29 may 2014

[Texto] Can Vies: A razón da forza na Barcelona policial

Reproducimos (e traducimos) esta entrada do blogue do compa de "La Rebelión de las Palabras" onde da conta das súas impresións e recolle un texto publicado na revista antidesarrollista e libertaria Argelaga (que tambén traducimos):

Estes días o barrio de Sants e por efecto dominou boa parte da cidade de Barcelona e mesmo doutras localidades catalás viven momentos de revolta e solidariedade tras o desaloxo o pasado luns do Centro Social Okupado Can Vies, histórico referente do movemento social antagonista na urbe condal, con 17 anos de traxectoria, loita e cultura libre e rebelde ás súas costas, o que lles permitiu construír fortes lazos co barrio, creando un tecido veciñal que deu os seus froitos nas mobilizacións destes días, onde miles de persoas de todas as idades e condicións berraron contra a especulación e a falta de espazos dende onde reformular o existente e transformar as relacións en clave anticapitalista e autoxestionaria, mentres outrxs menos pacientes e máis apaixonadxs e sedentxs de devolver aos cans do sistema un pouco da rabia que sementan día a día, esnaquizaban sucursais bancarias, atacaban á policía e aos xornalistas dos mass-media, bloqueaban con barricadas o tránsito automatizado de mercadoría e persoas e mesmo prendían lume á maquinaria de demolición aparcada no terreo da ocupa. Unha vinganza digna que aínda non se detivo, xa que continuaba hoxe con novas mobilizacións, e seguia estendéndose no que muitxs xa cualifican de "Efecto Can Vies", que dende redes sociais se presenta como o novo Gamonal, en referencia a outro exemplo recente de mobilización veciñal masiva neste barrio burgalés onde a paralización definitiva das obras dun boulevard que fixo saír á rúa a todo o barrio (unha retirada a tempo é mellor que unha derrota, non si, señor alcalde?) calmou o conflito pero non as conciencias.

E é que o totalitarismo das súas metrópoles non serve con quen habitaron ou coñeceron espazos libres de mercantilismo, cheos de vida e paixón, de sonos e esperanzas, onde nin o aburrimento nin a monotonía do status-quo teñen cabida, aventurándose en novas maneiras de facer política pero, sobre todo, de relacionarse e desobedecer. As vosas cidades son tristes. Queredes lugares desprovistos de participación onde todo estea automatizado e preparado, para manternos Queredes lugares desprovistos de participación onde todo estea automatizado e preparado, para manternos alienadxs das nosas necesidades e daqueles recursos que necesitamos verdadeiramente para satisfacelas, entregadxs ao traballo hipnótico e absurdo para manter xirando unhas engrenaxes que fabrican entre pantallas e valas novos desexos de usar e tirar, experiencias sintéticas, "comodidades" electrodomésticas e inalcanzables ideais de vida que perseguir mentres pouco a pouco perdemos o alento e a autoestima, para rematar fundidxs na turba sen rostro, multitudes difusas percorrendo amoucadas rúas rodeadas de escaparates, cámaras e publicidade, un decorado estéril de tranquilidade, seguridade e harmonía que se rompe coa mesma facilidade que os cristais de comercios e bancos cada vez que a programación do sistema falla e a masa deixa de selo para converterse en persoas libres que poñen en común os seus esforzos e se organizan de forma autónoma para poñer fin ao espectáculo social e rebentar as miserables condicións de existencia que este impón.

Agora, xs compañeirxs da revista antidesarrollista e libertaria Argelaga publicaron no seu blog un texto acerca de Can Vies, o seu papel nunha Barcelona convertida en marca turística, o seu desaloxo e as respostas que se deron na rúa. Tras recibilo no correo electrónico, déixovolo a continuación para a súa lectura, reflexión e debate. Para outros textos, información e noticias da publicación, visitade o blog de Argelaga aquí.

Can Vies: A razón da forza na Barcelona policial

Cando a forza da razón é sometida pola razón da forza, non todo o mundo pode falar de lei nin de dereito. Nesta situación a lei é arbitraria e a súa aplicación non se desprende dun Estado de dereito, senón dun Estado de abuso onde a violencia monopolizada polo goberno está ao servizo de intereses privilexiados. Neste caso a resistencia ao abuso é lexítima; é máis, o dereito a resistir e defenderse é o único dereito de verdade. Polo tanto, dende o punto de vista da liberdade, a dignidade e a razón, as verdadeiras fontes do dereito, a protesta contra o derrubamento do espazo okupado e autoxestionado Can Vies, no barrio de Sants, non pode estar máis xustificada. A súa demolición non foi un pretexto para a violencia intolerable de minorías itinerantes que "se aproveitan do malestar", tal como din as autoridades (e o sindicato de mossos de UGT): simplemente foi unha mostra da barbarie institucional, gratuíta e salvaxe, como adoita ser.

A metrópole chamada Barcelona non é un amplo asentamento organizado por unha comunidade de habitantes como cando se fundou; tampouco é unha cidade industrial chea de traballadores fabrís como era antes; o amoreamento barcelonés é só un espazo aberto e pacífico de consumidores, onde todo movemento humano debe ser regulado e controlado para garantir a súa transparencia e a súa función. Quen manda en Barcelona non son os veciños, senón unha casta política e financeira, vertical e autoritaria, parasita e usurpadora, que fai da xestión urbana o seu modo privilexiado de vida. O que conta para os dirixentes é a "marca Barcelona", é dicir, que o municipio dea unha imaxe aseada e tranquila, como a dun centro comercial ou un parque temático, boa para os negocios, as compras, o ocio mercantilizado e o turismo. Resulta evidente que o espectáculo dunha Barcelona consumible por horas necesita un espazo sen contradicións nin ambigüidades, completamente sometido e ao alcance do comprador.

O novo modelo urbano non pode permitir a existencia de espazos realmente públicos, sen mediacións nin barreiras, e menos aínda de lugares xestionados horizontalmente: todo debe funcionar como un escenario xerarquizado e monitorizado, onde tecnoloxías, ordenanzas, mobiliario urbano e urbanismo están ao servizo dos dirixentes expoliadores. O exercicio da autoridade nestas condicións é fundamentalmente policial; nesta fase, a política confúndese coa represión: xestión, vixilancia e orde son a mesma cousa, polo que o goberno exerce sobre todo dende a conselleria de orde pública. A política é entón, non asunto de políticos, senón das implacables forzas de seguridade. Todos os problemas políticos e sociais que este modelo aberrante de cidade constantemente provoca nunca serán recoñecidos como tales, xa que a poboación non ten ningún dereito a queixarse do mellor dos mundos. A única resposta do poder dominante secuestrador da decisión popular é a violencia.

Está claro que no tema de Can Vies, as autoridades municipais nunca tiveron a intención de ofrecer alternativas que se saísen do circuíto burocrático oficial, e que todo encontro se vertía á manipulación e a mentira, porque ao propoñer un espazo tutelado inaceptable o que querían realmente era suprimir este espazo libre. O dispositivo policial desproporcionado para facer efectivo o desaloxo demóstrao. Non contaban nin coa axuda doutros colectivos nin co apoio veciñal do centro. Tampouco se esperarían a solidariedade doutros barrios, tal como sucedeu na madrugada. Por iso as forzas da orde inxusta foron sorprendidas inicialmente. Onde estaba o canón ultrasónico e por que non se tiraron deseguida proxectís viscoelásticos? Isto preguntábase o representante do sindicato policial SMT-CCOO, pois hai que dicir que a represión é un traballo de mercenarios asalariados regulado por convenio e balas FOAM, e o que interesa aos sindicatos é facelo a fondo e sen ningún risco. A resposta todo o mundo a viu. Ocupación case militar do barrio, violencia policial indiscriminada, detidos e feridos...

Todo o esforzo mediático do alcalde Trias, o conselleiro de orde público Espadaler e o concelleiro do distrito Sants-Montjuïc Jordi Martí, foi dirixido, primeiro, a defender a acción violenta da policía, "defensora do dereito de propiedade" e "executora dunha sentenza firme do Tribunal Supremo". De feito, non se explicaron demasiado: "mal iriamos se a policía tivese que xustificarse
" (Espadaler), "as forzas de seguridade teñen razón. Cando os mossos actúan é por algo" (Trias). Segundo, o esforzo tamén se encamiñaba a presentar as protestas como a obra de grupos violentos infiltrados, coa idea de dividir a protesta entre pacíficos e radicais "antisistema", co fin de "encontrar fórmulas de consenso" cuns e de mallar e encarcerar os demais. É unha vella táctica política que sae a relucir cando a forza non deu todo o resultado desexado. A demagoxia dirixente dá noxo pero é a que é. Non culpamos as autoridades de falta de sutileza, cando a única falta que necesitan é a de escrúpulos!

Bo pois, non estamos ante un feito inusual illado, dentro dun marco democrático perfecto, onde todos teñen cabida e posibilidades. En realidade a iniquidade das autoridades e a brutalidade das forzas policiais serán cada vez máis habituais se a poboación non se resigna a facer o que lle mandan. Porque ela nunca ten razón, é soberana, xa que non ten forza, ou mellor dito, non ten o monopolio da forza que a lei da dominación outorga aos gobernantes. O dominio total do Capital esixe un tipo de espazo urbano xestionado como unha empresa e tranquilizado como unha prisión. Dentro deste espazo non caben formas de facer asemblearias, nin formas de vivir á marxe da economía de mercado. Alí, o marco non pode ser máis autoritario, e a política non se distingue do control social. Nun mundo orientado cara ao totalitarismo, a xestión política é represión.

Can Vies era unha pedra no zapato do poder en Barcelona. Parece que este non a puido quitar con facilidade. A resistencia ao derrubamento foi exemplar en moitos aspectos, proba, que hai xente que non se adapta ao comportamento escravo que lle piden. Isto é motivo de alegría. E como as pedras non deben faltar (hoxe hai un montón de concentracións), confiamos nun futuro próximo ter moitos outros!

A loita continúa. Visca Can Vies!

Revista Argelaga
Mércores, 28 de maio de 2014

2 comentarios:

  1. Boas, compas. Obrigado por difundir!

    Déixovos esta outra nova que me pasaron onte, e que fai referencia ó incendio doutro vehículo durante a xornada de onte, esta vez unha furgona da empresa TMB (Transports Metropolitans de Barcelona, servizos de bus interurbano e metro propiedade do concello e principal impulsora da represión contra Can Vies) que ardeu no barrio de Guinardó:

    http://vozcomoarma.noblogs.org/?p=4293

    ResponderEliminar
  2. E de agasallo, un segundo reporte de sabotaxe, esta vez en forma de vídeo que amosa o ataque a un banco escachando as vidreiras e facendo unha pintada co lema "Una espurna, amb l'ajuda del vent, pot provocar un incendi" (Unha chispa, coa axuda do vento, pode provocar un incendio): https://www.youtube.com/watch?v=rBuH-it_H_c

    ResponderEliminar