8 abr 2014

"Radicais violentos antisistema vs manifestantes proeuropeos" no Todo x Hacer nº 29 de abril que xa disponible para descargar

Todo x Hacer, publicación anarquista mensual feita en Madrid que se distribue debalde e que se pode ler ou descargar na súa web www.todoporhacer.org ven de tirar no seu último nº, o 39 datado en abril, un seu artigo con o titular da cabeceira desta entrada, onde analizan a manipulación de los medios de comunicación e en especial a criminalización da protesta política, focalizado nos sucesos do 22M e na folga universitaria dos días seguintes en Madrid e que colamos (traducido):

Ilustramos este artigo cunha captura de pantalla extraida do Diario Vasco no que nos informan de que "trescentos mozos radicais antisistema" queimaran algún colector e rompera o escaparate de varias multinacionais no centro de Bilbao durante a manifestación de rexeitamento a o cumio que o Fondo Monetario Internacional celebrada en marzo.

Uns días antes, o mesmo xornal nos ensinaba en portada a outra instantánea sobre a situación en Ucraína coa que acompañamos o texto.

No Bilbao arrasado non houbo feridos/ás nin danos de gravidade. Na Ucraína da revolución social, máis de cen mortos/ás entre manifestantes e policías.

Eliximos estas imaxes porque nos parece que ilustran á perfección a manipulación dos medios de comunicación, en especial a criminalización da protesta política cando as reivindicacións se escapan do marco democrático.

22-M. Represión e manipulación

Pero a manipulación mediática e política alcanzou o seu maior nivel no contexto das marchas do 22-M finalizadas en Madrid. Dende os días previos, xa se podían ler na maioría de xornais os informes da Brigada Policial de Información, frecuentes en todas as grandes manifestacións, máis ou menos criminalizadores segundo o medio que os publicara, na que se nos advertía, para fomentar a división e a desconfianza, sobre anarquistas-antisistemas violentos/ás que se ían a infiltrar nas marchas.

Aínda que é nos días posteriores cando a maquinaria do Estado se pon a funcionar a pleno rendemento. Policías gravemente feridos/ás (aínda que os dous máis graves pediron a alta voluntaria ao día seguinte), membros da banda terrorista Resistencia Galega (600, nin máis nin menos) como causantes dos disturbios, intentos de homicidio, conspiracións entre bombeiros e manifestantes para atacar á Policía, etc.

Un capítulo á parte merecen as armas dos as manifestantes.

Muletas asasinas titulaba o panfleto ABC e explicábanos que "Entre o material encontrado na zona dos disturbios figuraban unhas muletas a xeito de obxecto punzante. Unha arma, sen lugar a dúbidas, criminal". Todos os medios se fixeron eco da noticia difundida ata a saciedade polos sindicatos policiais. Pena o día anterior ás marchas, Europa Press publicase que esas muletas foran detectadas nos Xulgados da Praza de Castilla e que eran completamente alleas á manifestación, porque a historia do novo "Cojo Manteca" armado coas muletas asasinas prometía.

Todos estes ataques as manifestantes das marchas estendéronse ás mobilizacións estudantís da semana seguinte. Na primeira xornada de folga universitaria El Mundo dedicaba a súa portada ao seguinte titular "Un policía saca a súa arma tras ser acurralado por 50 radicais" que berraban "imos matalos, que son poucos". A historia soaba ben, unha pena que un video publicado por eldiario.es (que podedes visionar abaxio) mostrase unha situación moi distinta: estudantes retirábanse tranquilamente ante a presenza policial e un deles era detido aleatoriamente. Un día antes, por orde do reitor da Complutense, José Carrillo, a Policía desaloxaba as estudantes encerradas no Vicerrectorado detendo cincuenta delas; detencións difíciles de explicar sen ter en conta o clima de demonización da protesta estendido dende a prensa.



pdt de TxH.- No momento de escribir estas liñas, Miguel, mozo madrileño participante nas Marchas do 22-M encóntrase encarcerado de forma preventiva na prisión de Soto do Real. Dende a publicación Todo por Hacer damos todo o noso apoio aos detidos que resistiron e se enfrontaron ás cargas policiais e que, por un momento, nos puxeron un sorriso nos labios e nos fixeron sentir orgullosos da cidade que nos tocou habitar.

Esiximos a liberdade inmediata de Miguel e a retirada de todos os cargos aos detidos. Saúde aos que loitan!

pdt de Abordaxe.- No momento de colar esta noticia Miguel, de 22 anos, segue detido, e unha outra persoa de nome Ismael, de 18 anos,(unha das detidas o venres pasado en Madrid na chamada ‘Operación Puma 70’) tambén está encarcerada, en situación de prisión provisional sen fianza, acusada de lanzar unha sinal de tráfico contra dous axentes. O resto das persoas detidas nos días posteriores están libres con cargos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario