5 may 2014

[Ourense] Feira Itinerante Fóra das Prisións "Libre, Libre, Quero Ser" (Actualizado)

Escrebenos dende Ourense para informar desta iniciativa solidaria anticarcelaria que están a por en marcha para este vindeiro mes de maio, adxuntamos o cartaz con a info e unhas primeiras fotos, que nos enviaron "para que fagades a publi..." . Considerando a temática e a razón desta Feira Itinerante, en Abordaxe acordamos darlle un seu espazo na nosa coluna da direita ao carón da Feira do Livro de A Guarda (felizmente sucedida e que retiraremos despois de fazer públicas as valoracións da mesma, ás que animamos a todas as participantes, se quixer, a enviarnos as súas propias).

PRESENTÁMONOS:
Somos un grupo de persoas diversas con diferentes experiencias e utopías. Compartimos a idea de visibilizar o silencio do cárcere. Propomos que a xustiza que reclaman as prisións para xustificar a súa existencia é falsa, incoherente e manipuladora. Nós queremos a solidariedade non o castigo.

¿QUE É A FEIRA ITINERANTE?
Un proxecto solidario coas persoas privadas de liberdade que percorrerá varios lugares da
cidade de Ourense para recortar a distancia entre dentro e fóra.
Semanalmente poderás visitar a exposición “A Arte como Arma”, integrada por
libros, poemas, e debuxos realizados por presas/os. E os outros puntos que compoñen a
feira: punto de recollida de material, espazo para cartearte coas persoas presas, biblioteca
con material escrito dentro e fóra do cárcere.

¿POR QUE?
Porque pensamos que as prisións crean impotencia e reforzan a desesperación. Non dan solución aos problemas sociais senon que causan máis miseria ao tempo que enriquecen a quen as controlan. Porque non confiamos nos seus programas de reinserción e reeducación e moito menos nas súas necesidades para o castigo e a tortura. Porque queremos unha realidade baseada no apoio mútuo, unha resposta a soidade e ao aillamento dos muros.

¿PARA QUE?
Para visibilizar a realidade dxs presxs a través das súas voces. Para botar unha man ante as necesidades que xeran a reclusión e a marxinalización. Achegar a realidade deste dispositivo de control e punición nun momento no que a represión aos movementos sociais e a criminalización da pobreza e da solidariedade son evidentes.

ACHÉGATE!
Xuntámonos durante o mes de maio en diferentes bares de Ourense.

Achégate para coñecer a realidade das cadeas. Achégate para escribirlles, para colaborar traendo selos, sobres, roupa, calzado ou materiais de lectura que podan precisar as persoas presas. Escríbenos se queres compartir as túas experiencias.

Participa se queres axudar a construir este proxecto

CONTACTO: gzsolidaria@riseup.net

LIBRE LIBRE QUERO SER!!!
FEIRA ITINERANTE FORA DAS PRISIONS
OURENSE, MAIO-XUÑO 2014


EXPOSICIÓN PERMANENTE
“A ARTE COMO ARMA”
E ADEMÁIS: BIBLIOTECA, RASTRO PRO-PRESXS,
PUNTO DE CARTEO, DISTRIBUIDORA INFORMATIVA...

CADA SEMANA NUN BAR:
• LUNS 5 AO XOVES 8: BAR RENQUE
R/Dr. Temes 28 (zona universitaria)
• VENRES 9 AO XOVES 15. CAFETERIA GRANDOLA
Pza. San Marcial (zona vella)
• VENRES 16 AO XOVES 22. TASQUIÑA DO CHUCAS
cruce Río Limia con Río Bubal (Barrio do Vinteún)
• VENRES 23 AO XOVES 29: BAR OLLO LEDO
Pza. das Mercedes (zona vella)
PECHE DE SEMANA:PETISCOS VEGANOS
E...
Mércores 7 a partir das 19 hs no RENQUE:
PROXECCIÓN DE CURTAS: “FIES, Tortura e Desatención Médica nos cárceres do Estado”
Xoves 15 a partir das 20hs no GRANDOLA:
CONCERTO FURNIER + PURA MESTURA Hip Hop Combativo
Xoves 22 a partir das 19 hs. No CHUCAS:
FALADOIRO CON VICTOR, testemuña en primeira persoa
Xoves 29 a partir das 19 hs no OLLO LEDO:
TEATRO coas Bichas Lerchas "Quenridequen" & TIMBA POETICA “Voces dende dentro”
REMATE DE FEIRA
SABADO 7 DE XUÑO: II TAPAS E TUPES A TOPE
Bar VAGALUME R/ Río Arnoia 19 (zona vella)
Tatoos, piercings, sorteo, música e moita festa. Recadación en apoio ás persoas presas
(reservar cita para tatuarse: gzsolidaria@riseup.net)

PUNTO DE RECOLLIDA DE MATERIAL.- A SOLIDARIEDADE COMO ARMA
Que os cárceres están cheos de xente pobre é unha obviedade que a case ninguén escapa. As prisións agravan e cronifican ata límites insospeitados esta condición. Partindo desta premisa nace este proxecto: recoller distintos materiais doados por xente solidaria no exterior que axude a combatir, na medida do posible, esta indixencia, extendendo os lazos de solidariedade e abrindo unha porta ao exterior.

Non entendemos está iniciativa como unha “obra de caridade” senón como unha acción solidaria constante e combativa, contra os cárceres, o negocio e a pobreza que enmascaran e a desesperación que xeneran. Por isto cada material que logre cruzar os muros da prisión irá identificado cun logo diseñado especialmente para este proxecto, para reivindicar todas as vidas roubadas polo encerro.

¿QUE MATERIAIS SE PODEN ACHEGAR?

ROUPA E CALZADO: preferiblemente de abrigo, os cárceres de Galicia son fríos e húmidos, e roupa interior, pois na prisión danche un calzón ou unha braga e ahí te apañes...
MATERIAL DE LECTURA: a literatura e a información de actualidade axuda ás persoas presas a afastarse do monótono e lento paso do tempo, e a conectar co exterior. Para poder metelos dentro han de ter depósito legal. Se che apetece personaliza o material.
PAPEL, SOBRES E SELOS: As cartas son en prisión a principal ferramenta de comunicación ca familia, cxs amigxs. E para defenderse a si mesmas dos abusos da institución e carceleiros, contactando con abogados, asociacións e solidarixs.
DIÑEIRO: a maioría de cousas que poden precisarse no cárcere só poden comprarse dentro, pois doutro xeito as empresas que detentan o monopolio de suministro ás prisións non farían negocio. Así artigos básicos como comida medianamente decente e tarxetas telefónicas só se poden adquirir no economato, pagando.


¿ONDE DEIXAR O MATERIAL?
Durante o mes de maio nos bares onde se instalará a Feira Itinerante “Libre, Libre Quero Ser”:
• Bar Renque: do 5 ao 8 de maio
• Cafetería Grándola: do 9 ao 15 de maio
• Bar Chucas: do 16 ao 22 de maio
• Bar Trampitán: do 23 ao 29 de maio

Tamén poderás atoparnos o día 6 de xuño no bar Vagalume, no peche da feira. Se non podes ou prefires aportar material en calquera outro momento faino escribindo a gzsolidaria@riseup.net

PORQUE LIBRE LIBRE QUERO SER!
FAGAMOS DA SOLIDARIEDADE UNHA REALIDADE


E xa por último adxuntamos toda a información coas datas e actividades que se van levar a cabo durante maio e xuño, así como os escritos explicativoas sobre o punto de carteo e de recollida de material.

Se podedes achegádevos e dádelle difusión


Moitas gracias e saúdos!

- FOLLETO presentacion.pdf

- PUNTO DE CARTEO.pdf

- PuntodeRecollidaMaterial.pdf

Evento nunha rede social

No hay comentarios:

Publicar un comentario