Colamos (e traducimos) do blogue de Alicia Murillo "A Través del Espejo de Alicia" ao respeito destes cuestionamentos que se prantexa: Maternidade si, maternidade non? Porqué facemos sempre do feminino unha absurda luita de binomios? Reflexionamos sobre a liberdade das mulleres á hora de escoller ou non ser nais, como sempre, dende o humor:
Di Beatriz Gimeno nun artigo publicado recentemente en Pikara, que non existe no feminismo un discurso anti-maternal. Sorpréndeme moito esta declaración porque a esta autora (coa que poderei ou non estar acordo a miúdo) hai que recoñecelo o feito de que ten lido, como dicimos na miña terra, o máis grande. Por iso estráñame que non se acorde os extensos discursos que Simone de Beauvoir fai xa en "O Segundo Sexo" acerca deste tema ("dos dous rostros antigos da maternidade, o home só quere hoxe coñecer o sorrinte" e un longo etc.). Estráñame tamén que se esqueza de todos os do Feminismo da Igualdade, que incitaban ás mulleres a compartir os labores de coidados dos fillos cos homes para que puidesen saír á rúa a realizar traballos remunerados, alegando que era o que máis nos conviña, a única fórmula de verdadeira igualdade. De feito, aínda hoxe en día hai quen sostén esa barbaridade, por desgracia, dende algunhas correntes da Economía Feminista. Discursos anti-maternais no feminismo teórico e práctico houbéronos dende sempre e tamén hoxe en día existen. O discurso práctico pasa na actualidade, por exemplo, por poñer unha asemblea ás 8 e media da noite un día entre semana, hora na que as criaturas están xa a cear e deitándose, impidindo así ás nais poder asistir á devandita asemblea. Pasa por non habilitar os espazos onde estas asembleas se celebran de xeito que os nosos/as fillos/as poidan, non só acudir, senón tamén participar na creación do feminismo. Pasa por non aceptar o cambio dunha actividade programada porque o bebé dunha compañeira ten febre e necesita dos seus coidados. Pasa por dicirte que deixes o/a neno/a coa túa parella, aínda que saiban que non é o que ti desexas, e alegando que entón xa non es tan feminista (os discursos da igualdade dos 40... que aburrimento). Eu vivín e vivo a diario todas esas situacións discriminatorias dentro do feminismo que veñen a crear e remarcar un discurso anti-maternal así que, por favor, que ninguén vinga a dicirme que non existen, porque están aí tanto no plano teórico coma no práctico.
Non gostas dos biberóns? Non os uses.
Non gostas dar a teta? Non a deas.
Non gostas da prostitución? Non te prostitúas.
Non gostas do hijab? Non te o poñas.
Non gostas dos tacóns? Vai en chanclas.
Non queres parir no hospital? Dá a luz na túa casa.
Non queres parir na túa casa? Dá a luz no hospital, na beira dun río ou no alto dun piñeiro, onde te saia da cona (nunca mellor dito).
Non queres ser nai? Aborta (se te deixan).
Pero non te fagas anti-biberóns, anti-lactación materna, anti-prostitución, anti-hijab, anti-tacóns, anti-parto en hospital, anti-parto enriba dun piñeiro, anti-abortista... ou anti-maternidade.
Se queres ser anti-algo, Que tal ser anti-Gallardón? Así serías anti-anti-aborto e dous signos negativos dan positivo. Sexamos anti-patriarcado, anti-machismo, anti-represores, anti-banqueiros. Pero non nos convertamos en anti-libres opcións das nosas conxéneres. O inimigo é outro.
Os biberóns, a lactación materna, o hijab, os tacóns, a maternidade, etc. sen dúbida foron imposicións do patriarcado nun ou outro momento da nosa historia e aínda hoxe ségueno sendo en segundo que situacións. Pero o que nos debe molestar non son os feitos impostos senón a imposición en si; Tan difícil é de entender? A xeración da miña avoa loitou moito por poder viaxar en moto usando pantalón e indo coas pernas abertas; Significa iso que eu agora teño que ir en moto a todos lados e que debo facerme anti-autobús?
Ademais, creo que é fundamental que nos coidemos unhas a outras e a linguaxe é unha forma de facelo. Se nos declaramos, tal e como propón Gimeno nos seus artigos, "en contra da lactación materna" ou "anti-nai" estamos a declararnos en contra da libre elección que moitas mulleres tomaron e podemos ferilas. Usemos a linguaxe con coidado e digamos cousas como son "anti-maternidade romántica" ou ben son "anti-maternidade imposta" ou "anti-maternidade xudeocristiana" pero non "anti-maternidade". Paréceme que ese uso da linguaxe obedece a unha provocación absurda que non nos leva máis que á división. De feito a propia Gimeno recoñece no seu artigo titulado "Estou en contra da lactación materna" que pretende provocar as lectoras co devandito título. Eu creo que máis que unha provocación é unha frase que fere compañeiras, nada máis, e de feito non hai máis que ver a que se xerou nas redes.
Se queremos ser provocadoras digamos cousas como que a maternidade neste país é un sistema legal de escravitude e que as nais e coidadoras queremos cotizar e cobrar porque o noso esforzo constitúe, por exemplo en Andalucía, moito máis do 30% do PIB. Iso é maternidade subversiva, non dicir que somos anti-opcións libres das demais mulleres.
En calquera caso a min me entristece sobremaneira ver que as mulleres, a raíz da simple lectura dun artigo, saquen as súas poutas e empreguen toda a súa saña unhas contra outras, en lugar de enfocar esa enerxía tan potente con quen realmente nos oprime.
Moitas estamos xa cansadas destas divisións tan inxenuas: putas/santas, lactación materna/biberón, parto na casa/parto en hospital, top-less/hijab... Cómo abúrrenme estes binomios, sen matices, nin cores, nin medias tintas, tan propias, por outro lado, do patriarcado.
E se me apuras, Que tal se en lugar de declararnos anti-cousas non nos declaramos pro-cousas?
20 feb 2014
Seamos pro-cosas x Alicia Murillo Ruiz
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario