Damos pulo a estoutra información, tambén recibida no noso correo, sobre a ameaza de desaloxo do CSA Can Vies do bairro de Sants en Barna, tras 17 anos de existencia e actividades e da convocatoria dunha Manifestación de repulsa este sábado 22 ás 12:
A liña vermella cruzouse. Os xulgados puxeron data ao desaloxamento de Can Vies: a partir do 1 de abril os Mossos D'Esquadra poderán facer efectiva -ao longo de todo o mes- a demanda de desaloxamento do CSA, realizada por Transportes Metropolitanos de Barcelona (TMB).
Deste xeito, TMB, xulgados e mossos ameazan de lanzar a terra 17 anos de vida autoxestionada no barrio; 17 anos nos cales loitamos cóbado en cóbado por un barrio máis digno e para unha Barcelona máis humana, imaxinando e practicando outro modelo no puramente especulativo e teledirixido que se nos quere impoñer. Un modelo autoxestionado onde todas nós, horizontalmente, cremos que existe outro xeito de facer as cousas. Crémolo e demostrámolo, dentro de Can Vies e fóra.
Os responsables coñecémolos moi ben. Vós tamén. En primeiro lugar é Transportes Metropolitanos de Barcelona (TMB), a empresa, que fai de Barcelona unha das cidades co transporte público máis caro de Europa. Pero a responsabilidade non remata en TMB, dado que se trata dunha empresa pública coa participación maioritaria do Concello de Barcelona. Sabemos quen é, pois, os principais responsables políticos: Xavier Trias como alcalde de Barcelona e Jordi Martí como concelleiro do distrito de Sants-Montjuïc.
O desaloxamento non é unha cuestión de azar, como vedes ten uns responsables con nomes e apelidos. Nas súas mans está hoxe en día deter o desaloxamento de Can Vies. Pódeno facer. Eles sábeno e nós sabémolo.
Por todo iso, porque aínda podemos deter o desaloxamento e o derrubamento dun espazo que, evidentemente, é moito máis que catro paredes, facemos un chamamento á solidariedade. Hoxe máis que nunca. A entidades e veciñas do barrio, dado que o CSA non tería sentido sen o seu arraigamento no barrio; pero tamén a espazos liberados, colectivos, entidades e veciñas de todo o territorio. Sabemos que non somos un cogomelo illado e vos necesitamos. Por iso convocámosvos á manifestación que o próximo 22 de marzo recorrerá as rúas do barrio, saíndo da Praza de Sants ás 12.00 horas.
Pero necesitaremos máis que unha manifestación por deter o desaloxamento. Sabémolo e estamos a traballar. Axudasnos? Necesitamos moitas mans, moitas cabezas e moitos corpos no noso lado. Aquí algunhas cousas que podes facer:
- Vir á asemblea aberta que celebraremos o martes próximo 24 de marzo ás 19.00 horas en Praza de Sants.
- Axudarnos na convocatoria da manifestación, preparando e colgando pancartas e carteis onde estea e facendo difusión nas redes sociais.
- #FotoXCanVies. Somos moitas as que queremos que Can Vies quede onde está e o queremos demostrar con moitas fotos. Soa ou en compañía, na casa ou na rúa, cunha bandeirola de Can Vies, coa camiseta amarela ou cunha reliquia de Can Vies, esquece a vergoña, faiche unha foto para Can Vies e envíanola ao correo canvies@gmail.com, o Instagram ou o Twitter.
No hay comentarios:
Publicar un comentario