No pérfil dunha rede social chamando a participar da Marcha pola Dignidade 22M - COPEL-APRE (r) Pola Dignidade de Todxs xs Presxs, da que publicamos en Abordaxe a sua Convocatoria atopase este artigo asinado por María Esquitin (que traducimos e damos pulo) do que ela mesma recoñece: "teño que saber muito máis para poder aprofundizar nesa realidade que nos é tan alleia e que non debería selo". Pois o teu aporte axuda e compartillamos nesa necesidade de aprofundizarnos:
Vivimos nunha sociedade netamente patriarcal a nivel mundial. O mundo está feito á medida dos homes e as mulleres parece que non pintamos moito no xogo que eles teñen formulado.
Parece mentira, que os homes para existir necesiten ser paridos por unha muller, e se queren descencendencia tamén necesiten dunha para perpetuar a súa liñaxe. Certo é que nós tamén os necesitamos a eles para ter descendencia, pero a nosa "necesidade" queda cuberta nuns poucos minutos, cousa que podemos evitar se decidimos realizarnos unha inseminación artificial... creo que nisto é no único no que temos nós unha vantaxe respecto a eles.
Non obstante, esta vantaxe na realidade nosa de cada día non é máis que un inconveniente a todos os niveis, unha desvantaxe formal que os homes non se molestan en contemplar, xa que por moito que se fale de corresponsabilidade, igualdade e outra serie de parvadas (se parvadas porque deberían ser cousas feitas non palabras) a realidade é a que é.
A vida dunha muller é unha carreira de superación constante xa que, como dixen antes, o mundo está feito para os homes, tanto é así que mesmo os estudos médicos e farmacolóxicos se adoitan facer en homes, obviando as diferenzas físicas e fisiolóxicas que hai entre ambos os dous, polo que se a nosa fisioloxía é diferente non temos porqué actuar do mesmo modo ante as mesmas enfermidades e cos mesmos medicamentos; é máis, hai enfermidades que afectan amplamente ás mulleres que nin se queira son estudadas coa profundidade daquelas que afectan ao xénero masculino.
Nesta carreira, a muller sempre ten que ir demostrando o que vale e o que sabe para acceder a algo que aos homes se lles outorga sen máis por ser varóns: o respecto... pero, hai unha cousa peor aínda, que é que unha muller ten que demostrar o que vale e sabe sen superar o home, porque no momento que sabes máis, xa te acusan do que non es e xustifican os seus complexos de inferioridade co que eles chaman prepotencia feminista (ou feminazi nalgúns casos) e alarde de coñecementos; e é que, falando mal e pronto: non hai cousa que foda máis determinados homes que unha muller saiba máis ca eles.
Superamos a meta dos estudos, superamos a meta do traballo (seguimos intentando superar a de estupidez machista)... e agora encontrámonos con outro problema: a maternidade.
Ser nai consciente é un acto de valentía nesta sociedade que por moito que di avanzar faino de "boquilla", na que aínda permanecen os estereotipos de familia: papa-mamá-nenos (e can). As poucas axudas, e non económicas en si, se non sociais, á conciliación familiar imposibilitan en boa medida que a maternidade efectiva sexa algo posible en moitos casos, polo que ao final se poden ter fillos, pero non se pode un dedicar á súa crianza como debería: ter unha excedencia por maternidade, poder dar o peito, educar os teus fillos... tendo que optar polo máis antinatural de todo: alimentación artificial e delegación dos labores de crianza e educación noutras persoas e/ou institucións privando así os nenos dunha figura familiar (a súa nai ou o seu pai) que sexa o seu referente mentres crece para facelo nun ámbito feliz e seguro.
Pero as familias non son xa o que eran e agora nos encontramos con familias de moi diferentes tipos e entre elas, a monoparentaliedade (que debería ser monomarentaliedade en realidade) é un feito que vai a en auxe a nivel europeo e España non é unha excepción; para algúns o problema disto é que "as mulleres xa non aguantan nada", señores meus, é que non hai que aguantar nada: as relacións deben basearse no respecto, a confianza e o amor e se algo falla antes de empezar a ferirse uns a outros é mellor deixar a relación e non facer dano, por extensión, a uns fillos que nada teñen que ver nas discusións e/ou relacións de parella.
Ao final chega a separación e é a nai quen queda cos fillos, maioritariamente por costume, máis que con outra cousa; estou cansa de que moitos homes digan "se eu puidese quedaría cos meus fillos, pero as leis están feitas para as mulleres", e maioritariamente estou farta desta muruxa, porque sempre digo o mesmo: "pelexa por iso: o meu amigo Tomás quería ter o seu fillo con el e loitou e cambiou a súa vida para conseguilo: deixou o seu traballo nunha gran cidade para irse a vivir á vila na que vivía a súa ex muller co seu fillo, levouna ao xulgado, preiteou durante anos conseguindo pouco a pouco melloras ata que ao final ten a custodia compartida, se el puido ti tamén"... pero non, é moito máis doado non o intentar e queixarse de que as leis feitas por homes están feitas para axudar ás mulleres: JA... JA... JA, non nos enganemos por favor, que xa somos todos maiorciños.
Ata aquí todo é "normal", é a loita constante dunha muller, pero... hai unha loita que está oculta, unha vida nun submundo que nos é completamente alleo ao común dos mortais: o cárcere.
Tendo en conta o número de presos do noso país e a poboación actual as probabilidades de que coñezamos un preso son bastante escasas, e se as mulleres só representan menos dun 8% (datos de 2.012) da poboación reclusa total é bastante difícil que coñezamos mulleres presas e a súa realidade social.
Dende a miña absoluta ignorancia empecei a ler e querer saber, e sei que o que lin é só información "formal", ou o que é o mesmo: unha nesgada folla, mollada e separada do libro que debería ser..., só a punta do iceberg.
A situación familiar das reclusas adoita estar marcada por unha serie de problemas que, xa mesmo antes do ingreso no cárcere, conducen á desestruturación familiar e que o ingreso en prisión só fai que se cronifique.
Se o feito de estar preso, é algo que socialmente non está ben visto, se es muller a percepción negativa é moito maior aínda (como non podía ser menos nunha sociedade machista: eu o que fago está mal pero se ti o fas é peor); e iso sen contar con que sexas nai, posto que a maternidade estando privada da túa liberdade, é un sobrecastigo engadido á pena xudicial imposta pola lei, o que provoca unha estigmatización das mulleres moito maior que dos homes, xa que a nós non só se nos acusa dun delito, senón tamén de ser malas nais por abandonar aos nosos fillos, sen atender ao delito que nos levase a prisión, porque é peor ser mala nai que "delincuente", cosa que non pasa cos homes. De nós espérase submisión, pasividade, obediencia e aceptación da orde establecida e se iso nolo saltamos... somos o peor do peor.
Polo tanto, a condena da muller vai aumentado: primeiro a imposta pola lei, segundo a imposta pola sociedade por ser nai e presa, terceira a imposta pola sociedade aos presos en xeral e cuarta: a imposta por elas mesmas ao crer o que a sociedade proxecta sobre ela de que é unha mala nai por estar alí, sen atender aos motivos que a levaron a iso.
A realidade social que vivimos de familias "monomarentais" en exclusión social, non polo feito de ser monoparentais como se fai ver nalgunhas estatísticas, se non pola pobreza e falta de recursos das que son vítimas, e as dificultades económicas coas que se encontran para soster soas a unidade familiar son un problema que se agrava ao entrar en prisión.
Nos centros penitenciarios non hai unha reinserción activa con recursos abondo e ferramentas adecuadas para manter e/ou recuperar os lazos familiares que á saída se convertan en algo efectivo e que se sosteña a familia sobre uns firmes piares... pero se a situación de desamparo e dificultade económica prevalece a situación perpetuarase ata perderse ese lazo que debería ser sagrado.
As Regras de Bangkok aprobadas pola ONU en decembro do 2010 pon de relevo a necesidade de impoñer unha sentenza a unha muller embarazada ou dunha persoa que sexa a fonte primaria ou única de coidados dun neno se dar preferencia a medidas non privativas da liberade, de ser posible e apropiado... porque non nos debemos esquecer que no caso dunha reclusa, muller e nai, hai máis vítimas que a muller, xa que os seus fillos son vítimas colaterais dos delitos delas (non acontece o mesmo no caso dos varóns), e nestes casos esquécese a lei que lles ampara nas que se di que sempre hai que atender primeiro ás necesidades dos menores e este conflito que aquí se encontra sempre é obviado por unha sociedade represora e opresora que non intenta reinserir, se non castigar sen máis coas connotacións negativas que iso leva consigo e o pouco poder pedagóxico que ten.
Polo tanto ser muller é difícil, ser muller e nai, máis difícil, pero ser muller, nai e presa é o máis difícil aínda. Estamos preparados para saber como é esta vida que descoñecemos por completo?.
(traducido x eDu)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario