8 may 2014

Audio do programa Barrio Canino sobre o libro "Grupos Autónomos: Crónica Armada de la Transacción Democrática" de Joni D

Barrio Canino é un proxecto de contracomunicación transmedia articulado en torno a un programa de radio libre, que comprende ademais a publicación de vídeos do programa, a edición dun fanzine e a organización de radio-debates públicos e outros eventos. Emiten ao vivo todos os venres de 16:00 a 18:00 horas en Ágora Sol Radio, emisora libre, autoxerida e asamblearia de Madrid. No seu programa vol.111 entrevistaron a Joni D. autor do libro "Grupos Autónomos: crónica armada de la transacción democrática" e nos veñen de enviar un seu correo con dois enlaces ao audio (en calidade normal ou alta) e que disponibilizamos xunto ao texto do contido do programa:

Descargar:
-CALIDADE NORMAL: Barrio Canino vol.111 Joni D.: "Grupos Autónomos: crónica armada de la transacción democrática"
-ALTA CALIDADE:- Barrio Canino vol.111 - 182.1 MB MP3 - 192 kbps

Esta semana entrevistamos a Joni D., autor do libro "Grupos Autónomos: crónica armada de la transacción democrática", un repaso histórico que relata as actividades distos grupos entre 1972 e 1984, tirando de hemeroteca e de entrevistas con algúns dos seus protagonistas.

Este libro nos achega aos jovens que formaron parte daqueles grupos autónomos, luitando contra o franquismo e posteriormente rebelándose contra esa gran mentira á que chaman "transición democrática", e que na realidade foi máis unha "transacción" orquestrada por Estados Unidos e Alemania, principalmente. Muitxs dxs que se rebelaron contra ela sofriran torturas, illamento, clandestinidade, e o pagaron con a súa liberdade, cando non con as súas vidas.

Joni D., falanos do paso dxs activistas á clandestinidade, da represión brutal do estado, con a execución de Puig Antich, ou o asasinato de Agustín Rueda na prisión de Carabanchel, do caso Scala, dos motíns nos cárceres e da COPEL, da reorganización do movimento libertario en Barcelona trala morte de Franco e da contracultura que por aquela época entrara como unha avalancha a través da música, revistas, teatro e que tambén fora duramente reprimida, con o secuestro de numerosas revistas ou o consello de guerra que montaron ao grupo teatral Els Joglars pola súa obra "La Torna".

En setembre de 1973 foi desarticulado o MIL(Movimento Ibérico de Liberación) pero o movimiento autónomo armado non só non rematou aí, senón que se reforzou. As accións para intentar evitar a execución de Salvador Puig Antich, primeiro, e as que se levaran a cabo para expresar a raiba unha vez realizada ésta, se extenderan como unha mancha de aceite. Un ano despois da desarticulación da OLLA e os GARI morría o dictador, en pouco tempo se pasou de luitar contra unha dictadura fascista a facelo contra unha democracia capitalista e monárquica.

Foran os tempos no que o rei xurara os "Principios del Movimiento Nacional" e a Constitución, o PSOE abandonou o marxismo, o PCE deixou atrás o republicanismo e o capital fundamentou as bases do sistema social que terminou aplastando social e económicamente á cidadanía do estado español.

Fora unha luita que durara pouco máis de dez anos ata que en 1984 se desmantelaran os últimos grupos activos.

Tracklist:
01: Los Lobos - «Carabina 30-30»
02: Barricada - «Bahia de Pasaia»
03: La Banda Trapera del Río - «Curriqui de barrio»
04: Cucharada - «Social peligrosidad»
05: Burning - «Un poquito nada más»
06: Almen T.N.T. - «Ya nadie cree en la revolución»

No hay comentarios:

Publicar un comentario