Colamos de Tokata
A COPEL (Coordinadora de Presos en Loita), a APRE(r) (Asociación de Presos en Réxime Especial Reconstituída), os membros que quedamos vivos despois do exterminio sufrido polos cárceleros daquela época "post-franquista" e xs familiares e amigxs de ambos os dous farémolo pola dignidade dxs vivxs e xs mortxs, aquela que non perdemos ás mans dxs nosxs torturadorxs xs asasinxs de tantxs amigxs en prisión, pola dignidade que mantivemos sen perder a humanidade para cos nosos reféns cando os motíns nas prisións as fixeron arder.
Reivindicamos a memoria dxs nosxs compañeirxs asasinadxs e torturadxs como Agustín Rueda, Ringo e Xacinto asasinados nun control/emboscada en Illescas (Toledo), cando volveron a España a executar todos os bos proxectos comúns que tiñan, o primeiro axudar aos seus compañeiros a fuxirse, (como á maioría gran maioría de Copeleros, por vinganza), a de todxs aquelxs mortxs e represaliadxs da COPEL (a gran maioría anónimxs), e a daqueles que loitaron coa APRE: Xosé Tarrió Gonzalez, José Romera Chulia, José Valiente Díaz, Fco. José Ahijón Palma, Teófilo Jiménez Fabero, Félix Martínez Matínez, Luis Rivas Dávila, Patxi Zamoro Durán, Pablo Andrés Jimenéz Moreno, Andres Car Garrido, Ernesto Pérez Barrot... e un (desgraciadamente) longuísimo etcétera.
Por JOSÉ ANTUNEZ BECERRA condenado a cadea perpetua sen encubrir moito antes de que a hipocrisía do Estado se atrevese a adxectivala como "Revisable", por pertencer a COPEL nos anos setenta e dar a cara no motín de Quatre Camins de 2004 (sen apenas ter pisado a rúa) contra os abusos sufridos por compañeiros e el mesmo, con mais de trinta anos de cárcere ás súas costas. En 2008, por estes feitos, recibe outros dezanove anos de condena máis sen matar xamais a ninguén. Actualmente está en folga de fame total, cunha deterioración considerable e en perigo de morte, aos seus 57 anos, porque a institución penitenciaria non perdoa os homes e mulleres sensibles que loitan con coraxe contra o abuso sistemático do sistema penal.
Por outrxs tantxs, de onte e hoxe, que sería inxusto non nomear, pero necesitariamos moitas follas, unha fábrica de papel, pois fostes centos. As vosas familias e amigxs non se van cansar de ser o altofalante que non vos dan intramuros, nin os XVP, nin a inXustiza deste réxime neofranquista que vivimos tamén os que estamos en Cuarto Grao, pois o Estado Penal crece a medida que a desigualdade social se disfraza de xustiza.
Por todxs xs que hoxe e mañá o seguen e seguirán facendo (de forma individual ou colectiva) a sabendas de que perderán beneficios penitenciarios, a saúde e mesmo a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario