Lei de Seguridade Cidadá, Reforma do Código Penal, A min non me afectan... Seguro?
Colamos correo recebido:
Nun momento de ofensiva por parte do capital e a extrema dereita, a través do aparello do estado, contra os dereitos sociais e laborais adquiridos gracias á loita ao longo dos anos, é necesario recortar tamén dereitos e liberdades para blindarse fronte á protesta e a disidencia.
Esta lóxica é a que subxace baixo a nova reforma do código penal e a creación da chamada lei de seguridade cidadá.
Son polo tanto dúas normas deseñadas avanzar na estensión da represión, tanto cualitativa como cunatitativamente. Colectivos veciñais, estudiantís, feministas, militantes anticapitalistas, independentistas, ecoloxistas ou loitas en defensa de dereitos sociais como a saúde ou a vivenda, sindicais, ou incluso quenes se movilizan contra o roubo xeralizado da banca. Todas somos inimigas e, polo tanto, obxecto de aplicación destas normas.
Por este motivo é necesario informarnos a fondo e de primeira man do seu contido. Porque, incluso aínda que pensemos que non nos van afectar de xeito directo, representan un gran avance na perda de liberdades sociais que tarde ou cedo acabaremos padecendo, e marcan o camiño de cara a construcion dunha sociedade futura que non queremos nin imaxinar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario