A nosa correspondente en Santiago de $hile volve a brindarnos con unha das súas crónicas, sempre benvidas:
Ao redor das tres da tarde xs compañeirxs comezaron a reunirse. Colgáronse pancartas, pintáronse murais, e ata máis ou menos ás 20.00 houbo concertos e performances, así como lecturas de cartas de algúnxs compas presxs. En canto remataron, empezaron a repartirse máscaras e prendéronse antorchas para comenzar o pasarrúas. Entre música e bailes, a medida que a marcha avanzaba, as rúas quedaban tapadas con carteis e pintadas que recordaban a todxs xs compañeirxs presxs e caídxs, tanto no estado $hileno como noutros territorios, e que clamaban vinganza. Produciuse algún incidente con algun/ha veciñx, pero nada grave ata que chegou a policía. Con carros lanza-augas e gases lacrimóxenos, obrigaron a todxs xs compañeirxs a dispersarse. Queimouse lixo e cortouse o tráfico naqueles puntos onde algun/has compas conseguiron reunirse, pero ante a chegada de novo da policía bastarda, e a súa carga con intención de deter a quen pillasen, non houbo otra que dispersarse e abandoar a actividade.
Un bo día para a reflexión, para lembrar que ninguén está mortx mentres viva na nosa memoria e no noso actuar.
Saúde e amor a todxs xs compas caídxs e secuestradxs!
No hay comentarios:
Publicar un comentario