6 may 2014

[Vigo] Xoves 8 as 17 h.- Asemblea aberta A Boia. Contracultura dende a ría

Xs compas de Ecoar))) de quen partiu na súa orixe a criación desta revista, fainos chegar un correo con esta convocatoria á que damos pulo:

Informámosvos de que o vindeiro xoves 8 de maio ás 19:00h. no local da Asociación Cultural Bou Eva (rúa Terzo de Fora 11) terá lugar unha Asemblea Aberta da publicación "A Boia. Contracultura dende a ría". O obxetivo principal desta Asemblea aberta e abrir o equipo da revista á cidadanía. Calquera pode vir, coñecer como funciona A Boia por dentro, e buscar o seu xeito de participar.

A Boia é un medio de comunicación colaborativo, sen ánimo de lucro, aberto a cidadanía de Vigo e a súa contorna, no que colectivos e persoas individuais poden publicar as súas opinións e informacións sobre temas sociais, políticos e culturais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario