Mineira de Corcoesto, filial da multinacional Edgewater, non se rende e seguirá intentando sacar adiante o proxecto mineiro na comarca de Bergantiños, a multinacional canadense segue a buscar financiamento para relanzar o proxecto mineiro e nun seu comunicado de onte 19 de marzo, dirixido aos seus accionistas, a compañía aclara que "traballa con dilixencia para atopar o mellor socio" para a mina a ceo aberto de Corcoesto e advirte de que "as negociacións seguen adiante cun socio particular" que cre que é o máis conveniente para continuar coa iniciativa empresarial.
Edgewater asegura que se estás negociacións chegan a bo porto, este "socio estratéxico -posiblemente unha empresa de construción civil- satisfaría os criterios impostos polo Goberno de Galicia para permitir o proxecto". George Salami, presidente de Edgewater, insiste no comunicado que a empresa "está firmememente convencida" de seguir adiante co proxecto mineiro que foi rexeitado masivamente pola cidadanía, a oposición e numerosos colectivos sociais e veciñais. Edgewater lembra que "historicamente" gozou do "apoio e a aprobación" de todo tipo de administracións e lembra que "logo de recentes consultas co Goberno", foilles confirmado que a declaración de impacto ambiental (DIA) "ten validez durante cinco anos, ata decembro de 2017".
Non obstante, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños cre que a devandita Declaración de Impacto Ambiental (DIA) queda agora sen efecto, xa que varios expertos e mesmo o Valedor do Pobo entenden que esta declaración "estaba ligada ao proxecto", polo que se quere levar a cabo o proxecto terá que "empezar de cero". "Esta iniciativa está paralizada de todo, pero mentres siga habendo ouro en Corcoesto, por moi pequena que sexa a cantidade, as multinacionais vano seguir intentando, así que temos que estar en alerta e vixilantes", engaden.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario