12 feb 2014

Están a deixar morrer a José Antúnez Becerra?

Colamos (traducido) de Tokata este escrito de CONXI ao respeito das súas impresións tras ter contacto telefónico con José:

Na chamada de hoxe, a voz véselle apagada, triste e cansada, esta ao límite de acetona, baixo de azucre e desamparado pola Institución, ninguén o vai ver, non lle din nada, non ve solución por parte da Institución, polo que el non quere deixar a folga e desexa morrer, NON QUERE VIVIR DESTE XEITO, QUE ESTÁ MORTO EN VIDA. VANO DEIXAR MORRER? Porque pouco a pouco os seus órganos van debilitándose, as súas forzas minguan, véselle lúcido de mente. Ata cando estará lúcido? Cando darán unha razón que dea luz a José Antúnez para deixar a folga?

José Antúnez non deixará a folga de fame, porque xa o fixo en tres ocasións dende o 2011, nunha de 52 días de fame e 5 de fame e sede, fíxose un acordo que a maior parte nin se cumpriu, nin se cumprirán por parte da Institución, así que como di José de que vale vivir e loitar?

Está a facer a folga rigorosamente, vese polo seu peso e polas súas constantes vitais, non o toma a broma, quere rematar pronto, estamos na conta atrás e ninguén dos que teñen que facer, fan nada, estamos na conta atrás dunha morte anunciada, berrada e sentenciada. Quen é o responsable?, José Antúnez NON, porque el só pide os seus dereitos, estes dereitos que están dentro da lei, pide o dereito a ser tratado igual que calqueira interno, que non llelo dan por ser JOSÉ ANTÚNEZ BECERRA, non lle perdoan que pertencese á COPEL, non lle perdoan que fuxira xunto a 45 internos máis do cárcere MODELO de Barcelona polos anos 70, non lle perdoan que estivese no Motín de 4 Camins en 2004, sen omitir que se non tivese intervido el, JOSÉ SOLÍS (que foi absolvido) e algún máis, tería podido ser peor, que tería podido haber algún morto por linchamento, que isto o impediu JOSÉ ANTÚNEZ BECERRA e que os que estiveron alí sábeno, como algún recoñeceu, pero xa lle está ben non dicir nada de que foi salvado por José Antúnez Becerra e que en premio a isto, se lle condenou a unha sentenza moito máis grande que aos outros, por ser JOSÉ ANTÚNEZ BECERRA, por dar sentenza exemplar, por toda a traxectoria, polo que se adoita dicir "COA INSTITUCIÓN TOPOUSE".

Por outro lado, a denuncia que José Antúnez Becerra, interpuxo contra os carcereiros do motín de Quatre Camins do 2004, no Xulgado de Granollers perdeuse ou fixérona desaparecer, como é normal en moitos casos e máis con José Antúnez, impedindo que José Antúnez Becerra, puidese declarar contra os CARCEREIROS TORTURADORES, SI, os SEUS TORTURADORES, o digo ben forte e alto, porque 9 destes TORTURADORES estan xulgados por torturas, sentenciados e condenados.

Isto a Institución non llo perdoa e por iso verte todo o seu poder e rancor cara a José Antúnez Becerra, tal como di e sente el, sufrindo nas súas carnes todo o peso da lei por parte da institución e os carcereiros.

Pero agora, o que nos preocupa é a saúde de José Antúnez, a súa vida esta perigando, se se lle deixa morrer, supoño que algún responsable caerá, non nos imos render, pero digo eu, se segue coa folga, como quedará a súa saúde, con estes niveis de azucre? Non se está a provocar un diabético perpetuo? Isto é unha gran secuela cara á súa persoa e isto o está a permitir a Institución, que pouco lle importa a saúde dos presos.

Deduzo polas palabras e sentimento de José Antúnez, que non tan só seguirá coa súa folga, senón que en calquera momento poida rematar cunhas medidas máis drásticas, xa que non desexa vivir deste xeito, que agora que ten unha familia, que o quere, o coidan e se preocupan por el, xa non lle abonda, pois non é forma de estar toda a súa vida encerrado, sen ver luz, unha data dos seus permisos, un refundición da súa condena a 20 anos..., uns beneficios a que todo reo ten dereito.

Por todo isto e polas represalias que toman contra el, quere rematar e pronto, se non o fixo xa, foi pola familia que está detrás, polo cariño e apoio da xente da rúa, que sen coñecelo está a loitar por el, isto é moi grande para el, o valora e por isto está a aguantar, por todos que estamos fóra na súa loita, no seu cariño, pero é un ser humano, ten un límite e unhas forzas, sen esquecer que está encerrado nun cárcere só, que só ten o contacto das chamadas ou visitas o día que toca, que son dous ao mes e algún sábado, pouco para un ser abandonado á súa sorte, que despois do motín de Quatre Camins, o encerraron no cárcere e tiraron a chave ao océano, non é forma nin xeito de vivir.

Loitamos e seguiremos loitando polos dereitos de José Antúnez Becerra e por todxs xs presxs, pola liberdade de todxs elxs, pero o que é máis importante POLA SÚA SAÚDE e a SÚA VIDA, QUE SON SERES HUMANOS e TODxS TEMOS O DEREITO e a OBRIGA DE EQUIVOCARNOS e CANTO MÁIS, CANDO SE ESTÁ A PAGAR DE SOBRA OS ERROS COMETIDOS, SAÚDE.

CONXI
11 DE FEBREIRO 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario