan, pero un amplo despregamento no centro de xustiza alertou sobre un novo procedemento de "seguridade" contra os nosos compañeiros, e agora ademais apuntaba contra as súas familias e ámbito solidario.
Xendarmaría atrasa por preto dunha hora o comezo da audiencia, sen que se saiba con certeza de que dispositivo estanse a amparar nesta ocasión. Unha vez iniciada a audiencia, a propia prensa filtra os asistentes do teatro xurídico, que o despregamento carcerario se debía ao suposto achado dunha chave de alxemas camuflada dentro dos elementos para o almorzo dos compañeiros.
A versión dos carcereiros foi variando de ton e argumentación conforme ao paso das horas. Primeiro falábase dun anaco de metal escondido dentro dun sándwich, para logo chegar á metade dunha chave de alxemas supostamente escondida na costura da bolsa que contiña os alimentos ingresados pola nai do compañeiro Juan.
Tras o receso de medio día a prensa fai ingreso ao piso do tribunal abalanzándose sobre a familia de Juan, acantoándoas en busca dalgunha declaración. Mentres, persoal de Xendarmaría ratifica a acusación do ingreso da chave, á vez que mostra supostas fotografías e se arroga unha suposta desarticulación dunha fuga.
Toda a acusación cae sobre a familia e ámbito solidario presente, apuntando especificamente a nai de Juan, quen nega rotundamente os feitos.
Ante este escenario de acoso e fustrigamento mantémonos unidxs, afirmando tallantemente que todo esta aparataxe de acusacións, mediatizaciones e circos de seguridade premen o tribunal, amedrentando as xuízas coa construción de suxeitos perigosos, xusto o día en que se iniciaba o peche por parte da defensa de Juan e a horas de que se dite a sentenza contra os 3 compañeiros.
Freddy, Marcelo e Juan xa foron condenados o 2007 cando se produce a expropiación e o enfrontamento armado que culmina coa morte de Moyano, coas abertas ameazas de morte por parte da policía; o 2009 e 2010 cando foron expulsados dende Arxentina e agora en cada instancia xurídica que deberon sortear.
Hoxe enfrontámonos a só un capítulo máis tanto da represión, coma da orgullosa loita que non se detén nin amedrenta fronte ao teatro do absurdo carcerario. A decisión e vontade dos nosos compañeiros é parte dun tránsito histórico de loita contra o poder, que no seu caso se afirma en feitos concretos contra a Ditadura, a democracia e toda forma de dominación.
Estamos orgullosxs dos vínculos, familias, afectos e lealdades forxadas a pulso, que desoen o ritmo da represión, as ameazas, a pasividade e o arrepentimento....
Porque seguimos sendo amor en guerra.
Nada rematou.
Solidarixs Pola Revolta
2) Caso Security: Breve comunicado ante o acoso ás nosas familias
Fronte á tramposa manobra da fiscalía centro Norte, que en concomitancia con xendarmaría de Chile, intentou unha vez máis embazar aínda máis a súa propia orde e desenvolvemento da súa inquisición. Esta vez o recurso usado foi a nosa nai, criminalizar o amor, a solidariedade e o orgullo de seguir estando íntegros ante a arremetida constante dun poder que trata de soster o insostible.
O acontecido sucede nun instante no cal nos corresponde defendernos, acto irrenunciable a pesar de calquera intento ou manobra de amedrentamento por parte dos poderosos.
Aquí estamos e seguimos firmes. A nosa dignidade e solidariedade é máis grande que os seus edificios, segue presente, forte e real...
Mentres Exista Miseria Haberá Rebelión!!
Juan Aliste, Freddy Fuentevilla, Marcelo Villarroel
4 de xuño de 2014
Cárcere de Alta Seguridade
Santiago
Chile
colado x eDu
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario