Difundimos a seguinte convocatoria enviada ao noso correo por Stop Desafiuzamentos Coruña. Trátase dunha festa concerto no C.S.O Palavea que, ademáis de conmemorar o ano da victoria popular que supuso a paralización e posterior resolución do desafiuzamento de Aurelia Rey (cronica AQUÍ), pretende recadar fondos para pagar as cuantiosas sancións administrativas e xudiciais que enfronta en Coruña este colectivo:
Compañeirxs!!!
Este sábado 22 teremos unha noite completiña: deliciosa cea vegana ás 20h, timba poética ás 21h, concertazo do Leo i Arremecághona ás 22.30h e unha sesión de DJ a partires da medianoite co Anticorruptela Sound System. Todo para celebrar con vós un ano de desobediencia e solidariedade dende a paralización do desafiuzamento de Aurelia, que posiblemente constituíu un fito (un máis) no activismo social da cidade.
Aproveitamos para agradecer a colaboración de tódolos colectivos, medios de comunicación e persoas a título individual que fixeron parte fundamental neses días de loita e en todos os que seguiron. Porque sabemos que a unión de forzas e o traballo conxunto é o único xeito de deter este sistema criminal que nos condena ó empobrecemento, á miseria e ó medo.
A actividade deste sábado englóbase dentro da campaña Múltannos a nós para asustarte a ti, coa que pretendemos concienciar da violencia burorrepresiva e facer un fondo de resistencia contra as multas que foron chegando nos últimos tempos (cuantificadas actualmente en 4.000 €).
A Noite da Desobediencia terá lugar no CSOA de Palavea este sábado 22 de Febreiro a partires das 20h.
Acudide e difundide!
Obrigadxs a todxs polo voso apoio!!!
20 feb 2014
22F: NOITE DA DESOBEDIENCIA!! (A Coruña)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario