Recollemos de ContraInfo esta crónica publicada en italiano en Spinta dal Bass:
Unha mañá como moitas outras: serea, todos na aula e, mentres se charla, chega o profesor: "Hoxe non hai clase, hoxe imos ao ximnasio a escoitar o corpo dos carabinieri". Así se forma o "mogollón" e tómase asento.
O carabiniere orador explica con detalle o ben que fan á poboación, explica o que é o bullying e como poden intervir en tales circunstancias, que a súa misión é a de axudar aos débiles e deter aos malos e, ao final, mostra un video moi bonito no que se ven patrullas frear, super-malos detidos e nenos rescatados.
Todo parece rematarse no mellor dos modos... pero hai un pero.
Porque os nenos poden facer preguntas, e a primeira pregunta chega dunha meniña pequena que vai ao primeiro ano da secundaria (de 11 anos!) que, moi inocentemente, di: "Vós dicides que facedes ben á xente, pero neste val eu sei que pegades e aporreades os NonTavs, e a min non me parece que fagades tanto ben".
Entón o carabiniere móstrase como o que é e, en lugar de pechar o asunto cun chiste, empeza un longo panexírico en contra dos NonTavs: "Son desobedientes (utiliza xusto esa palabra!), non escoitan como un neno que non escoite a súa mamá" e nun crescendo wagneriano empeza a contar que se tapan, que tiran pedras e bombas, que atacan as redes e que fan cousas ilegais, e esa última palabra vólvea repetir unha e outra vez.
A nena escoita, e cando se remata o panexírico, volve tomar o micrófono nas mans, e entón responde: "Pero a min paréceme que os primeiros en ser ilegais sodes vós. Disparades gases lacrimóxenos que están prohibidos en todo o mundo, vós, os primeiros que deberían ser legais".
Neste momento pasa algo que non se podía esperar. Pasa que todos os nenos empezan a aplaudir e a eloxiar a pequena nena de primeiro e o carabiniere non pode seguir falando.
Ela, con todo este barullo, empeza a chorar da emoción, mentres que todos os nenos se achegan a ela e lle fan cumpridos, abrázana, dinlle que é unha pequena heroína.
Nas horas seguintes non se fala doutra cousa. Da "de primeiro" que ten deixado calado ao carabiniere.
Esteamos tranquilos, porque xa perderon!
No hay comentarios:
Publicar un comentario