Colamos información de IndyBarcelona
Segundo a Policía, a explosión, que se produciu ás 05.55 hora local (04.55 acá), estivo precedida tres cuartos de hora antes dunha chamada de alerta ao xornal dixital Zougla.gr na que un descoñecido avisou de que 45 minutos despois estouparía a bomba.
Segundo as primeiras investigacións, o coche estaba cargado con 75 quilogramos de explosivos que causaron graves danos en edificios e as tendas das inmediacións. A Policía acordoou toda a zona, situada a escasa distancia da emblemática praza de Syntagma, sede do Parlamento, e especialistas examinan as cámaras de seguridade.
O vehículo, un Nissan Sunny, quedou practicamente destruído e segundo filtracións da Policía á prensa local non confirmadas oficialmente, foi roubado o pasado 6 de abril.
A explosión prodúcese o mesmo día en que Grecia ten previsto regresar aos mercados de débeda, tras catro anos de ausencia, coa emisión de bonos do Estado por valor de 2.500 millóns de euros, unha operación coa que o Goberno do conservador Andonis Samarás quere lanzar un primeiro sinal de que o país se está a recuperar e independendizando da troika de acredores.
Tamén se produce na véspera da visita do chanceler alemán, Angela Merkel, da que se espera un respaldo ao proceso de reformas de Grecia e unha mensaxe indirecta de apoio a Samarás nas próximas eleccións europeas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario