22 abr 2014

[Madrid] Sábado, 26 de abril. Manifestación contra os Centros de Menores

Escríbennos dende a "Asemblea Contra os Centros de Menores" de Madrid para informarnos desta mobilización:

Para o próximo sábado 26 de abril de 2014 imos facer unha manifestación con saída as 12:30' da praza da Constitución na vila de Paracuellos del Jarama convocada baixo a lenda "Polo fin do encerro e a marxinación. Contra os centros de menores". Ímola facer en Paracuellos porque nesta vila está o Centro de Menores de Picón del Jarama, pertencente á Fundación O'Belén. O 2 de decembro de 2008, suicidarase Hamid neste centro, e outrxs mozxs também chegaran ao suicidio estando baixo a tutela desta Fundación O'Belén.

Queremos facer unha convocatoria en contra dos centros de menores, e eliximos este pola loita que se desenvolveu durante os últimos anos.

A proclama pola que facemos a manifestación é: "Polo fin do encerro e a marxinación. Contra os centros de menores. Porque é imposible ensinar a vivir en liberdade dende o encerro e a represión. Porque as/os rapazas/es máis marxinadas/os polo sistema son as súas principais vítimas nestes centros".

Por iso, querémosvos animar a vir á manifestación do día 26, e poder conseguir dar unha boa resposta aos responsables do encerro e a marxinación.

Tamén vos queremos pedir axuda coa difusión, e se podedes reenviarlle a convocatoria aos vosos contactos, subilo á vosa páxina web, ...

Moitas grazas

Asemblea contra os centros de menores de Madrid

Pd: enlazámosvos a información máis completa (en castelán): "Asemblea Contra os Centros de Menores"

No hay comentarios:

Publicar un comentario