12 feb 2014

[Compostela] Reokupada a Sala Iago

De momento pouco máis sabemos que o publicado no pseudoxornal "El Correo Gallego", mais todo aponta (pola foto adxunta) a que, de novo, ven de ocuparse este edificio que albergara a "Sala Yago". Informa este medio de que un grupo de persoas volveu ocupar esta mañán as instalacións e colgaron varias faixas reinvindicando a reapertura e restauración das mesmas.

Lembramos que en novembro de 2011 a sala Yago xa fora ocupada con a intención de recuperala como “espazo cultural liberado” e aberto a toda a cidadanía. Na altura, as ocupantes deste local emblemático do casco histórico compostelán foran desaloxadas de maneira forzosa con unha acción policial que terminara en enfrontamentos entre manifestantes e policías.

Cando saibamos máis, ampliaremos a información. De todas, animamos á cidadanía a achegarse atá alá.

eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario