6 jun 2014

"Coa firme convicción do noso andar" - Texto e folleto en solidariedade con Francisco Solar e Mónica Caballero

"Non é tempo para mansxs nin misericordiosxs senón para xs que loitan e se apropian das súas vidas"

Sae á luz este folleto solidario con Mónica e Francisco que podedes ler á íntegra (en castelán) neste enlace, ou ben imprimilo en formato fanzine nestoutro.

O 13 de Novembro de 2013 son detidxs en España cinco compañeirxs anárquicxs acusadxs de pertencer a unha organización terrorista, estragos consumados e estragos en tentativa. A devandita organización sería a responsable do atentado explosivo á Basílica do Pilar.

O ataque destruíu parte do mobiliario da Basìlica e foi reivindicado polo Comando Insurreccional Mateo Morral, cuxo comunicado formula:

"A autoridade, principio básico da sociedade, exerce o seu dominio por medio de diversas institucións; a Igrexa é unha das máis importantes pola súa complicidade histórica co Estado-Capital encargándose de cimentar e perpetuar o actual estado de opresión patriarcal e heteronormativo.

A Basílica do Pilar é un dos templos significativos para os detentadores do poder. Visitada por Franco en varias ocasións e polo Papa Juan Pablo II en 1982 e 1984, eríxese como un dos principais símbolos e punto de encontro do fascismo. A Virxe do Pilar é patroa e raíña da hispanidade, no interior do templo colgan como verdadeiros trofeos as bandeiras de todos os Estados que dominan o territorio latinoamericano. Facendo gala do exterminio provocado pola civilización ao costado do templo encóntrase a Praza do Pilar que conta coa fonte da hispanidade que debuxa o mapa do continente centro e sudamericano"
.

Tras as detencións e logo dunha semana de incomunicación, tres compañeirxs logran a saída á rúa con medidas preventivas, outrxs dúas permanecen en prisión baixo o réxime FIES de 3° grao a espera de que se inicie o xuízo na súa contra; elxs son Mónica Caballero e Francisco Solar, ambxs compañeirxs anárquicxs que foran secuestradxs o 14 de Agosto de 2010 polo Estado Chileno no marco do Caso Bombas.

Nesa oportunidade foron acusadxs de conformar unha Organización Ilícita Terrorista, responsable dunha serie de atentados explosivos contra símbolos do Poder. Por iso xs compañeirxs permaneceron máis de 9 meses en prisión, baixo o réxime de Máxima e Alta Seguridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario