6 jun 2014

Máis sobre nosa compañeira Tamara.

Volto tocar o tema porque, ainda que considero que a rede non é lugar para falar e debater entre anarquistas, non logro entender aínda o posicionamento de ContraInfo que argumenta nunha súa Breve nota, entroutras coisas: "que é nosa a responsabilidade de ter facilitado a súa publicación en vez de censurarlo, (...) os publicamos cando os recibemos direitamente, sempre e cando o seu contido entra dentro das nosas condicións de publicación, e sempre garantindo a protección do seu anonimato. (...) Nom imos permitir que ninguén poña en perigo a confidencialidade do noso funcionamento interno. Ademais, non gardamos nengunha relación con xente que planexa ameazas, o con xente que aceptou indultos, (...). Pedimos desculpas por non ter engadido unha nota aclaratoria ao momento de publicar este texto".

Igual entendín mal, pero para min que se posicionan con quen enviou ou enviaron o texto da polémica, e contra de quen lles pede explicacións por publicalo.

O primeiro que quero dicer e que xa dixeron no seu comunicado o grupo de amigxs e compañeirxs de Tamara, e que nas normas de publicación de ContraInfo figura que se publican artigos ou textos que "non se moven dentro dos límites da decencia e do respecto á dignidade humana, dos datos persoais, da igualdade de sexos e de todos os seres humanos"; e ante iso caben dúas posibilidades, ou ben eu non entendo o mesmo, ou ben a peña de Contra Info descoñece as súas propias condicións de publicación.

Alén de concordar con o texto que o meu compa pirata C.R. publicou acá en Abordaxe, quixer engadir á polémica o texto publicado pela peña que fai Tokata (con o que tambén concordo), algúns comentarios recollidos da rede e como puntilla o comentario publicado en Tokata pola propia Tamara:

Intoxicación Policial Contra Nosa Compañeira Tamara x Tokata

Inexplicablemente, xa que non comprendemos que criterios de selección do que aparece na páxina poden ter os que a elaboran para deixar pasar semellante lixo, apareceu no noticiero anarquista en internet Contra Información, un texto velenoso contra a nosa compañeira Tamara, onde sen ningunha proba nin argumento válido se lle insulta gravemente acusándoa de ter "comprado a súa liberdade coa moeda da delación". Á parte desta frase, a acusación é confusa, pois en ningún momento se menciona no texto a quen se supón que delatou a compañeira, nin cando, nin sobre que, senón que, sen máis razoamento, se deduce a acusación de que saíse do cárcere por un indulto do goberno. Está claro que a medida provén do inimigo, e é certo que estas cousas non suceden a miúdo, pero, se o resultado é ver a nosa compañeira na rúa, o único coherente, para nós, é alegrarse diso. Volvemos repetilo, Tamara é a nosa compañeira, coa que compartimos durante moito tempo actividades anticarcerarias. Para nós e para calquera que a coñecera na loita -por exemplo, unha boa cantidade de compañeiros presos- a súa honradez quedou sobradamente probada, así como a súa apaixonada entrega e firme compromiso. Non hai ningún motivo para desconfíar dela e non hai máis que ver a documentación correspondente para comprender a lóxica do asunto. Pero iso non está en cuestión, posto que non é necesario xustificarse ante as calumnias. É quen fai a acusación quen debe xustificala, e lanzar unha tan grave sen a máis mínima proba nin fundamento non é outra cousa que calumniar. Pódese pensar que quen tan covardemente o fai nese inmundo texto, protexido no anonimato, non sexa máis que, sinxelamente, estúpido. Pero aquí trátase de palabras maiores: quen acusa de acusona a outra persoa sen probalo pasa a ser el mesmo sospeitoso e, se continúa sen presentar probas, debe ser considerado el o acusón, ou algo peor, ou sexa, policía. Non sabemos se quen redactou o texto o será, pero, manipulador ou manipulado, a súa forma de actúar é tan destrutiva, maliciosa, covarde e traizoeira como a dun policía. A quen sexa dicímoslle que dea a cara en lugar de esconderse nomeando abusivamente a compañeiros que supoñemos están moi lonxe de aprobar o seu noxento comportamento. A Tamara, auténtica loitadora que xamais agachou a cabeza, querémola sempre entre nós. Somos os seus amigos, antigos e leais. Dos do covarde calumniador, non sabemos nada. Aos que, quizais inadvertidamente, lle están a axudar no seu labor de intoxicación, dicímoslles que non deberían facelo, entre outras moitas razóns, porque consentir alegremente que alguén poida acusar calquera compañeiro ou compañeira de algo tan grave, sen ningunha proba nin razón válida, e ademais anonimamente, corroe calquera ética colectiva e moito máis a ética anarquista. Aos que, coñecendo a Tamara ou sen coñecela, estean de acordo connosco no que dicimos, chamámolos a pronunciarse publicamente en defensa da compañeira e da liberdade, o respecto e a lealdade mutua nos nosos medios.

