En contraste con a habitual desinformación e manipulación nos medios, ofrecemos os motivos da folga do lixo, algo doado de explicar como fai un meiño no deseño que acompaña esta notícia), as razóns da solidariedade da veciñanza, e as denuncias da brutalidade policial que chegou a cargar contra unha meniña de 5 anos ( poida que para que non debuxe cousas como o seu veciño, un dado que, curiosamente, non recollen os medios que falan de violentos para referirse a quen se enfronta aos desmáns de alcaldes e policías)
Dende o comité de folga de Esmasa ao respeito do éxito da convocatoria veciñal declaran que: "Esperamos que sexa unha chamada de atención importante", e esperan do rexedor "que paralice a privatización en Esmasa" e "readmita os 19 empregados despedidos" e sinalaron que "están dispostos a negociar" coa dirección da empresa para desconvocar a folga, que deixou toneladas de lixo acumuladas nas rúas da cidade e aclaran que o parón rematará cando o Goberno local se sente a negociar e cumpra o convenio que recolle a non externalización de ningún servizo prestado pola empresa pública: "Todo pasa -engadiron- porque o alcalde cumpra o acordo de non privatizar ningún servizo; e se o cumpre e nos sentamos a negociar, levámolo á asemblea de traballadores e desconvócase a folga".
Un voceiro de Comisións Obreiras, Luis Muñoz, lamentou, en declaracións a Efe, "los escarceos" que se produciron en torno ás nove da noite, xa que o acto discorrera ata entón sen incidentes.
O grupo veciñal de apoio á folga @Apoyovecinal denuncia arbitrariedade e desproporcionalidade tras a multitudinaria manifestación, cando producíronse choques entre manifestantes e a policía, unha vez que se disolveu a protesta, ás portas do Concello. Foi entón cando un grupo de persoas "desperdigado bolsas de lixo" ante o dispositivo de seguridade de Policía Nacional e Municipal, momento tras o cal se produciu a exaxera intervención dos axentes, con o resultado de 15 persoas detidas, entre eles dous menores, 3 mulleres e 10 homes adultxs, por atentado a axente da autoridade, desordes públicas e por danos a mobiliario urbano.
As cargas desproporcionadas da policía motivaron que o grupo veciñal de apoio á folga @Apoyovecinal emitise o seguinte comunicado ante a situación de excepción que viven a cidade de Alcorcón:
As veciñas non son os criminais
"O grupo veciñal de apoio á folga queremos denunciar a carga policial desproporcionada producida tras a manifestación pacífica que transcorreu na tarde do 1 de febreiro na nosa cidade.
Non é admisible que a policía pegase a unha nena de 5 anos nin que entren nos bares para deter arbitrariamente persoas que nada teñen que ver co acontecido. Algúns locais populares están a ser acosados pola constante presenza policial nos seus arredores. Denunciamos esta auténtica persecución política e caza de bruxas contra os veciños e veciñas da nosa cidade.
O alcalde de Alcorcón segue acumulando tensión social, coa súa actitude e actuacións, que está a romper a paz social. É o culpable de todo o que está a suceder e cara a onde se encamiña a situación da nosa cidade. Quere crear un estado de excepción policial onde ninguén poida discutir todas as medidas políticas e económicas que está a adoptar e que tan prexudiciais son para a poboación.
A nefasta xestión que está a realizar na nosa cidade esixe a súa dimisión.
Convocamos a todas/vos os/ás veciñas este domingo 2 de febreiro a unha concentración fronte ao Centro Unificado de Seguridade ás 12 horas e a outra concentración fronte ao Concello ás 19:00 horas en apoio aos/ás detidos/ás e por unha verdadeira democracia. "
Para máis información sobre os motivos da folga vos deixamos con este video onde Rubén Kubi do Grupo de Apoio Veciñal, dun fragmento do programa Barrio Canino vol.105 que se emitiu en xaneiro de 2014 dende o Ateneo Popular de Alkorcón.
Neste enlace podedes visionar a entrevista de "La Mancha Obrera" a membros do comité de folga de ESMASA
Noticia redactada x eDu segundo informacións de MiradesCritiques (aquí) e (acá) e AupaAlcorcón
No hay comentarios:
Publicar un comentario