7 may 2014

Chámenme obsesivo x Iñaki Iriondo (ao respecto da malversación no AVE a Barcelona

Recollemos de Naiz-Gara este comentario do xornalista Iñaki Iriondo sobre a última operación por suposta malversación de fondos na AVE a Barcelona, onde fai un paralelismo con as obras do TAV, ou "Y-vasca".

Colamos, e traducimos, porque esta mesma profunda e incisiva reflexión sería totalmente aplicable á construcción do AVE Madrid-Galiza ou mesmo a calqueira liña do AVE do estado español, tendo en conta que Corsan, integrada en Isolux-Corsan dende 2004, a empresa privada investigada por malversación de caudais públicos, corrupción e falsificación de documentos xunto a funcionarios de ADIF, supostamente por inflar en “ilícito sobreprecio” uns 6 millóns de euros procedentes das arcas públicas, é a mesmiña empresa privada que está ou estivera a executar tramos “na execución de todas as liñas de alta velocidade”, tal como consta na información facilitada na súa web.

Chámenme obsesivo

Se ao entrar no portal de casa me cruzase cunha parella da Garda Civil que se leva detido ao encargado da reforma do apartamento do meu veciño por estafalo nos prezos dos gremios, e eu estivese a facer obras na cociña coa mesma empresa e ademais coincidise que compartimos fontaneiro, asegúrolles que polo menos chamaría para preguntar que pasa e asegurarme de que non me estean a estafar tamén a min. Chámenme obsesivo. Salvo -claro está- que o diñeiro co que pagamos as obras o meu veciño e eu non sexa noso, senón da comunidade, e tanto as empresas como o meu veciño e eu esteamos moi interesados en que o noso piso quede moi bonito e elegante, sen reparar en gastos. Entón podería mirar a outro lado e ata pedir que me cambien a cor dos azulexos.

Por iso chama a atención que o Goberno de Lakua non dea mostras de preocupación, ou polo menos dalgunha inquietude, tras ver a Garda Civil detendo a máximos responsables da empresa estatal que dirixe as obras da «Y vasca» e dunha das súas construtoras. A apelación a que «aquí se cumpren escrupulosamente os procedementos» tampouco tranquiliza, cando o que se sabe da presunta trama é que se lles acusa, precisamente, de inflar os prezos facendo que parecese que se cumprían «escrupulosamente todos os procedementos».

Nas obras da «Y vasca» hai constancia de prezos que soben, de prazos que se incumpren, de que os procedementos non se respectan coa pulcritude que se proclama, nin tampouco a seguridade laboral. Suficiente como para pararse a reflexionar. Salvo -claro está outra vez- que o obxectivo común sexa que a obras sigan.

colado x eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario