Reproducimos esta crónica informativa recollida do SermosGaliza, asinada por B.V.:
A repercusión da convocatoria foi tal que a afluencia de mulleres que non teñen unha participación activa nos movementos feministas e que decidiron sumarse a esta iniciativa sorprendeu en ambas as dúas cidades.
Desempregadas, con traballos remunerados, con crianzas, sen elas, que abortaran xa nalgunha ocasión, que non abortaron nunca e mesmo que non abortarían mais que están dispostas a dar a batalla para que quen se atope nunha gravidez non desexada e queira interrompela poida facelo sen riscos para a súa saúde e dentro do sistema sanitario público.
En total, por volta de 500. Tamén nas dúas cidades explicaron que o tratamento dispensado polo persoal funcionario foi receptivo. Con todo, en Compostela, namentres un dos traballadores recollía os formularios e mesmo aproveitaba para animar as mulleres, outro deixaba claro que "xa vos dixemos que non aceptabamos os impresos e máis seguides aquí..", namentres colaboraba nas tramitacións iniciadas polo compañeiro.
Cal é o ben rexistrado? Os seus corpos: os seus pés, as súas mans, os seus peitos, os seus ovarios, os seus peitos, o seu clítoris, a súa boca, a súa barriga, as súas orellas, os seus brazos e até a súa capacidade de sentiren e decidiren. Quen son as titulares? Elas propias.
Todas as solicitudes presentadas foron adminitas a trámite e, segundo lles explicaron ás mulleres, nun prazo de 15 días poranse en contacto con elas para lles indicar se finalmente poden completar o rexistro e canto teñen que pagar en concepto de taxas. Cada expediente ao que lle colocaban o selo era recibido cun aplauso e aturuxos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario