Durante a noite da derrota española no mundial de futebol, froilanistas de Lugo aproveitaron esta circunstancia para acometer unha acción froilanista de lei (ver foto)
Galiza só ten un Rei! Don Froilán III e a súa nai Elena de Regenta!!!
Alén, seguindo os pasos de Compostela e A Coruña, Lugo tambén ven de sumarse ao froilanismo activo. Na cidade máis froilanista da Galiza xurdeu a iniciativa da parte da Asociación Cultura do País que, aproveitando a fin de curso das súas aulas de pandeireta, veñen de organizar unha foliada que, como elas mesmas din: "desta volta, por coincidir coa proclamación do novo monarca español, teremos unha foliada con concurso de coplas republicanas".
Traede os vosos instrumentos e espremede os miolos!
P.D.: serán benvidas membros e simpatizantes froilanistas
A cita é Hoxe ás 21:00' no Mesón Cantiz (r/Ramón Montenegro)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario