8 jun 2014

Borracho, eu? Tururú

Colamos (e traducimos) este artigo de Lucas León Simón publicado en La Haine:

Ah, que este partido é o que nos "goberna". Non me decatara. Habería que dicir entón que nos goberna unha "partía borrachos e borrachas"?

O pasado domingo, ás 7.30 da mañá, a policía local madrileña detiña un home que conducía unha moto, sen casco, tras saltarse un semáforo en vermello. Daba mostras de grande embriaguez e tras intentalo en tres ocasións conseguiúselle facer a proba do alcohol, cuadriplicando os límites permitidos. O detido resultou ser Enrique López, maxistrado do Tribunal Constitucional e home forte do PP neste. Que dimitiu ao día seguinte.

Pasaran pouco máis de vinte e catro horas cando se produciu a seguinte noticia: "A concelleira de Saúde de Alcalá de Henares, do PP, Mercedes Gómez, presentou esta mañá a súa dimisión a instancias do alcalde, tras chocar contra un vehículo conducido por unha embarazada na madrugada do sábado e dar positivo no control de alcoholemia posterior".

Ata cando as noticias, os accidentes, son un feito casual e non unha tendencia?

Prosigo. Fai apenas unhas semanas lía isto: "Máis grave foi o caso dunha concelleiro do PP no madrileño Concello de Alcorcón que atropelou unha anciá de 78 anos, provocándolle feridas graves na cabeza, ao conducir o seu vehículo cunha taxa de alcohol que triplicaba a autorizada. María Pilar Araque, edil de Participación, Servizos Sociais, Minusvalidez, Inmigración e Cooperación de Alcorcón (Madrid), presentou a dimisión superando tres veces a taxa de alcoholemia". E hai algúns meses estas dúas outras noticias:

"Dimite un concelleiro do PP en Ferrol que se negou a someterse a un control de alcoholemia Gustavo Garro engrosa a longa a lista de cargos, deputados e concelleiros 'populares' que comparten a 'filosofía Aznar' de beber sen que ninguén che diga canto".

Ben, parece que a tendencia se vai consolidado, sempre na mesma dirección e a persoas do mesmo signo político.

E dunha tacada, unhas poucas máis: "Máis recente é o caso de Alfonso Novo, o concelleiro popular de Urbanismo do Concello de Valencia deu positivo nun control de alcoholemia o pasado mes de febreiro. Dáse a circunstancia de que Alfonso Novo foi, ata outubro de 2012, o concelleiro de Circulación e Transporte do Concello de Valencia".

"Ángel Carromero, entón presidente de Novas Xeracións do PP que foi condenado a catro anos de cárcere por homicidio imprudente que lle impuxo a xustiza cubana polo accidente de tráfico no que morreron os disidentes Oswaldo Payá e Harold Cepero, tras circular en Cuba sen carné de conducir e informarse que a autoridade viaria española llo retirara ao esgotar os puntos establecidos por infraccións diversas, entre elas superar a taxa de alcohol",

"Pouco antes, en maio do ano pasado, o Tribunal Supremo condenaba ao deputado do PP por Valencia Vicente Ferrer a pagar unha multa de 720 euros e a oito meses sen carné como autor dun delito de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas".

Quen si deixou o escano tras ser condenado polo Tribunal Supremo foi o deputado Nacho Uriarte, líder de Novas Xeracións do PP, que sufriu de madrugada un accidente de tráfico en Madrid e o control de alcoholemia superou a taxa legal en máis do dobre do permitido. Pertencía á Comisión de Seguridade Vial do Congreso".

"O senador conservador Miguel Pérez Villar tamén foi condenado por condución temeraria baixo os efectos do alcohol a unha multa e cinco anos sen carné.

En 2001 e 2005, o ex parlamentario do PP, Antonio Hernández Mancha, ex secretario xeral, encaixou unha pena similar".

"O senador popular Ángel Branco foi condenado por circular cunha taxa de 0,70. "

"O exvoceiro do Goberno José María Aznar, Miguel Ángel Rodríguez, tamén foi pillado en fraganti cando se puxo ao volante con 'unhas copas de máis', demasiadas, xa que cando os axentes lle someteron á proba de alcoholemia, despois de provocar un choque con tres vehículos aparcados, cuadriplicaba a taxa de alcohol permitida".

Pero ben, é que todos os borrachos se puxeron de acordo e están o mesmo partido!

Ah, que este partido é o que nos "goberna". Non me decatara. Habería que dicir entón que nos goberna unha "partía borrachos e borrachas"?

Comprendo que non é o mesmo estupidez que alcoholismo, liberalismo que maioría, xerez que xenebra. A saciedade alcohólica vai paralela ás súas leis. Toda España esta borracha. Ou bébeda.

Postdata: Na miña cidade hai un parlamentario, reiteradamente reelixido, ao que case todo o mundo coñece como "El Bodegas".

.................
Posdata Abordaxe. E havería que engadir nesta listaxe ao noso bébedo máis "popular" de Compostela, de quen xa falamos abondo neste blogue; un outro "anxiño" ao volante, que ficou bébedo dinate dun semáforo: Ángel Espadas

No hay comentarios:

Publicar un comentario