Reproducimos este artigo enviado por un compa e aproveitamos a animar a todas as nosas leitoras (bon a todas non, a policía mellor que se absteña) a enviarnos os seus artigos de opinión, as suas crónicas de actos, as convocatorias que lle parezan interesante, as suas reflexións sobre luitas locais ou globais, ou o que consideren oportuno.
Non pretendendo convencer a ninguén nin entrar a analizar en profundidade a postura dos abstencionistas, xa que esta (con pequenas variacións) xa foi argumentada e defendida en mil e unha ocasións e pódense atopar artigos e textos que aclaran esta sen moito esforzo, pero vendo tantas críticas carentes de rigor e argumentos dirixidas ao abstencionismo, non podo evitar que me xurdan certas dúbidas.
Quen tanto critica a non funcionalidade da abstención (no sistema electoral), tan funcional é ter unha marioneta nun asento de Madrid, de Europa, na Xunta ou no voso concello??? Credes que os políticos que saian elixidos van facer algo por mellorala vosa situación ou mais ben adicarán o escaso tempo de “traballo” a asegurarse unha boa vida chea de luxo e confort??? Pensades facer algo por cambialas vosas vidas ou estades agardando a que alguén o faga por vos??? Pensachedes xa que ides facer cando vos decatedes de que a vosa situación non mellorou despois das eleccións??? Ou tedes pensado agardar catro anos máis para cambiala vosa elección???
Os abstencionistas témolo claro, como o levades os votantes??? Sabedes a que estades xogando ou máis ben deixádesvos levar polas tendencias “de moda” do momento???
Non cremos no actual sistema, e con isto non me refiro só ao sistema electoral. Non nos tragamos o conto de que se non votas non podes protestar, en todo caso @ culpable será @ elector/a xa que votando lexitima o sistema e permite que unha élite de burócratas decida o que máis convén aos seus intereses, e xs que non votamos non temos a culpa de que xs votantes erraran ou acertaran á hora de apostar nun xogo ao que non nos preguntaron en ningún momento se queríamos xogar. Iso si, tampouco me incluo no abstencionismo despolitizado que di cousas coma que “todxs son iguais” e que non lles importa a política, teño moi claro que non todxs son iguais pero iso non quere dicir que teña que sentirme representado por algunha das diferentes ou ao fin e ao cabo non tan diferentes tendencias. A política non se debería desenvolver en parlamentos, congresos nin deputacións, o día a día é política e ahí é onde cada quen debe tomalas decisións que cambien a súa propia realidade sen ningún tipo de manipulación nin coacción. ¡Que ninguén decida por ti! ¡Recuperemos o control das nosas vidas!
A miña derradeira dúbida é a seguinte, se o sistema é unha merda que credes que ides reformar??? Ou mellor dito que credes que vai reformar o político no que delegaches sexa da cor que sexa???
Un abstencionista calquera
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario