Colamos e traducimos esta información do blogue "Rebelión de las Palabras":
Non obstante, digamos que o acto tivo "máis acollida da esperada", e un bo número de compas acudiron para rebentalo e expoñer a hipocrisía destes neo-esquerdistas intelectuais que valoran, dende as súas poltronas, situacións que escapan a calquera análise que non parta da experiencia vivida nas súas propias carnes.
Colocouse unha pancarta cono o lema "Antes lumpens que políticos universitarios", acompañado dunha A circulada, e lanzáronse panfletos. Tamén, segundo informaron, canto menos unha persoa encapuchada irrompeu na aula onde se estaba a realizar a charla e interrompeu ao ponente de Podemos berrando, xunto a máis compas, cousas como "As leis non se reforman, destrúense"! e dirixíndose a el dixéronlle "Xa que tu traes a túa merda reformista a esta cidade, aquí té deixamos ésto", tras o cal lle entregaron unha bolsa chea de panfletos e dunha gran merda, a cal viron tanto el coma unha parte do seu patético club de fans.
Engadimos o texto do panfleto:
"FORA A SOCIALDEMOCRACIA DAS NOSAS VIDAS".
Cánsanos a vosa retórica marxista-universitaria. Cánsanos a vosa defensa do poder establecido, o do Estado venezolano e o de aquí. Cánsanos que intentedes coar na xente que algo do sistema de dominación no Estado venezolano ten algo que ver con as loitas pola liberación das explotadas. Cánsannos os vosos intentos de darnos leccións do dura que é a loita cando, mentres en nós nos golpean e deteñen, en vós a policía vós tende a man. Cánsanos que nos faledes dende os vosos púlpitos da universidade e dende os vosos programas de televisión.
Só sodes unhas das tantas que queredes xestionar as nosas vidas, pero non volo imos permitir.
Fin da obediencia...
"Lumpens de La Mancha"
No hay comentarios:
Publicar un comentario