Colado de ContraInfo:
A case a totalidade dos militantes antifa os tomou por sorpresa porque este evento e os seus organizadores non mostraron o seu verdadeiro rostro antes do día D.
Estes mesmos fascistas renovan agora o seu chamamento organizando o próximo 5 de abril manifestacións nas principais cidades de Francia.
Nós chamamos claramente á organización de contra-manifestacións ese mesmo día para crear unha barreira contra o fascismo.
Os grupos fascistas están armados, organizados e son extremadamente violentos, xa o mostraron en numerosas ocasións, o exemplo recente máis coñecido en Francia foi o asasinato do compañeiro Clément Méric, desgraciadamente, non é a única vítima.
Segue a lista de compañeiros antifascistas asasinados durante os últimos anos:
Silvio Meier: novembro de 1992 Alemaña
Lin Newborn / Daniel Shersty: xullo de 1998 Estados Unidos
Carlo Giuliani: xullo de 2001 Italia
Davide Cesare: marzo de 2003 Italia
Nikolai Girenko: xuño de 2004 Rusia
Timur Kacharava: novembro de 2005 Rusia
Alexander Ryukhin: abril 2006 Rusia
Ian Kucira: xaneiro de 2007 Polonia
Ilya Bondarenko: xullo de 2007 Rusia
Carlos Palomino: novembro de 2007 España
Jan Kucera: xaneiro de 2008 República checa
Aleksey Krilov: marzo de 2008 Rusia
Fyodor Filatov: outubro de 2008 Rusia
Ivan Khutorskoi: novembro de 2009 Rusia
Ilya Dzhaparidze: xuño de 2009 Rusia
Kostja Lunkin: maio de 2010 Rusia
Clément Méric: xuño de 2013 Francia
Pavlos Fyssas: setembro de 2013 Grecia
Os grupos fascistas teñen cada vez máis vínculos e apoios evidentes nos servizos militares e policiais. Se ten lugar algún arresto, a maioría non é máis que unha escena teatral para entreter a boa xente a través dos medios de comunicación de masas. A realidade é outra moi distinta: mentres nosxs compas anarquistas se enfrontan a unha represión extrema por parte dos Estados capitalistas, aos fascistas libéranos rapidamente e moléstanos ben pouco. Por exemplo, o neonazi Martial Roudier, presidente do CEPE (comité en apoio a Esteban Morillo, asasino de Clément Méric) foi condenado a 4 anos de prisión por apuñalar ao compañeiro Thomas en Nimes en 2008. Esta condena é a medida común ás penas coas que ameazan aplicar a xs compas Francisco Solar e Mónica Caballero?
Sobra dicir que o fascismo é unha prolongación dexenerativa do capitalismo, cunha inclinación cada vez maior por protexer os seus mellores amigos.
Hai tempo que en Francia, ao igual que no resto de Europa, creceu esta dexeneración fascista. En Francia, ademais a dereita liberal do UMP manifesta claramente opinións da extrema dereita e crea alianzas máis ou menos ocultas co partido de extrema dereita FN, a esquerda liberal do Partido Socialista no poder que non ten nada de socialista combate ao FN con palabras polo que a fomenta nos actos con fins electorais lamentables.
Nestas condicións e por todas estas razóns, afirmamos que unha loita pacifista contra os grupos fascistas non só se perdería de primeiras, senón que tamén sería completamente improdutiva porque está totalmente recuperada politicamente ás mans dos partidos no Poder.
Engadimos aquí que a presidenta da Fronte Nacional, Marine Le Pen acaba de esixir ao ministro do interior francés, Manuel Valls, a disolución dos grupos antifascistas. O que nos alegra é a idea de que só os grupos de acción directa crean medo de verdade nos fascistas e representa a única resistencia posible e crible.
Xa nos demostrou a historia dos anos 30 que o pacifismo non é máis que unha mostra de debilidade e que o electoralismo conduce a algo pior. É hora de responder de forma organizada e radical.
Agora máis que nunca, hai que escoitar a voz de Durruti: "Existen só dous camiños, vitoria para a clase traballadora, liberdade, ou vitoria para os fascistas o cal significa tiranía. Ambos os dous combatentes saben o que lle espera ao perdedor. Nós estamos listos para dar fin ao fascismo dunha vez por todas, mesmo a pesar do goberno Republicano".
GADI. Grupo Acción Directa Internacional
No hay comentarios:
Publicar un comentario