30 may. 2014

[Barcelona] Non hai tregua, Can Vies segue en loita malia a orde do alcalde de cesamento do derrubamento

Recollemos de Naiz-Gara:


Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá, o colectivo de Can Vies rexeitou sentarse a negociar co Concello, ao entender que ningún diálogo é posible tras o derrubamento parcial do edificio desaloxado o luns. De feito, Can Vies convocou a veciñanza mañá a unha xornada de reconstrución do edificio. O Concello non se pronunciou ao respecto, pero esta mañá paralizou o derrubamento

«Non temos nada a negociar cun Concello que ademais de desaloxarnos continúa co derrubamento», sinalou esta mañá o membro de Can Vies Pau Guerra, nunha rolda de prensa na que compareceu xunto a membros da Plataforma de apoio a Can Vies e da Assemblea del Barri de Sants (ABS). Tras a cuarta noite consecutiva de protestas, Guerra sinalou que o «único» que necesitan é que as forzas policiais se retiren do barrio e que deixen vía libre ao colectivo e aos veciños «para reconstruír o que outros destruíron».

Neste sentido, remarcou a convocatoria de mañá pola mañá, na que comezarán a devandita reconstrución. «Se tanta boa vontade ten o Concello para solucionar a situación, que nos deixe en paz, que nós seguiremos construíndo e mantendo un espazo autoxestionado como o fixemos durante os últimos 17 anos en Can Vies», engadiu Guerra, en referencia á predisposición ao diálogo anunciada onte polo alcalde, Xavier Trias.

Sobre a proposta de mediación lanzada onte polo Centro Social de Sants-Associació de Veïns, que instaba ao Concello a paralizar o derrubamento do edificio, permitir o regreso do colectivo, analizar o estado do inmoble e o fin da presenza policial e dos disturbios, Guerra agradeceu o xesto do Centro Social e, aínda que reiterou que «non hai nada a negociar co Concello», subliñou que a proposta da entidade veciñal se aliña coas demandas de Can Vies.

Pola súa banda, o membro da ABS Marc Justícia reivindicou os 17 anos de historia de Can Vies «no marco dunha loita de barrio de moitos anos máis» e deu a razón ao concelleiro do distrito, Jordi Martí, cando sinala que algúns non recoñecen a legalidade vixente. «En efecto, non recoñecemos unha legalidade que quere converter a cidade nun parque temático, que desaloxa e desafiúza en beneficio duns poucos e rescata bancos en detrimento de todos».

Por último, o membro da Plataforma de apoio a Can Vies Ferran Aguiló explicou a traxectoria da Plataforma, creada en 2006 para recompilar apoios ao Centro Social Autoxestionado. Aguiló explicou que a Plataforma foi a encargada de interlocutar durante os últimos meses co Concello, co obxectivo de paralizar o desaloxo, un proceso durante o cal «os representantes do Concello non fixeron máis que mentir e andar con voltas, nos sentimos estafados», segundo explicou.

Por todo iso, a Plataforma -así como a ABS- se sumou á convocatoria para reconstruír mañá Can Vies. Antes diso, esta tarde volverá celebrarse unha cazarolada en protesta polo desaloxo e a ocupación policial do barrio, mentres que mañá mesmo, pero pola tarde, a convocatoria será a nivel de Barcelona e se celebrará en forma de manifestación polo centro da cidade.

O Concello paraliza o derrubamento

Dende o Goberno municipal respondeuse cun comunicado á rolda de prensa de Can Vies, así como á proposta trasladouna onte polo Centro Social de Sants. Malia que o Concello anunciou a paralización do derrubamento polo momento, non se pronuncia sobre a intención do colectivo de reconstruír o edificio.

O Concello esixe o fin dos disturbios e vólvese mostrar disposto á negociación con Can Vies, algo que fontes do colectivo volveron rexeitar en declaracións a NAIZ, limitándose a sinalar que o único xeito de comprobar a boa vontade do Concello será «ver que fan mañá».

Colamos tambén o Comunicado emitido desde Can Vies (en catalán, se entende ben, que recollimos da súa web)

Construïm l’alternativa, defensem els barris!

Davant dels tres últims dies de mobilitzacions, de repressió policial i de diverses informacions aparegudes als mitjans les ultimes hores, Can Vies vol deixar clars els següents punts:

- Sempre hem apostat per construir un model diferent, és el que hem fet al llarg de 17 anys a un edifici que l’Ajuntament està tirant a terra.
- Els esdeveniments que s’estan succeint van més enllà del mateix desallotjament, i són una mostra de rebuig a tots els atacs que estem patint per part del govern i el poder.
- Les manifestacions convocades per Can Vies són expressions reivindicatives que l’actuació policial està convertint en fenòmens de violència. Condemnem enèrgicament el desplegament i actuació policial: les detencions arbitràries, les pallisses i cops, les carregues, intimidacions, identificacions i més violències que estem patint al barri.
- Demanar obrir negociacions mentre segueix l’enderroc de l’edifici -avui han tirat a terra l’emblemàtic torreó- és d’un cinisme infinit.
- En aquest sentit, recordem les exigències que l’Assemblea del Barri de Sants (ABS) va fer publiques ahir i segueixen vigents:

1) Dimissió del regidor del districte, Jordi Martí, i l’alcalde, Xavier Trias.
2) Paralització immediata de l’enderroc
3) Alliberament sense cap tipus de càrrec de totes les detingudes
4) Que s’aturi el desplegament policial que està militaritzant el barri
5) Paralització de tots els desnonaments de qualsevol tipus i la retirada dels processos de desallotjament de la resta de Centres Socials Okupats en perill.
Volem remarcar que hi ha hagut més de 100 ferits a causa de la brutalitat policial, i que s’han obert uns 40 processos penals. Això no quedarà així, no tenim por perquè amb el desallotjament i enderroc del CSA Can Vies han fet vessar el got de la ràbia per tanta injustícia social.

Dit això, recordem la convocatòria feta per a reconstruir l’edifici de Can Vies el proper dissabte. Si tanta bona voluntat té l’Ajuntament, ho torna a tenir molt fàcil: que ens deixí tornar a construir en pau el que ells han destruït amb la violència.

Ens veiem a les cassolades d’avui i divendres i dissabte durant tot el dia.
Estigueu atentes a les diferents convocatòries.

Construïm l’alternativa, defensem els barris!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada