22 abr. 2014

[Italia] Pola anarquía salvaxe! - Comunicado de solidariedade con Adriano Antonacci e Gianluca Iacovacci

Recollemos (traducimos e damos pulo) esta información do blogue "Rebelión de las Palabras":

Comunicado emitido en solidariedade cos compañeiros Gianluca Iacovacci e Adriano Antonacci, eco-anarquistas presos en Italia, detidos o 18 de setembro de 2013, nunha operación realizada polas unidades do departamento de operacións especiais da Policía italiana (RIOS). Os dous compañeiros están acusados ​​de trece ataques reivindicados por diferentes células de acción directa ("Fronte de Liberación Animal", "Acción Directa de Defensa da Terra", "Federación Anarquista Informal - Fronte Revolucionaria Internacional") e fican dende entón encirrados acusados de "asociación con fins de terrorismo e de subversión da orde democrática".

Tambén publicamos un fragmento dun escrito de Gianluca (publicado na revista anarquista italiana La Miccia, número correspondente a xaneiro de 2014) onde o compañeiro recoñecería a autoría dalgunhas das accións que se lle imputan, sen especificar cales, pero recoñecendo parte de responsabilidade sen entrar por iso na lóxica de culpable-inocente coa que o Estado e os seus funcionarios xudiciais e policiais clasifican as persoas que os desafían a eles ou os xigantes económicos aos que serven. Mesmo tambén reproducimos unha outra carta, de Adriano escrita dende a prisión, da que o compa de Rebelión de las Palabras recolleu e traduciu do site anarquista en inglés 325.nostate. Unha reflexión extensa e intensa á que convidamos a súa leitura pausada.

POLA ANARQUÍA SALVAXE! EN SOLIDARIEDADE CON GIANLUCA E ADRIANO

Dende setembro de 2013, dous anarquistas de Albano Laziale e Frascati (Roma), enfrontanse nas seccións de Alta Seguridade dos cárceres de Ferrara e Alessandria, xunto con outros anarquistas e presos revolucionarios, a acusación de "asociación subversiva con finalidade de terrorismo", que os levarán a xuízo o 26 de maio por 13 ataques incendiarios e sabotaxes contra varios bancos, ENEL (Ente Nazionale per l'Energía eLettrica, a maior empresa italiana do sector enerxético), unha estación de gasolina de ENI (Ente Nazionale Idrocarburi), unha peletería, contra o proxecto de vertedoiro Albano e outras empresas responsables da devastación ecolóxica e a explotación animal.

Nunha carta publicada en xaneiro de 2014, na revista anarquista La Miccia, Gianluca asumiu a responsabilidade dalgunhas das accións do cal se lle acusa:

"As accións a que se refiren, especificamente, que non poidan concretar ningunha axenda, leváronse a cabo por min e como declaran os comunicados asinados pola FRONTE REVOLUCIONARIA INTERNACIONAL - FEDERACIÓN ANARQUISTA INFORMAL / INDIVIDUALIDADES SUBVERSIVAS ANTICIVILIZACIÓN, e eles saben ben, grazas a que contan con cámaras, que isto foi realizado por unha soa persoa, EU, en resposta á devastación, baixo a lóxica da ganancia, co Planeta e das terras onde vivo, e en solidariedade cos rebeldes en conflito en contra do existente.

Os GPS e outros dispositivos infernais que os soldados instalaron con bos ollos nun coche que estivera a utilizar nos últimos dous anos, íanme vincular, en termos de pistas ou algo máis, a outras sabotaxes e accións directas. (...) Para non menoscabar a miña integridade, o meu valor e o sacrificio non vou ceder ante o xogo de "culpable-inocente", é realmente demasiado. Se as accións son trinta ou cen non marca ningunha diferenza, significa que en Italia son mil e no mundo dez mil!

De todos os xeitos é ridículo e trivial reducir esta discusión sobre estes feitos, que sería como borrar a visión real dos conflitos e a resistencia, e recoñecer a lóxica democrática do "xogo que chegou a un mal final" ou do "mal contra o ben""
.

Con Gianluca e Adriano produciuse unha falta de solidariedade expresada ata agora polo movemento anarquista, talvez porque non son compañeiros coñecidos por muitxs ou activistas nas loitas sociais que son as máis populares neste momento. Isto débenos levar a reflexionar, xa que o feito de que algúns anarquistas decidan vivir e poñer en práctica as súas ideas seguindo camiños individuais, non significa que a súa tensión sexa menos forte ou que non están a mirar aos mesmos horizontes.

Dos escritos e textos que Gianluca e Adriano realizaron dende as súas celas, recoñecemos afinidade. Remisos á autoridade, e na guerra en contra da mega-máquina da civilización, esa combinación de aparatos tecnolóxicos e políticos responsables da domesticación e a explotación dos recursos, seres humanos e animais, así como da devastación do planeta.

Entre as liñas das súas cartas podemos ler a determinación, a coraxe e a sensibilidade dos dous compañeiros que a pesar da privación de liberdade á que están a ser sometidos, non teñen a máis mínima intención de agachar a cabeza, senón que se manteñen coa cabeza alta, vindicando as súas ideas e a súa loita pola liberación total, contra a sociedade tecnolóxica alienada e contra calquera forma de dominación.

Permaneceron durante máis de seis meses encerrados lonxe dos seus seres máis queridos e, como animais en cativerio, privados da posibilidade de sentir o sol na súa pel, a herba baixo os seus pés, o vento na cara, a chegada da primavera. Por outra parte, os burócratas sen rostro que representan o poder decidiron privalos mesmo da posibilidade de sentir a calor e o apoio dos compañeiros no xuízo, xa que dispoñen que o xuízo en contra deles se levará a cabo a través de videoconferencia.

Polo tanto, manténselles encerrados nas súas celas mentres que os fiscais e os xuíces, a centos de quilómetros de distancia, decidirán se permanecerán e cantos anos máis van ter que quedar detrás desas paredes, comunicándolles esta decisión a través dunha pantalla.

Unha vez máis a tecnoloxía confirma estar ao servizo completo do poder, ao servizo daqueles que non teñen reparos en utilizar todos os medios para tratar de esmagar a rebelión, a solidariedade entre compañeiros, a personalidade en se do/da anarquista que polo tanto é hostil ao seu sistema de morte... sen que por iso importe o que suceda con el/ela, e que pola contra desata unha furia aínda máis forte.

É hora de continuar a loita, tamén por Gianluca e Adriano.

"Eles transformaron este mundo nun pastel para repartirse entre eles os recursos enerxéticos e as fronteiras dos Estados. Eles négannos cada día unha vida digna de ser vivida. Pero é en cada ataque e acción directa que recuperamos e viviremos ao máximo, con toda a forza e amor. Farei todo o que é posible, mesmo os sonos imposibles, con todos os medios necesarios. Estaremos en resistencia e en combate ata o último respiro en todos lados que estean a vivir encarcerados. Isto non é unha promesa, é unha declaración de guerra. POLA ANARQUÍA SALVAXE" (Dunha carta de Gianluca)

Carta de Adriano Antonacci dende a prisión

"A violencia xera violencia. Independentemente do que está ben ou mal, non importa que tan abstruso é o límite entre os opostos e a facilidade con que poden converxer? A palabra e o concepto mesmo de violencia por parte da persoa que ten o monopolio asumen profunda mistificación. Todas as expresións de disidencia están a ser reprimidas de xeito desproporcionado... non é de estrañar..." "Vagli un spiegare che è primavera", un verso do falecido cantante e compositor anarquista Fabrizio De Andrè.

Tistemente, o modus operandi da cuadrilla política, na artística arquitectura de castelos imaxinarios e acusacións de pertencer a asociacións imaxinarias e calquera arma do aparato xudicial Estado-capital, servil e funcional ao miserable poder, defensor e practicante da lóxica dominante.

Entre o cemento e o aceiro que me aprisiona e os serventes carcerarios cumprindo coa súa función policial (subalterno-controlador), escribo estas liñas como unha saída persoal e para romper un silencio sufocante.

Saúdo e agradezo sinceramente a xs amigxs, compañeirxs e a todxs aquelxs que expresaran a súa solidariedade comigo. Tamén expreso a miña propia solidariedade con todxs xs rebeldes e oprimidxs resistentes, dentro e fóra da prisión, e con fraterno afecto mando un forte abrazo ao meu querido compañeiro Gianluca.

Concibo o anarquismo primeiro como unha sensación, que xera outros sentimentos contrastantes. Un pode acentualo, minimizalo, distorsionalo, teorizalo... ¡ Unha sensación como esa tan só pode ser vivida!!

Pero non hai sensación ou abstracción nas estruturas e prácticas que exercen o control, administración, submisión e explotación da vida. O saqueo e devastación sistemáticos do medio non son abstraccións.

Todas as institucións, sexan políticas, administrativas, económicas, financeiras ou socioculturais, son directa ou indirectamente responsables da continuación do status-quo, a través das súas moitas medidas coercitivas, a supresión da vontade libre e o exercicio de poder, lexitimado polo regulamento da lei.

A civilización imperialista moderna crece en engano e corrupción, chantaxe, militarización de territorios e explícitas declaracións de guerra. Vomita cemento e nocividade, devora a natureza, homoxeniza e aniquila pobos e culturas, oprime calquera resistencia con forza...

Despois de todo, a tiranía da civilización caracterizou á humanidade durante milenios, xa que os seres humanos son unha especie evolucionada, unha que fai escravxs...

No caldeiro mercantilizado global, as políticas liberais e as lóxicas de mercado ditan a lei. Todos os Estados (con algunhas diferenzas) respectuosamente preséntanse ás organizacións supranacionais, tratados internacionais e ao estrangulador dominio financeiro.

As corporacións e as multinacionais de todos os sectores teñen un inmenso poder. En nome do beneficio e o "progreso", levando máscaras de benfeitores e contando coa complicidade dos gobernos, saquean e matan sen escrúpulos.

Mentres intentan manter o seu poder e os seus beneficios, os explotadores e contaminadores estiveron parloteando sobre sostibilidade durante moito tempo, presentándose a si mesmos como "eco-friendly" e propoñéndose a si mesmos como defensores e campións da causa ambiental... a enerxía e a economía volvéronse "éticas" e pintáronse de verde... ¡ A súa hipocrisía fíxose insoportable!!

A clase dominante refinou os seus métodos e afiou as súas espadas. Analizan aburridos datos, falan de crecemento e desenvolvemento, e vólvense cada vez máis totalitarios nos seus aspectos técnicos, e ao facelo, encóntranse cun consenso tranquilo.

A fauna humana civilizada está ben domada e intoxicada con información, amoreada na megalópole; está formada por individuxs despersonalizadxs, psicóticxs, consumidorxs dispostxs á autodomesticación. Son robots "multifunción" que mostran os seus accesorios intelixentes con satisfacción, están obsesionadxs pola nada e sobre todo por si mesmxs, son hostís cara ao que é diferente, e malgastan o seu tempo libre en soidade en mundos virtuais... en "compañía" das súas moitas "amizades".

Hordas de honestxs traballadorxs e desempregadxs desesperadxs por un traballo quédanse desamparadxs e indiferentes, prisioneirxs da ilusión dunha riqueza falsa e inestable. Ás veces participan no triste teatro da indignación cidadanista como ovellas guiadas por un can. Cando pola contra se volven realmente conscientes e a súa rabia se transforma en revolta, as máscaras da democracia caen e revelan o seu verdadeiro rostro: policía, militares e sangue. Entón a democracia encontra a súa oportunidade de probar novas armas e dispositivos e os xuíces enchen os cárceres do país.

Dende o principio da industrialización aconteceron eventos producindo cambios na marea e nas estruturas de poder. Entón o saqueo da vida comezou a grande escala.

Hoxe, a "boa cidadá", inconsciente e incapaz de pensar, é iluminadx por unha "nova" dependencia, á que adora como un Deus salvador: Esta é o "cigurat tecnolóxico" prometendo un futuro doado e celestial e avanzando de forma ameazante e intimidatoria, artificializando o ambiente, esterilizando a vida con innovacións tecnocientíficas e eliminando ou modificando todos os elementos naturais. E isto xera unha gran cantidade de monstruosidades.

A impedida realidade nuclear e a irreversible deterioración dos ecosistemas e a súa capacidade rexenerativa, o dramático empobrecemento da biodiversidade, a manipulación da natureza e, polo tanto, da vida mesma, están a conducirnos a un punto de non-retorno.

O consumismo e os estilos de vida inducidos, o control dos "recursos" (fontes de enerxía, alimento e auga), a tecnoloxía aplicada ao control dxs individuxs e a sociedade e a militarización avanzada están a conducirnos ao dominio total e absoluto.

Na escuridade do existente a busca da beleza irracional estase a perder, e o inminente futuro é volvernos aínda máis grises e angustiadxs, asépticxs e estériles, calculables e manexables, podres e fedorentxs.

A sociedade é o espello do lugar absurdo onde estamos encerradxs: unha prisión de muros infranqueables e celas invisibles.

O "Progreso", produtor de lixo e imbecilidade, é só un xigantesco vertedoiro.

Todo está preso, envelenado, a terra está a sangrar e as células do corpo están a tolear... opresión, explotación e morte...

No status-quo, a indiferenza e a resignación están a ser eloxiadas, pero gústame pensar que a todas as horas e en todas as partes os opresores son enfrontados por nosxs irmáns e irmás que resisten.

É necesario rebelarse con paixón, tomar as múltiples tensións da acción nas rúas, colectiva ou individualmente, e non reducir todo a estériles análises políticas e masturbacións cerebrais en carruseis de mitins, que con frecuencia inhiben a individualidade. Cada quen debe aguantar coas súas dúbidas e as súas conviccións, "armadx" coa súa propia vontade, en encontros libres en lugares libres.

Persoalmente, teño varias inquietudes sobre obxectivos proxectuais e propaganda espectacular. Aínda que recoñezo que estes poden ter un potencial, creo tamén que pertencen á sociedade da aparencia, baseada na Nada e inmerso nunha época de hiper-información onde a centralización da vontade de comunicar, ou un exceso de comunicación, corren o risco de crear confusión e dexenerar na exaltación como un fin en si mesmo.

Non sei onde encontrar a receita da liberación total, e menos nos meus petos, e non creo nunha sociedade futura, mesmo se é liberada e sen inxustiza.

A miña visión é intimamente individualista, acrobática e existencial.

Por suposto, teoría e práctica son e serán sempre inseparables en todos os contextos. Estou convencido de que cada individux animadx polas súas percepcións, a súa vontade e a súa paixón, pode encontrar a súa liberdade autodeterminada.

Como un prisioneiro non deixo de soñar cun mundo sen violencia autoritaria, ou sen as dicotomías oprimidxs-opresorxs, explotadxs-explotadorxs, un mundo sen restricións morais nin sociais inhibindo e reducindo todos os horizontes, un mundo libre de todas as gaiolas... as gaiolas son a vergoña da humanidade. Un mundo onde a arrogancia humana é deixada a un lado e substituída cunha coexistencia empática entre todxs xs seres vivos, no respecto ao equilibrio natural, un mundo onde a busca da liberdade individual é o único camiño a tomar para unha autodeterminación colectiva e auténtica.

Baixo as súas moitas máscaras, a civilización industrial, científica e tecnolóxica esconde un rostro aberrante de xenocidio e destrución da natureza... encontran curas para enfermidades inventadas... neste sistema de dominación todo é funcional e moi pouco é natural. E sabotar o existente vólvese necesario.

As loitas de liberación son diferentes camiños converxendo nunha mesma loita. Un lume de cálidos sentimentos está a arder no estómago. Na mobilidade compulsiva desta época que corre a alta velocidade, a armazón de represión-opresión estase a facer inexorablemente denso... pero as súas armas, as súas curas son só medo... os meus ollos están a ser vendados e o meu corpo está a ser mantido prisioneiro, pero máis alá destes desagradables muros hai horizontes, e o espírito sempre se mantén rebelde e indomable, intacta a idea.

Ceo plúmbeo e o mar tormentoso... sopra un vento de tormenta... A terra treme berrando vinganza, resistencia ancestral na distancia... Polo amor á vida, pola anarquía... non hai escusas... Sen esperas! Con tenacidade infantil e paixón anarquista

Un abrazo, Adriano.

Se queredes escreber, estes son os seus enderezos:

Adriano Antonacci
C.C.Ferrara
Via Arginone 327
44122 Ferrara
Italia

Gianluca Iacovacci
CC di Alessandria
Via Casale 50/A
15122 San Michele (AL)
Italia
.....................

Nota de Rebelión de las Palabras.- O comunicado foi extraido do blog dxs compas de Instinto Salvaje, revisando algún erro ortográfico como única variación

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada