7 abr 2014

[Grecia] - Respostas anticarcerarias contra o asasinato do preso Ilia Kareli

Colamos este recopilatorio de información sobre este caso que recollemos do noso compa de "Rebelión de las Palabras", quen tambén recollía hai uns días no seu blog (aquí) a noticia relativa ao tráxico suceso acontecido nas prisións gregas e que comezara cando Ilia Kareli, un preso común do cárcere de Malandrino, matou a coiteladas a un carcereiro durante unha pelexa. O carcereiro, polo que se rumoreaba nas galerías do talego, era famoso por dar lategazos a xs presxs con cables eléctricos. Posteriormente ao axustizamento do bastardo, o preso foi duramente reprimido e mallado, e impúxoselle como castigo o traslado á prisión de Nigrita, en Serres. Desgraciadamente, o preso morreu pouco despois por hemorraxia interna, que segundo o forense, foi causada polos golpes das malleiras que lle pegaron os carcereiros.

“O Estado asasina axs presxs. Ilia Kareli”

Cabe sinalar que a liorta onde Kareli acabou co carcereiro, e a morte do propio preso, se producen nun contexto marcado pola introdución dunhas novas reformas no sistema penitenciario, as cales inclúen a construción de máis cárceres e de máis celas por cárcere (o que implica menos espazo para os que habitan os devanditos centros penitenciarios, que, en moitos casos, sofren xa problemas de superpoboación), así como novas categorías para clasificar a xs presxs (categorías A, B e C, onde C sería a máis estrita e cruel). Isto motivou varias mobilizacións nas prisións gregas.

En resposta á morte de Ilia, varios actos simbólicos de protesta tiveron lugar, e Contrainformación fíxose eco dalgúns, que reproduzo a continuación.

Segundo esta noticia, a tarde do pasado domingo 30 de marzo levouse a cabo unha concentración nos exteriores do cárcere de Nigrita, que foi respondida dende o interior con xs presxs berrando tamén consignas contra os carcereiros e os seus asasinatos encubertos, así como tamén contra a policía e contra o Estado e os seus plans para a construción de novos cárceres de máxima seguridade e reforzo das xa existentes.

Cando os carcereiros puxeron anuncios pola megafonía co fin de que xs presxs non puidesen escoitar os cánticos solidarios que chegaban dende fóra, xs internxs se rebelaron e arremeteron contra as instalacións, rompendo cristais, cámaras de vixilancia e outros aparellos, e protagonizando unha pequena revolta no módulo C-2.

---------

O domingo, 30 de Marzo, pola tarde, levouse a cabo unha concentración fóra das prisiónes de Nigrita, en resposta ao asasinato do preso Ilia Kareli o 27 de marzo de 2014 ás mans de carcereiros. A acción, que durou máis dunha hora, contou coa presenza dun centenar de compas que chegou dende as cidades de Tesalónica, Serres e Kavala.

A resposta dxs presxs foi combativa, por ambos os dous lados dos muros berrábanse consignas contra os torturadores-asasinos do servizo penitenciario, contra os policías e en solidariedade coas mobilizacións dxs presxs contra o novo proxecto de lei pola construción de cárceres de máxima seguridade.

Durante a concentración, os carcereiros intentaron bloquear a comunicación entre xs presxs e xs solidarixs activando as alarmas da prisión e transmitindo constantemente anuncios polos altofalantes, para que os cantos non chegasen dentro. Non obstante, os presos non se desmotivaron e no módulo C2 rebentaron as cámaras de vixilancia e causaron estragos nas instalacións penitenciarias (vidros de ventás partidos etc.).

Solidariedade entre xs que se amotina dentro e fóra dos muros!

---------
"Se non agora Cando?"

Tamén no complexo de prisións de Koridallos, en Atenas, tiveron lugar accións, segundo informou esta outra noticia:

O luns 31 de marzo, os presos do módulo A da prisión masculina, e as presas das prisións femininas, fixeron un "paro" (negarse a entrar na cela no horario no que é obrigatorio para todxs xs presxs permanecer nelas) en memoria de Ilia, e mantivéronse fóra dos chabolos durante aproximadamente 1 hora (11 a 12).

Ademais, realizáronse pintadas con eslóganes e simboloxía anarquistas e contra os cárceres nas paredes do módulo A, mentres xs presxs berraban consignas como "Agora unha consigna que nos une a todxs: Madeiros, Porcos, Asasinos", "O sangue derramado busca vinganza", ou "Dinamita e lume a todas as celas".

Tamén na área feminina de Koridallos se oíron consignas nihilistas e berros contra xs nazis de Amañecer Dourado, como "Fascistas cabróns, pronto serán aforcados", "Rabia e Conciencia, Negación e Violencia, traen o Caos e a Anarquía", "Os Estados son os únicos terroristas, solidariedade coas guerrillas armadas" ou "Lume e pólvora a esta galera".

---------

Segue a continuación o comunicado que xs presxs dirixiron ao ministerio de "xustiza":

A uns poucos días do brutal asasinato do noso co-prisioneiro Ilia Kareli e mentres o seu sangue polas golpizas dos seus torturadores está aínda fresca, ninguén do ministerio de xustiza fixo algo ao respecto deste asasinato. Por iso hoxe, 31 de marzo, como mostra de protesta, nós, homes e mulleres presxs en Koridallos, permaneceremos nos patios do cárcere por unha hora máis.

Esiximos ao ministerio que se desculpe publicamente a familia do asasinado e que encontre e castigue os asasinos uniformados que mataron a Ilia Kareli. Debémosllelo ao noso compañeiro preso, a nós mesmxs e ás decenas de presxs que foron torturadxs e perderon a vida nos alxubes penitenciarios.

Ou loitaremos polos nosos dereitos, ou morreremos lentamente dentro dos cárceres.

Xs presxs en Koridallos


PD: A mobilización contra a reforma fascista do ministerio de xustiza polas prisións de máxima seguridade continúa ata a vitoria.

"O sangue derramado busca a vinganza"

Máis imaxes das pintadas realizadas no módulo A de Koridallos no blog de referencia

No hay comentarios:

Publicar un comentario