1 feb 2014

Non deixemos só a José Antúnez Becerra na súa folga de fame!

Colamos de Tokata este Comunicado do Grupo de Apoio de José Antúnez no seu dezaoito día en folga de fame, iniciada en 14 de xaneiro, tal como contáramos acá en Abordaxe, onde tambén deramos conta do seu Manifesto dando as razóns para porse en folga:

José Antúnez Becerra, preso actualmente no C.P. Brians II, decidiu poñerse en folga de fame indefinida o pasado luns, 14 de xaneiro. Actualmente perdeu moitos quilos de peso e ten o nivel de azucre moi baixo. Esixe que se revise a súa condena e se lle poña unha data para poder saír.

Durante os últimos anos, a xunta de tratamento non quixo permitirlle acceder aos programas necesarios para poder solicitar permisos de saída. Ultimamente, requisaron o seu ordenador persoal, negáronlle a posibilidade de poder traballar e non queren adaptar a súa alimentación á súa dieta vexetariana. Encóntrase en quella sen saída e decidida a poñer fin a iso cunha folga de fame, poñendo en risco a súa vida, a única arma dos presos ante o sistema penitenciario. Está decidido a seguir ata o final se non lle dan unha solución á súa situación.

A historia de José está marcada pola loita e a rebelión, pola non aceptación da orde establecida e o non recoñecemento do seu sistema xudicial. Como consecuencia, a súa vida estivo tamén marcada pola represión na súa máxima expresión: o cárcere.
Participou activamente na antiga COPEL e serviu de cabeza de turco na represión do motín de Quatre Camins do 2004. Queremos remarcar que a súa última condena por este motivo estivo chea de irregularidades. Antúnez non puido exercer o seu dereito de defensa: non puido cruzar nin unha palabra co seu avogado defensor ata o mesmo día do xuízo. Ademais, no xuízo posterior no que os carcereiros foron imputados por torturas durante ese mesmo motín, a súa denuncia e o seu informe médico perdéronse misteriosamente nos xulgados de Granollers.

Entendemos que a administración non quere que Antúnez saia en liberdade. Leva case toda unha vida secuestrado; está a sufrir, como outros moitos presos en todo o estado, unha cadea perpetua encuberta.

Ante todo iso, dende o grupo de apoio queremos esixir a súa inmediata posta en liberdade.

ATA A DESTRUCIÓN DE TODOS OS CÁRCERES

JOSÉ ANTÚNEZ BECERRA LIBERDADE

2 comentarios:

  1. Actuación policial desproporcionada, intimidatoria e abusiva na concentración de Apoio, informa "libertad presos en lucha" en indymediabarcelona:

    http://barcelona.indymedia.org/newswire/display/479030/index.php

    ResponderEliminar
  2. e aquí "amics de antunez" tambén no IndyBarna:

    http://barcelona.indymedia.org/newswire/display/479017/index.php

    ResponderEliminar