Damos pulo a esta Convocatoria recibida da Campaña Cárcere=Tortura (Se ben cando xurdiu a convocatoria José Antúnez ainda permanecía en folga de fame indefinida mais, como xá contamos nesta entrada do noso blogue, deixouna por razóns de saude, polo que, que nos saibamos, na actualidade non hai nengún preso da Campaña en Folga de Fame, polo que mudamos algo o texto no que se fai referencia a José, da convocatoria orixinal)
Ante a situación represiva, as torturas e as mortes que se dan nos cárceres do estado español convocamos unha semana de accións descentralizadas para denunciar estas mortes e demostrar o apoio axs compas que estiveron e/ou están en folga de fame, así como axs que están a realizar accións de apoio dentro das prisións.
- O compañeiro Luis Miguel Mingorance actualmente preso no cárcere de Soto do Real -Madrid-, deixou o 8 de febreiro a folga que iniciara o 10 de xaneiro porque non se encontraba ben, perdera 12 quilos e mexaba moi escuro, secuestrado polo estado fai xa unhas cantas décadas, e membro de COLAPSO, Colectivo Anarquista de Presos Sociais.
Ante toda unha vida de encerro e represión, o compañeiro elixiu esta medida de protesta para poñer de manifesto o carácter irrevogable da súa actitude contestataria e así "lanzar un órdago aos seus verdugos", como el mesmo expresa.
- Á súa vez o compañeiro José Antúnez Becerra no cárcere de Brians 2 levaba dende o 14 de Xaneiro en folga de fame e ven de deixala por razóns de saude, se ben deixa claro que non abandona a luita. Leva nos cárceres dende os tempos da transición. A razón de que siga dentro é a súa constante loita contra as inxustizas do sistema carcerario. Foi condenado a 19 anos de cárcere polo motín de Quatre Camins en 2004 nun proceso cheo de irregularidades. Recentemente demostrouse nun xuízo contra os carcereiros que o motín foi unha resposta ás continuas torturas ás que foron sometidos.
- José María Pirla Oliván, preso dende hai máis de trinta anos, actualmente no cárcere de Albolote (Granada), tambén membro do Colectivo Anarquista de Presos Sociais, COLAPSO, e un caso claro de cadea perpetua encuberta autolesionouse o 15 de febreiro pasado en solidariedade coas folgas de fame dos compañeiros presos en situación similar á súa, cortándose como acción de protesta e apoio ás súas reivindicacións.
- O mércores 28 de Xaneiro no cárcere de Aranjuez (Madrid VI) Orka non respondía ao reconto cotián dos seus verdugos; non podía, estaba morto. Levaba 26 anos secuestrado polo estado español en diferentes prisións da península e estaba a punto de empezar a saír de permisos.
Sufría de varias enfermidades graves, deixárono morrer negándolle a asistencia sanitaria que necesitaba. Un máis dos asasinatos que cada día quedan impunes nalgún centro de exterminio, chámese cárcere, centro de inmigrantes, centro de menores ou psiquiátrico.
- Só no que vai de ano tivemos constancia de 2 mortes máis:
O pasado día 12 de xaneiro de 2014 aparecía aforcado na prisión de Burgos na súa cela J.G.R., de 25 anos de idade, que pronto ía cumprir o tempo da condena pola que se encontraba recluído en prisión.
O 5 de Febreiro foi achado morto na súa cela o preso vasco Arkaitz Bellon, de 36 anos de idade, que se encontraba encarcerado na prisión de Puerto de Santamaría (Cádiz). Permanecía preso dende hai trece anos e a súa data de saída fora fixada para o próximo mes de maio. A súa morte foi por causas naturais malia que non constaban antecedentes de patoloxías médicas.
Anteriormente estivo en Sevilla, onde o pasado marzo foi obxecto dunha malleira por parte de funcionarios. Tamén denunciou agresións en Puerto III en 2010 e en Algeciras en 2008.
Estes feitos confirman unha vez máis que estas Institucións son matadoiros onde encerrar, torturar e asasinar a pobres e disidentes, estas só son algunhas das persoas mortas en prisión, xa que moitas outras quedan silenciadas.
Fagamos da solidariedade algo máis que unha palabra, porque nunca cesará a loita pola liberdade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario