Segundo informacións recibidas de fontes próximas á asemblea do Centro Social Okupado de Palavea, a Audiencia Provincial acaba de desestimar o recurso de nulidade do proceso, polo que en poucos días a okupa coruñesa podería atoparse en risco de desaloxo inmediato.
É canto menos sorprendente a celeridade coa que se pronunciou a audiencia, menos dun mes cando adoita tardar un mínimo de tres, sumándose dese xeito ao tribunal coruñés no referente a irregularidades xudiciais. Pero xa se sabe que onde hai cartos a xustiza serve o viño. Así que cada un no seu lugar, e o dos okupas é a resistencia.
Seguiremos informando en canto coñezamos a resposta do C.S.O. Palavea a esta nova situación.
C.R. segundo o explicado por compañeiros do C.S.O. Palavea.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario