Onte os telexornais da calqueira cadea facíanse eco da noticia da detención o sábado de Fernando Sota (dando nome e apelido) por "exaltación do terrorismo"; nalgunhas canles mixturaban este feito con a "noticia-aviso-ameaza" de vindeiras novas 200 detencións por facer declaracións "pro-terroristas" nas redes sociais, e que se sumarían as practicadas hai unha semana na chamada Operación Araña, da que falamos nesta nosa entrada de Abordaxe.
Agora, na busca de máis e muita mellor información ao respeito desta detención publicitada polos falsimedios, dado que estes non deran conta algunha do suceso da detención de Fer Sota pola Garda Civil, mentres centos de persoas lle mostraban o seu apoio na praza desta localidade navarra, atopamos este video de Ahotsa Info e a editorial de Naiz-Gara, con o título da entrada, que reproducimos traducida:
Antes delo decir que Fer decidira reaparecer tras unha manifestación que fora convocada para denunciar que se lle obrigue a ingresar en prisión despois de ser condenado por colocar unhas fotos de presos tafalleses que debían estar en liberdade e que reuniu preto de 2.000 persoas.
Un grupo de violentos arresta a un solidario
A Garda Civil detivo onte a Fernando Sota ao termo da manifestación convocada a mediodía para solidarizarse con el. O veciño de Tafalla permanecía oculto dende que a Audiencia Nacional o condenara a un ano de prisión por exhibir fotografías de dous presos desa localidade. Unha desas dúas persoas era Inés del Río, que cando aconteceron os feitos permanecía cativa de forma ilegal, tal como posteriormente ratificou o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH). A outra era Iosu Bravo, prisioneiro aínda cando xa cumprira de sobra as tres cuartas partes da condena. Ambos os dous debían ter sido liberados en función da lexislación española, pero seguían encarcerados de forma arbitraria. Había motivos para solidarizarse cos que eran vítimas dunha inxustiza e iso é o que fixo Fer, algo que non lle perdoou a xudicatura española.
Foi condenado por solidario, e para executar a sentenza un grupo de violentos procedeu á súa detención na praza da sua vila, onde fixo acto de presenza para agradecer a calor recibida en todas estas semanas. Un grupo de violentos, pois esa é a máis correcta definición que pode facerse dos uniformados que procederon ao arresto, non só porque actuaron de forma moi violenta contra as persoas congregadas en torno ao quiosco tafallés, senón que porque o instituto militar ao que pertencen é violento por propia definición e na súa negra historia tivo ocasións de sobra para demostralo, tamén -e sobre todo- neste pobo.
Entrada a segunda década do século XXI e cando hai dous anos e medio que ETA cesou de forma definitiva a súa actividade armada, case non hai un día en que gardas civís -ou uniformados de calquera outra cor- non deteñan cidadáns vascos pola súa actividade política ou, como neste caso, por defender os dereitos de presos e presas. Non hai un día en que non se violente a vontade deste país de vivir en paz, sen que iso cause ningunha reacción nas principais institucións ou na maioría dos partidos. Non acontece así no conxunto da sociedade, cada vez máis enfastiada de que os violentos se leven os seus veciños, as súas amigas ou os seus fillos.
Máis información:
Fer explica por qué se escondera e por qué se entrega:
"Fernando leva 16 anos sofrindo persecución" Xornada Solidaria en Tafalla en sábadp 26 de abril:
Noticia redactada por eDu segundo as fontes indicadas
5 may 2014
[Tafalla - Nafarroa] Un grupo de violentos arresta a un solidario
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario