Colamos á íntegra correo recebido de compas de A Guarda:
A Feria sería na localidade da Guarda (Pontevedra), do 25 ao 27 de Abril, e desenvolveríase entre a praza de S. Bieito e o C.S. Fuscalho. Tentamos que a programación sexa o mais variada posible dentro dos nosos límites para representar as diferentes formas de expresar as nosas ideas, indo dende material escrito, teatro, música, e loita, entre outras.
Contaremos con espacio para exposición de material antiautoritario e habilitarase unha zona para o aloxamento dxs asistentes, ademais de bebida e comida vegana durante o desenvolvemento da feira. Agradeceríase que confirmarades asistencia para unha mellor organización.
Cando teñamos a programación definitiva enviaremosvola para máis información e difusión.
Sen mais unha aperta e esperamos contar con vos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario