24 abr. 2014

[Avilés - Asturies] Panfleto do Grupo Anarquista Higino Carrocera: Semana Santa: ¡Coidado con a Igresia!

"El Parche" nome popular da praza de España de Avilés, foi en 17 de abril o palco principal da procesión do Venres Santo. Miles de avilesinos, que esperaban o Cristo crucificado, receberan para se entreter centenas de panfletos denunciando a hipocrisia da Igrexa e o negocio que esta instituición fai con a pobreza.

O Grupo Anarquista Higino Carrocera distribuiu, baixo a curiosidade da maioria, a indignación duns poucos e a indiferencia doutros tantos, 300 panfletos no que se dicia: “Cuidado con la Igrexa!”, que podedes descargar (en castelán) neste enlace do seu blogue. Nós traducímolo ao galego.

Non houvo incidentes, máis alá do feito de que algún paroquiano rasgara con vehemencia o panfleto ou que un "traballador" de Cáritas puxerase nervoso e repreenderanos por difundir as verdades que esconde súa "empresa" para o pobo. Certamente, o Venres Santo de Avilés será comentada polos que participaran da procesión, porque non pasamos desapercebidos.

Seguiremos así: removendo as cores dos hipócritas do clero, aqueles que enganam os traballadores, prometendolles a felicidade na outra vida, mais que na Terra pregan a submisión aos poderosos. Nen Deus, nen Mestre. Nen Estado, nen Igrexa.

Grupo Anarquista Higinio Carrocera

PANFLETO: Semana Santa: Coidado coa Igrexa!

Catolicismo: hipócrita, fai negocio da caridade, desafiúza os seus inquilinos pobres, favorece os capitalistas...

INFÓRMATE ANTES DE IR A MISA E VER AS SÚAS PROCESIÓNS:

Nos últimos tempos a intensificación de situacións de miseria causadas pola crise financeira disparou o nacemento dos bancos de alimentos, controlados na súa maioría polo Opus Dei. Trátase dun enxeñoso método para obter beneficios a custa dos pobres e, de paso, transmitir a ideoloxía do poder e evitar que os desherdados da terra analicen as causas desa miseria e se organicen e loiten contra o sistema económico e político.

A "caridade" cristiá actúa como anestésico da contestación social e faino en dúas vertentes. Por unha parte atenúa as probabilidades dunha revolta cando unha parte da poboación non encontra satisfeitas as súas necesidades máis primarias, e por outra desenvolve unha campaña de recuperación do prestixio dos grandes empresarios, ao ser colaboradores principais das institucións de caridade, combatendo deste modo o desenvolvemento e a extensión da conciencia de clase. Isto afecta de xeito directo á organización da resposta ás agresións diarias que os xestores da Igrexa, o Estado e o Capital nos dedican.

A igrexa fala de solidariedade e ao mesmo tempo intenta botar a xente que ocupou casas baleiras da súa propiedade, como aconteceu cunha congregación de monxas de Valladolid, ou o caso de máis de mil pisos que a Comunidade de Madrid lles doou para aloxar a xente "desafiuzada" e cos que están a facer un bonito negocio. Alúganos a un prezo ao redor de 200 euros e non o fan se a persoa que o solicita non ten ingresos. Algúns destes pisos para "caridade" foron desaloxados pola policía nacional. Hai que ter en conta que "hipocrisía" é case un sinónimo de relixión.

A beneficencia cristiá serve tamén para lavarlle a cara aos capitalistas: Amancio Ortega (Inditex), Juan Roig (Mercadona), Abel Matutes (Grupo Matutes, multinacional Festa Hotel Group), Rafael Arias Salgado (Carrefour España), lavan a súa imaxe primeiro cunha colaboración entusiasta coas organizacións caritativas, e recuperan o seu diñeiro despois a través dunha desgravación fiscal do 35% (o goberno quere que sexa o 100%). Ademais disto, no caso dos produtos de alimentación das cadeas de supermercados, están a aforrar os custos de eliminación dos produtos caducados ou a punto de facelo. Se ademais sumamos o aumento de vendas que producen campañas como a "operación quilo", o negocio non pode ser máis redondo, directamente proporcional á súa desvergonza.

ESTA SEMANA SANTA, NON VAIAS ÁS PROCESIÓNS. BOICOTEA AS FESTAS DA IGREXA E DENUNCIA A SÚA HIPOCRISÍA. NON TE DEIXES ENGANAR.

Máis sobre o tema.- Artigo en "Tierra y Libertad": Creacionismo, diseño inteligente y patrañas religiosas

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada