7 abr 2014

Seis detid@s en Compostela nunha operación policial a raíz do conflito do cerco

Concentración Solidaria para con e coas detidas, Hoxe mesmo ás 20.30 horas na Praza do Toural

Vimos de saber desta operación polo SermosGaliza, que se ben hai un anaco apontaba a que as detidas tiñan relación con cos protestos estudiantís do 20F, agora dan conta de fontes policias para concluir que os arrestos se enmarcan nos incidentes tras a manifa do cerco do 11 de marzo. Recollemos a súa información á espera de saber maís por outras fontes:

Un mínimo de seis persoas foron detidas esta segunda feira en Compostela. A operación policial desenvolveuse en distintos puntos da capital de Galiza, nomeadamente en pisos de estudantes, e seguía aberta a última hora da tarde, polo que non se descartan novos arrestos.

Nun primeiro momento apuntouse a que estas detencións poderían estar relacionadas coa folga estudantil convocada en Galiza polas organizacións nacionalistas o pasado 20 de febreiro. O feito de que @s arrestad@s fosen na súa maioría estudantes e que hai uns días tamén estudantes en Vigo recibiron citacións xudiciais vencelladas á folga estudantil, levaba a apuntar nesa vía.

Mais fontes policiais citados por axencias e prensa española enmarcan a operación desenvolvida na capital de Galiza nos incidentes acontecidos o pasado 11 de marzo nunha mobilización do sector do cerco ás portas do Parlamento que acabou con fortes enfrontamentos na Zona Nova

Segundo puido saber este medio, as persoas detidas estarían relacionados coas organizacións estudantís e xuvenís Agir, Xeira e Colectivo de Estudiantes Libertarios (CEL).

Atención médica

Un dos detidos foi trasladado, custodiado por policías, ao Punto de Atención Continuada (PAC), ubicado no Hospital Clínico para ser atendido por unha forzadura na man após ser detido, segundo confirmou persoal sanitario.

Perante a actuación policial convocouse en réxime de auto-convocatoria unha concentración solidaria para con e coas detidas, esta segunda feira ás 20.30 horas na Praza do Toural.

Manifestación do cerco

As fontes policiais citadas polas axencias de noticias destacan non só que as detencións estarían relacionadas cos incidentes acontecidos na capital de Galiza o 11 de marzo, día en que se manifestaron os mariñeiros da frota do cerco perante o Parlamento. Daquela, varios mariñeiros foron detidos, sendo postos en liberdade poucas horas despois.

Estas fontes policiais insisten en sinalizar as ideoloxías das persoas detidas (hai independentistas e anarquistas) no que desde as organizacións se considera un intento de criminalización.

2 comentarios:

  1. Informaçom de diário Liberdade de há vinte minutos:

    http://www.diarioliberdade.org/artigos-em-destaque/409-repressom-e-direitos-humanos/47494-urgente-jovens-independentistas-detid-s-em-compostela-concentra%C3%A7om-no-toural-%C3%A0s-20-30h.html

    Decorre manifestaçom solidária com os e as 6 jovens galegas detidas em Compostela

    Diário Liberdade - [21:00] A concentraçom solidária com os/as 6 detidos/ em Compostela partiu em manifestaçom em direçom à esquadra policial.

    Dúzias de manifestantes saírom do Toural em direçom à esquadra policial compostelana, para reclamar a liberdade das seis pessoas detidas, supostamente em relaçom com a jornada de luita dos trabalhadores do cerco.

    Diferentes organizaçons da esquerda nacional, como AGIR, BRIGA, XEIRA, CEL, NÓS-UP, ISCA!, Primeira Linha ou CUT já manifestárom por diversas vias a sua solidariedade, nomeadamente através das redes sociais.

    [20:45] Nestes momentos, decorre umha concentraçom solidária em Compostela

    Dúzias de pessoas concentram-se abaixo da chuva na praça do Toural em solidariedade com as seis jovens detidas hoje na capital da Galiza pola forçar repressiva espanhola, reclamando a liberdade das e dos detidos.

    [20:10] A Rádio Galega, citando fontes policiais, vincula as detençons com os protestos do setor do cerco em Compostela no passado 11 de março.

    [20:00] Confirma-se que um dos jovens detidos nesta tarde em Compostela pola polícia espanhola tivo que ser transladado ao Hospital Clínico para serem atendido de umha lesom na mao provocada pola polícia durante a detençom.

    [19:15] As e os jovens detid@s seriam 6. Quatro som militantes da organizaçom juvenil Xeira, umha é militante da organizaçom estudantil AGIR e mais umha detida é militante do Coletivo Estudantil Libertário (CEL).

    Diário Liberdade acabou de conhecer a detençom em Compostela de vári@s jovens, 6 em total, militantes das organizaçons AGIR, Xeira e CEL.

    Até o momento, desconhecem-se as acusaçons realizadas contra as pessoas detidas. Da organizaçom estudantil AGIR informam-nos de que até amanhá ou depois de amanhá, nom serám postas a disposiçom judicial.

    Já está convocada, em regime de autoconvocatória, umha concentraçom solidária na praça do Toural, que começará às 20:30h nesta segunda-feira.

    Continuaremos a informar.

    Fotos de @GzBRIGA

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Onte publicaba El Correo:

      Juárez alerta dun grupo anarquista "de certa relevancia" en Galicia e nega a presenza de Resistencia Galega nos disturbios do 22-M

      El delegado del Gobierno, Samuel Juárez, ha alertado este domingo de la existencia de un grupo anarquista violento "de cierta relevancia" en Galicia, al tiempo que ha confirmado que "no consta" presencia de miembros de Resistencia Galega en los disturbios del 22-M en Madrid.

      En una entrevista concedida a la Cadena SER, que recoge Europa Press, Samuel Juárez considera que "francamente no" se están radicalizando las protestas en la calle en los últimos meses, porque las manifestaciones violentas sólo han sido "básicamente las del cerco" y "las de aquellas personas que suelen apuntarse a todo tipo de conflicto y que muchas veces acaban en violencia".

      Así, ha identificado a estas personas con "dos grupos" violentos, por una parte "un grupo anarquista de cierta relevancia en Galicia" y por otro lado, aquellos "del entorno independentista más radical". "En el cerco también había alguno de estos elementos", ha agregado.

      A modo de ejemplo, Juárez se ha referido a la manifestación de estudiantes en Vigo de hace unos días en la que "cuando concurren este tipo de personas se genera violencia", al tiempo que ha resaltado que en esa movilización "fueron los propios manifestantes los que se enfrentaron a ellos y los echaron de allí".

      Preguntado sobre si había presencia de Resistencia Galega en los enfrentamientos de participantes del 22-M con la Policía, Juárez ha respondido: "No me consta". "Había algunas personas en la manifestación pero que eran una minoría, muy minoritaria, que eran afines a sectores independentistas radicales gallegos, como había personas a otras muchas opciones políticas. No creo que los disturbios fueran causado principalmente, ni muchísimo menos, por eso grupo de personas, no digo que no participaran, pero que no que fueran la parte fundamental", ha proseguido en su argumentación.

      "Además, hay que distinguir entre Resistencia Galega, que es un grupo terrorista y personas de entornos independentistas radicales, que ser independentista es una opción política legítima y ser radical pues incluso también, mientras no sea violento, y ser de Resistencia Galega es ser un terrorista, son cosas totalmente diferentes, no hay que confundirlas", ha subrayado.

      Así, ha dejado claro que si la Policía hubiera detectado a personas del entorno de Resistencia Galega "las hubiera detenido sin ninguna duda".

      De hecho, ha asegurado que Resistencia Galega "es un problema grave y las fuerzas de seguridad no lo minimizan". "Es equiparable a ETA porque son violentos y quieren aplicar su ideología a través de la violencia, van imitando los entornos de ETA pero no tiene nada que ver con su estructura ni su actividad", ha afirmado

      Eliminar