28 abr 2014

[Pontedeume] 9 e 10 de maio.- V Aniversario do C.S.O. A Casa da Estación

Recibimos este correo con esta información: Boas compas, escribimos para informar do V aniversario do C.S.O. A Casa da Estación de Pontedeume.

Os concertos e actividades xa van collendo forma, en breves a programación definitiva:

O venres 9 de maio, haberá palestras i exposición de cartaces coas actividades feitas durante estes V anos, e despois cea de balde e campionato de futbolín.

O sábado 10 durante a mañá haberá actividades para nenos e nenas (taller de pintura e monicreques); o mediodía habera un comedor vegán solidario; a tarde palestras; e a noitiña concertazo cos grupos:

-Javi Chiru (cantautor dende Monfero)
-Tardepiache (Fusión, ska, mestizaxe dende Neda)
-PÖLISONG (Rock and roll dende a comarca de Trasancos)
-The Fe Kaos (Punk de chabola dende Ribeira)

E mais actividades e grupos por confirmar.

Unha aperta e saúde

OKUPA, RESISTE, CREA

No hay comentarios:

Publicar un comentario