Os que elaboramos tokata.info
..........................................

Dende a Editorial Klinamen subscribimos o voso texto de apoio á compañeira Tamara e repudio aos cales a difaman e acusan. Moitas grazas. Guerra á infamia.
........................................

Considero dunha baixeza vil o lixo lanzado sobre Tamara por unha camarilla de descerebrados torquemadas que se esconden tras unha páxina web. Négome a considerar esa chusma de anarquistas; creo que actúan como provocadores e desinformadores, é dicir, como policías. Como tal haberá que tratalos. Nas nosas filas esas escorias sobran; entre os madeiros fan falta. Se un anarquista se caracteriza por algo é pola ética, pola xenerosidade, pola axuda desinteresada, polo xuízo magnánimo. Non son tolerables comportamentos inmorais, covardes e inquisidores como este contra unha compañeira que demostrou a súa valía e que se arriscou con mala fortuna. Os seus erros, se se poden cualificar así, son humanos, comprensibles, non diminúen o seu xesto valente en pro dos presos. Podes usar o meu nome e repetir as miñas palabras, pois é o que pienso. Transmitide a Tamara a miña solidariedade total con ela e mándarlle a esa muller admirable un abrazo da miña parte. Saúde e anarquía. Miguel Amorós
.............................................

Dende a conca do Segura, Los Pisamierdas, enviamos un saúdo e apoio solidario á compañeira anarquista Tamara, e aos difamadores e web contrainfo(por subir o basto comunicado sen probas nin nada sólido, só difamacións) só encontraredes en nós a indiferenza e o desprezo. Non estás soa Tamara, as xentes da Cuenca do Segura, están contigo!. Dende Los Pisamierdas subscribimos o comunicado de apoio á compañeira Tamara e repudio aos cales a difaman e acusan, publicado no boletín Tokata. Fora xuízes dentro do movemento antiautoritario. Tamara goza da túa excarceración coas túas!
..............................................

Condenado, encerrado, perigando a súa vida, Mijaíl Bakunin a mediados do século XIX escribiu unhas cartas coñecidas como "A Confesión", dirixidas ao Tsar Nicolas I,( cartas divulgadas en 1921), nelas arrepentíase da súa actividade revolucionaria. Non poucos o calumniaron por iso, sempre hai persoas dogmáticas e que dende a comodidade xulgan sen coñecer contextos, non obstante os e as anarquistas sabemos que foi unha mera táctica para evadir a pena de morte e conseguir saír de prisión. Nin mártires nin verdugos. Fronte ás calumnias, apoio mutuo, amor e liberdade. Tierrarevuelta
...............................................

COMENTARIO de TAMARA:

Son Tamara. Só queria escribir para agradecervos, sinceramente, o voso apoio e dicirvos que grazas a compañeirxs como vosotrxs, estes calumniadores non estan conseguindo o seu obxectivo, xa que me sinto mais apoiada e comprendida que nunca.

Aínda hoxe, sigo sorprendiendome ante a existencia duns xuíces e verdugos anónimos que se autodenominan anarquistas, pero por suerte,a día de hoxe tamén, seguen brillandome os ollos e sigo esbozando un sorriso ao ser consciente de novo do que significa a palabra SOLIDARIEDADE; vos a encheis de sentido mentres algúns parecen entendela e utilizala como mercancia.

Compas do Tokata, non podería estar mais de acordo con todos os argumentos que dades neste texto respondendo aos que non son capaces de dar ningún. Considero que non teño que xustificarme nin non me defender de tales acusacións ante ninguén e menos ante aquelxs covardes que se esconden detrás da pantalla dun ordenador utilizando o meu nome, como fixeron dende un principio, para encher os seus tristes e vacias vidas, así como o seu inmenso ego, e deixando ver actitudes propias da inquisición.

Ante semellante rabecha destes "iluminados" o único que teño que dicirlles directamente (e fareino por aquí porque non dan a cara) é: nunca fostes os meus amigxs nin os meus compañeirxs, e por suerte, a estas alturas teño moi claro quen sempre o foron, o son e o serán. E non vos preocupedes, porque son eu a que vos quere ben lonxe de min ( espero que isto último vos quede ben claro, xa sexades "iluminados", delatores ou policias).

Por outro lado, dicir que a miña mente esta aberta ( como o estivo sempre) á critica construtiva feita dende o respecto e a empatia, e ao debate entre compas.

Para acabar, muitas grazas de novo a todxs xs amigxs e compañeirxs (tanto axs que coñezo coma axs que non) que DE VERDADE estades mostrandome durante todos estes anos, o voso apoio de xeito INCONDICIONAL.

Saúde e un abrazo para todxs xs que levades un mundo novo en vosos corazóns.

Tamara
.......................................

asdo eDu

10 comentarios:

  1. Ahora el movimiento esta lleno de vírgenes....El hecho que haya gente que critica las decisiones de otros no debería ser una novedad. Por lo visto hay gente que por un comentario sobre una lucha, justo o no que sea, hay 100 comunicados que hablan de lo malo muy malo que es la persona que ha escrito ese comunicado y ni siquiera una palabra por los demás anarquistas detenidos, centenares de palabras para denigrar a no se sabe quien y ninguna para hablar de Monica, Francisco, da silva, ect, ect.

    Me parece que hay mucha charlatanería y intentar quedar bien no se sabe bien con quien, pero poca memoria con los que ahora están en la cárcel.

    ¿Sera imaginación mia?.

    Libertad pres@s anarquistas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. ravachol-chol-chol6 de junio de 2014, 22:05

      Pues anda qe no se cubre mediaticamente el caso de monica y fran y el de tantxs compas. ay qe joderse!!!

      Mira neniñx, soy el que escribió
      El primer comentario en el anterior post qe habla respecto a este tema, no puedo mas qe reiterarte lo que "La rebelion de las palabras" escribió en los comentarios de ese anterior post. Ahi qeda todito bien respondido.Y tu lo sabes porqe eres la misma persona qe comento anteriormente con el mismo discurso demagogo y totalmente falso. Se te ve el plumero.O bien eres alguien muy cercano a quien escribió el comunicado y qieres quitarle hierro porqe ves la que se ha venido encima y la esplendida reacción de cientos d compas.O bien directamente quieres echar leña,dividir y qemar a la gente haciendo demagogia o incluso que la peña hable rollos publicamente mas allá de los comunicados de manera policial y/o para-policial. Porqe tu discurso solo puede servir para eso o no servir para nada. Incluso podrías ser un friki amargado... pero yo creo que toda esta intoxicación, desde el comunicado contra Támara hasta este tipo de comentarios no son casualidad, y pretenden debilitar y dividir. O bien orquestados por la policía o bien por un nuevo person o grupo mesiánico de colgaos. o a lo mejor simplemente eres un friki en plan el tonto del violín...quién sabe

      Solidaridad con todxs lxs presxs

      Aquí no lo vas a conseguir.

      Eliminar
  2. Este blog sempre publicou todalas novas sobre anarquistas detidxs das que tivo coñecemento. Outra cosa é que non remate cada artigo repetindo o mantra tibetano de: "e nos solidarizamos con Zutano, Mengano e Fulano".

    A solidariedade, amigx, non se mide nos finais dos comunicados nin nas frases rimbombantes, se mide día a día polos feitos e nas rúas. E xs deste blog levamos a cabeza ben alta.

    E por certo que o comentario do que falas non "critica la decisión de otros", non, difama, calumnia e acusa sen probas dun feito EXTREMADAMENTE grave do que non fai tanto se respondía coa vida. Que non é o mesmo.

    Saude!

    C.R.

    ResponderEliminar
  3. Venga comentarista anonimx, ahí tienes dos respuestas sin mencionar el nombre de Tamara.

    Satisfechx?? O quieres seguir mirando hacia otro lado respecto a la realidad de esta situacion?? que buscas??

    ResponderEliminar
  4. Kaosenlared & Contrainfo se quieeeren casaaar, pero no tienen pelas paaraaa...7 de junio de 2014, 13:09

    En resposta ao primeiro comentarista, dicirlle que anda sembrao...O anterior artigo publicado neste blogue subtitulase: "Texto en solidariedade con Monica Caballero e Francisco Solar"

    ou é imaxinación miña???

    ResponderEliminar
  5. El tema lo habéis presentado vosotros, asi que ahora no os asustéis si hay alguno que comenta tipo yo....Si, el movimiento esta lleno de vírgenes....Ahora resulta que nadie mete en discursion las decisiones tipo: pedir un indulto, ah claro que de esto mejor no hablar en internet....; Aceptar un indulto de esto mejor tampoco hablarlo, claro. Igual el moviento o quien lo compone, tampoco se pregunta que relación de solidaridad hay y que afinidad hay con quien acepta de princio un indulto y quien no lo acepta por principio. Por lo que se puede comentar entre los "amigos" y esto esta bien pero si se presenta sin tapujos y públicamente, el tema, no, que igual eres hasta policía o un provocador, ya que un compañero estas cosas no se puede preguntar, ni preguntar a nadie, ya que los compañeros tienen todos las ideas tan claras sobre todo y todos y además, claro, que diferencia va a haber entre uno que se come 30 años y otro que a los 4 acepta el perdón del indulto, ninguna, ¿Verdad?.

    No se trata de dividir o de hacer buenos o malos, para ese trabajo ya están los "políticos", pero al menos de hablarlo y si debe sacarse alguna lección de esta división, que recordemos la hace el estado, es que la critica por muy desgarradora y cruel que pueda parecer, a nosotros nos sirve para crecer, no se crece con el borreguísimo o la aceptación de unas leyes escrita en piedras.

    Nadie se ha creído que Tamara sea una chivata y no se esta discutiendo esto, se esta hablando de si es conveniente o no aceptar los caramelos envenenados que el sistema ofrece, hay gente que nunca los ha aceptado y se a comido años de cárcel sin tanto bombo y platillo y lo que yo critico no es que si Tamara debe o no aceptarlo, es su problema y su decisión, sino si los que estamos en la brecha podemos o no hablar y hasta criticar las decisiones de una lucha que nos concierne a todxs. No voy a dejar que nadie decida por mi, ni tampoco delegar a nadie las decisiones sobre una lucha que también a mi me competen. Si el movimiento no es capaz de discutir sobre cuestiones tan relevantes no digo de decir nada en conjunto, no pretendo esto, pero almenos de discutirlo, sobre la represión, sobre los compañeros detenidos que no agachan la cabeza, sobre la lucha en general, ect, ect. De que hostias va a hablar el movimiento, ¿del tiempo?.

    Yo no quito nada a nadie, Tamara a todo mi respeto por lo que es y por lo que ha hecho, esto no quita que yo a nivel de discusión pueda dar mi parecer y mi idea sobre la lucha anarquista y sobre como se combate a la represión.

    anarquía y revolución por un mundo sin patrón

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Persoalmente, concordo no que dis sobre a necesidade de plantexar estas cuestións de xeito colectivo, porque non nos enganemos, como xa dixo certo texto difundido por ahí a afíns (a min chegoume polxs autorxs, que pedían expresamente que NON se publicase en blogs, webs etc), a aceptación dun indulto é un problema colectivo, non individual, e o que habería que preguntarse é por que unha compañeira coma Tamara se viu nesa necesidade, coma moitxs outrxs antes ca ela (con circunstancias diferentes ou non, tanto ten), de aceptar os "caramelos envelenados" do Estado. Eu non miro para ninguén, nin tampouco boto balóns fora, pero se cadra se existise un movemento sólido e forte de solidariedade (repito, non critico a loita anticarcelaria nin os proxectos e campañas que se puxeron en marcha cando o de Tamara ou o de Amadeu, falo en xeral!) non sería preciso recurrir a isto. Quen sabe, igual poderíamos ata facer coma Lavazza, entrar a tiros nun talego e levar con nós a compas presxs. Pero por agora, a realidade que temos non é tan favorable nin tan bonita, e eu comprendo perfectamente que dadas as circunstancias persoais de Tamara naqueles momentos (acababa de ser nai, e tiña unha sentencia de 8 anos por diante, non sei ti pero eu non o vexo unha broma), aceptase un indulto, e non creo que ninguén teña lexitimidade para criticar de xeito destructivo as súas decisións nin moito menos de acusala de nada.

      A crítica constructiva, e sobre todo a autocrítica, son ferramentas máis que necesarias e positivas, pero o descrédito, o ataque sistemático e as actitudes de acoso e derribo para con todas aquelas compañeiras que non cumplen, pola razón que sexa, os mínimos de coherencia esixidos pola que parece ser a nova vangarda insurreccional, nin me parecen constructivas nin dende logo creo que teñan sitio nun movemento coma o anarquismo.

      Raiba e Conciencia!!

      Eliminar
  6. E sí que houbo xente que se creeu que Tamara fose unha chivata. Pódocho asegurar... Empezando pola persoa que publicou o dichoso comunicado en Contra Info desencadenando todo este cristo e todo este circo de miserias, e rematando por varias que se pronunciaron nos taboleiros de comentarios de diferentes medios contrainformativos.

    ResponderEliminar
  7. la brecha esta en la calle y el debate no puede ser virtual7 de junio de 2014, 23:37

    Ahora viene nuestrx amigx anonimo a cambiar todo su discurso sin apenas retificar ni disculparse por toda la demagogia, falsedad y falta de respeto aqui vertida.Y además dice que está en la brecha!!!!
    No sé que pretendes o quieres decir con eso de "la gente como yo que estamos en la brecha"... Brecha la que debes tener en la cabeza campeonx...Estarás en la brecha de internet. Tus formasy tu discurso denotan una prepotencia y falta de humildad y honestidad tremendas. Si quieres o quereis debatir por aqui nadie os a censurado ni os va a censurar. Ahora bien creo que el uso correcto de una herramienta de comentarios esta mas bien destinado a complementar y ampliar la información respecto a una noticia. Podrías probar a escribir un texto de reflexión y fomentar el debate y la escritura entre compañerxs de una forma correcta, rechazando las dinámicas sensacionalistas que acarrean los comentarios, podrías incluso convocar un debate fisico en tu entorno, si tanta necesidad tienes que debatir respecto a esto de los indultos.Todo ello sin la necesidad de decirles a lxs demás cosas tan falsas e irrespetuosas como: charlatanes (pero quien es aquí el charlatán?), insolidarios,qedabienes, defensores del pensamiento único...te has sobrao y no estas siendo constructivx y eso alguien que está "en la brecha" como tu debería saberlo...Pero yo no voy a decirte lo que tienes que hacer, continua asi si lo ves positivo para ese movimiento del que hablas como si fuese un ente. Yo no voy a perder mas mi tiempo, bastante e hecho el tolai contigo y no tengo tiempo para andar dando curas d humildad.
    Yo lo que veo aquí es mucha testosterona y muy poca cabeciña. Mucho lirili y muy poco lerele.

    ResponderEliminar
  8. movimento anarcogalego8 de junio de 2014, 13:16

    "los que estamos en la brecha podemos hablar y hasta criticar las decisiones de una lucha que nos concierne a todxs. No voy a dejar que nadie decida por mi, ni tampoco delegar a nadie las decisiones sobre una lucha que también a mi me competen."

    Cando falas de loita a que te refires?? Te competen a ti as decisións sobre as batallas que decidise plantar Tamara ou calquer outrx persoa??
    A que te refires cando falas de movimento??
    Todos formamos parte dun mismo saco?? Pero si no sei nin quen eres!!!! Si aquí simplemente eres o usuario anónimo nº1, quen me di a min que eres compañeirx meu?? Non sei que eres, non te poño cara...
    Decidiremos xuntxs cando camiñemos xuntxs, e a través dunha ferramenta de comentarios non hai nada que debatir, nin que camiñar mais alá do superficial.

    Simplemente porque disque eres anarquista dende un comentario anónimo nun blog xa tes licencia para criticar a quen non coñeces, descalificar e insultar?? E non me refiro soamente a Tamara, senón a todx-lxs compxs que descalificas dende que fuches a recalar ao debate neste blog(blog incluído). Non neno, isto simplemente é un medio contrainformativo e nada máis, non confundamos ferramentas. Proba a escreber un texto sobre o indulto, e comprometome a respostarte con un outro texto, se o que queres e debatir deixa toda a a outra merda que sobra de lado. Porque unha persoa que se di tan coherente, seria e responsable coma ti, tanto que xamais aceptarías un indulto, non sei que fas aceptando o caramelo envelenado que supón internet.

    Saúde e coherencia Mr. Brechas!!!!!



    "Los jueces anarquistas, los "paladines" de la libertad, intentaron individualizar la colectividad, en vez de colectivizar la individualidad" Anarkía Tropikal

    ResponderEliminar