Aforza de ser repetitivos, imos colar (e traducir) este texto atopado pola rede ao respeito dos asasinatos de 15 persoas na costa ceutí a mans de pistoleiros da Guarda Civil e das vergoñentas posteriores declaracións do seu director e a clara montaxen do video oficial. Entendemos que a morte destas persoas non pode ficar impune e exiximos responsabilidades na matanza de seres indefensos nas frías augas invernais, cuio único "delito" foi tentar viver con algo de dignidade.
O seguinte texto e a imaxen que o acompaña son autoría de Lowon:
Rodar de noite é caro. Ou polo menos era moito máis caro nos comezos do cine. Así que os técnicos llas enxeñaron para afumar os planos que se rodaban de día facéndoos pasar por planos nocturnos. Unha nocturnidade de pega e de moi baixo presuposto que nos fixo crer a todos os nenos españois nos anos setenta que en Arizona pola noite había sempre unha lúa chea como un balón de Nivea en plano curto. E cada arbusto cunha sombra centola que ri ti das sombras chinescas que saían en Nosferatu. A ese engado coñéceselle tecnicamente como "noite americana" e é propia de películas de serie B. E a este tenor, e ao que imos, Arsenio Fernández de Mesa, director da Garda Civil, inventou hai uns días a "noite europea". Unha montaxe de vídeo na que tratou de coarnos dúas secuencias fiadas. Na primeira unha alegre conga de inmigrantes chegaba de noite á praia do Tarajal de Ceuta (noite africana). E na segunda, e sen solución de continuidade (en cine, racord ao carallo), unha horda de furiosos inmigrantes botaba pedras contra os esforzados axentes da benemérita (noite europea). O que sucedera no medio foi unha noite toledana, coas súas horas de escuridade, ilegalidade e inxustiza (vídeo desaparecido), e uns catorce mortos. De modo que a "noite europea" do director da Garda Civil Arsenio Fernández de Mesa o que quería facernos crer é que os inmigrantes xa viñan furibundos e con saña asasina, que os axentes o único que fixeron foi defenderse e que a violencia foi proporcionada. Pois, non señor fascista. A violencia proporcionárona vostedes, e o racord que falta son catorce mortos e esas horas da noite das que, me temo, xa destruíron vostedes a gravación das cámaras de vixilancia onde con toda certeza se lles vería disparándolle a esta pobre xente na auga ata matalos: con pelotas de goma, gases lacrimóxenos e a saber que outros dispositivos fronteirizos dos que tan afeccionados son no seu negociado xenófobo. A "noite europea" como metáfora dos demos que lles esperan a estes rapaces desesperados se se lles ocorre discutirlle a un sicario da ultradereita o seu dereito a compartimentar o mundo, infamalo con enreixados e concertinas asasinas, dividilo entre ricos e famentos, e matar ao que se asoma a pedir un bocadillo. Un tiparraco que xa serviu lacaiunamente ao PP no desastre do Prestige no seu día e que agora tamén está onde o mandan, tapando a nova marea negra do xeito máis ignominioso e execrable. Tipos como el, cun muro de merda na fronte, Cristo Rey na carteira, e a noite europea no corazón, dando a mesma sombra que unha centola. Arsenio. Un puto veleno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario