Colamos (e traducimos) este texto colado este venres pasado, 24 de xaneiro, en IndymediaBarcelona asinado por "anarquistas":
Moitas compañeiras de diferentes partes comentáronnos do aparente aura de «secretismo» que se percibe en todo o relacionado coa situación das compas e co caso en si, e que logo do bombo mediático con todo o referente ás detencións habería que terse pronunciado. O certo é que, como xa sabemos, contra a propaganda do réxime e os seus ideólogos, é dicir, contra a prensa, pouca cousa pódese facer a xeito de contrapeso; pódella evidenciar, ver como van tecendo as súas redes, e como cóbado a cóbado co Estado van facendo un oco a encher co seguinte inimigo interno: islamitas, independentistas galegos, animalistas acusados de abrir máis gaiolas da conta, anarquistas... Estes -os que non queiran pasar pola ortodoxia do clero que di representalos ou que marca o xeito correcto (é dicir democrática, legal, etcétera)- serán os que enchan o baleiro deixado por ETA, baleiro non só como inimigo interno que alimenta todo un arsenal burocrático, represivo e xudicial, o chamado antiterrorismo (unha institución en si mesma que se nega a desaparecer e polo tanto ha de demostrar a súa necesaria existencia e eficacia), un baleiro que tamén se notaría nas celas por encher e nas páxinas de prensa, que deixaría espazo a outras preocupacións na cabeza dos lectores; pouco importan os desafiuzamentos, que millóns de persoas non teñan forma de buscarse a vida -nin sequera nas canles da escravitude laboral-, que os políticos se enchan as arcas e rían na nosa cara. Hai fantasmas moi perigosos, dinnos, aos cales realmente temer: os inmigrantes, os terroristas, etcétera.
Os que visen as noticias aqueles días recordarán toda a carga xenófoba coa que estes apuntaladores do existente con palabras, os xornalistas e ideólogos do réxime, cualificaron as nosas compañeiras. As intencións son evidentes: xerar falsos mitos. Fálannos do "triángulo mediterráneo", de que "son xente de fóra", daqueles "estranxeiros e estranxeiras que veñen a facer cousas malas", de "anarquistas malos que veñen de fóra" e de "anarquistas gregos e italianos que veñen a instruír aos e as de aquí", etcétera. O que son incapaces de recoñecer estes "expertos" da mentira é que no Estado español existe unha longa tradición -por chamala dalgunha forma- anarquista, grande, diversa e flutuante, pero case tan antiga como o anarquismo mesmo: dende as loitas dos libertarios andaluces, os ecos da propaganda polo feito, a Semana Tráxica de 1909, a Revolución de 1936, a guerrilla antifranquista, as millóns de persoas na Barcelona libertaria de 1977, o anarcosindicalismo, todos momentos e sucesos que deixan claro que aquí non é nada nova a identificación coas ideas e as prácticas ácratas.
Con respecto á investigación contra os nosos compañeiros e compañeiras detidas, encóntrase pechada, o cal non quita que novas probas poidan aparecer da noite á mañá. O que tamén sabemos é que existe outra investigación aberta que ao parecer busca crear unha organización anarquista internacional, cun forte acoso a varias compañeiras. Non temos nin idea de por onde nos sorprenderán xa que vimos nestes últimos meses que a capacidade inventiva policial é bastante ilimitada, nin tampouco sabemos se as últimas detencións na Galiza forman parte desta trama. Non negamos as existencia de "relacións internacionais", nin que as anarquistas se movan -como o resto das persoas- nun mundo que en gran parte te obriga a moverte aínda que non o queiras; mesmo tamén viaxamos en busca de complicidades, non imos negar unha evidencia, pero si nos negamos rotundamente a recoñecer a existencia desa organización ficticia estructurada que á policía e aos xuíces lles encanta imaxinar.
Unha vez máis intentan buscar elementos que encaixen coas súas teorías, aínda que a súa figura xeométrica necesite deformarse e engadir máis ángulos. O que se vimos cos nosos propios ollos foi a colaboración (ou simple paripé) entre as policías e autoridades chilenas, españolas e italianas, vimos as súas roldas de prensa, os seus apertóns de mans e os seus eloxios e nos deu noxo. A única organización terrorista internacional que coñecemos, que sabemos da súa existencia é a dos Estados e as súas institucións.
Da herdanza que nos deixou a relixión, da laicización de conceptos que foron máis alá da relixión mesma, son a noción de culpa e de castigo os que máis arraigadas en nós encóntranse. "Se non foron elxs, por que non o din? " din unhas voces inxenuas. Outras menos inxenuas falan do feito concreto do que se lles acusa para negar a solidariedade. Ambas as dúas actitudes apuntan co seu dedo acusatorio e policial -conscientemente ou non- carra algún sitio (xa dicían as nosas nais que era un mal costume apuntar co dedo á xente). Todas as accións son discutibles, mesmo aquela pola que as compas se encontran imputadas, pero entre nós, entre compañeiras, dun xeito serio, consciente e para sacar conclusións que favorezan á continuidade da loita. O machuque mediático buscou, dende un primeiro momento, minar o posible camiño da solidariedade, para crear unha brecha e un baleiro, para separar. Máis duros que os paneis de formigón que componen as prisións é o baleiro que xera a insolidariedade. Lamentablemente en parte encontráronse cun terreo aboado por nós mesmas: outra vez os anarquistas bos e os malos, os insus e os sociais, os culturais e os de acción, e un longo etcétera, apoiándose nunha falsa separación, unha falsa dicotomía inexistente e proveniente dunha análise simplista e superficial na nosa opinión, que o único que fai é enfrontar as diferentes frontes da loita anarquista.
A prensa e a policía emitiron claras mensaxes ao respecto: "Se ousades intentar subverter a orde establecida encerrarémosvos, publicaremos as vosas caras e nomes (1), e tratarémosvos como o que sodes, como terroristas", "se vos solidarizades coas que fan estas cousas ou están acusadas de facelo tamén seredes tratadas como terroristas", etcétera. E se como dun duro pai corrector se tratase, a man ameazante deste finalmente é máis efectiva que o golpe. Pero, e se aprendemos a enfrontarnos ao golpe para que nos faga o menor dano posible?
Se nos negamos a solidarizarnos con aquelas de cuxas acusacións non estamos de acordo, é dicir, coas cales non compartimos as accións das que se lles acusan, estamos a lexitimar a voz do Estado e afirmando as acusacións, estamos a entrar nun terreo que non é o noso senón o dos nosos verdugos. Máis alá do que pensemos sobre os feitos, estamos convencidas de que a solidariedade nunca debe ser vista dende un punto de vista moral, punto de vista moi influído polos medios de comunicación, e tamén, dende a óptica completamente inversa non cremos que a validez dunha acción calquera haxa que vela en relación a un código penal, dende o dura que poida ser unha sentenza. As leis e a moral (que implicitamente tamén xera leis) deixémola aos xuíces, aos curas, aos lagrimeros xornalistas, ás que teñen medo de si mesmos. E da rabia das oprimidas.
A comunicación directa coas nosas compañeiras encarceradas foi difícil dende o principio. Sabemos que están ben de ánimo e fortes. Están a recibir cartas (algunhas delas tardan moito en chegar) e só poden enviar dúas cartas semanais, unhas das cales é para comunicarse entre elas. Francisco está a recibir visitas, pero leva semanas sen ver outros presos porque quedou só no módulo. Hai uns días notificáronlle que lle aplicarán tamén o art.º 10 (FIES 1) e que será trasladado a Córdoba. Mónica despois de estar en observación, soa en ingresos, e sen dieta vexetariana, encóntrase en Brieva (Ávila) baixo o art.º 10, nun módulo xunto a 4 presas políticas e 8 presas comúns (2). Aínda non ten visitas (xa que os burocráticos trámites se han de volver facer cada vez que hai un traslado) pero si que pode facer algunhas chamadas telefónicas.
A detención e encarceramento sacáronnos a flote algunhas cuestións: como expresar a solidariedade?, como facer que non só sexan aquelas persoas máis próximas ás detidas/imputadas as que teñan que cargar con todo?, que significa o FIES para os presos anarquistas e que podemos facer?, como non claudicar ante a chantaxe do cárcere e a súa sombra?
Abrimos un correo para que aquelas que queiran saber máis sobre a situación de Mónica e Francisco poidan escribir. Tamén estamos a xuntar diñeiro para os gastos actuais e futuros, xa que seguramente a prisión preventiva a terán que cumprir completa ata que sexa o xuízo e todas sabemos os gastos que supón isto.
Calquera dúbida, achega, crítica, pregunta: solidaridadylucha (at) riseup.net
Non deixaremos soa ningunha. Se tocan a unha tócannos a todas di unha frase que nos encanta berrar. A ver se a podemos poñer en práctica.
Liberdade e solidariedade!
Notas:
(1) Sen esquecer que fan o mesmo cada día na prensa con outras persoas, que finalmente as que estamos pendentes deste feito en si somos as afectadas, o resto da xente esquécese e pasa a pensar en noticias máis frescas.
(2) en Abordaxe xa deramos o novo enderezo de Mónica en Brieva:
Mónica Caballero
Ávila – Prisión Provincial
Ctra. De Vicolozano
Apdo. 206
5194 Brieva (Ávila) – España
Telf: (0034) 920259022 / 23 / 29
Francisco segue, de momento, encirrado en Navalcarnero e este é o seu enderezo:
Francisco Javier Solar Dominguez
CP Madrid IV Navalcarnero
Crta N-V km 27,7
28600 Madrid
Máis información en Abordaxe sobre este caso.
- Noticias represivas e solidárias - Escrito de Mónica Caballero e Francisco Solar
- Palabras de Francisco Solar dende o cárcere de Navalcarnero (Madrid) e Chamado Solidario Internacional
- Xs compañeirxs Mónica Caballero e Francisco Solar quedan en prisión preventiva, xs 3 compañeirxs restantes están na rúa
- Detidas 5 persoas en Barcelona acusadas dun delito por estragos terroristas
colado e trad x eDu
Tras permanecer en réximen de illamento no cárcere de Navalcarnero, o compañeiro Francisco volve a ser trasladado esta vez ao cárcere de Córdoba.
ResponderEliminarO seu novo enderezo é:
Centro Penitenciario Córdoba.
Autovia de Madrid a Cádiz Km 391
CP 14014 Córdoba
Telf. Información 957225040
Telf.Comunicaciones 957225071