Recollemos esta información de Salhaketa
Este feito lutuoso, non notificado por Institucións Penitenciarias, representa unha nova crónica de mortes anunciadas nos cárceres tal e como viñemos denunciando.
Queremos denunciar a sistemática política de ocultamento destas mortes das que non se facilita ningún tipo de información pública, como parte da estratexia de impunidade ante as mortes non naturais que está a acabar coa vida destes mozos no seo de institucións públicas coas que manteñen unha relación de suxeición especial e cuxo dereito á saúde e á vida depende única e exclusivamente destas. Que está a pasar? Por que se ocultan estas mortes? Por que non se esixen responsabilidades ou polo menos se investigan? Acontecería o mesmo se as vítimas fosen outras? Pódense tolerar impunemente estas mortes no seo dunha institución do estado como é o sistema penitenciario?
Preocúpanos a nula iniciativa de actuación por parte das autoridades xudiciais competentes para esclarecer as circunstancias destas mortes por causas non naturais, na súa gran maioría de persoas novas que non o esquezamos manteñen unha relación de suxeición especial coa administración do estado e, este, ten a obriga de garantir entre outros, o seu dereito á vida. Esta situación é inaceptable, sobre todo cando a maioría desas mortes poderían evitarse, simplemente, coa aplicación estrita da actual legalidade vixente.
Unha vez máis preguntamos á Dirección Xeral de Prisións, ao Ministerio de Interior e ao Goberno como vai rematar con esta terrible situación. Preguntarémoslle cantas mortes aconteceron realmente, quen era os mortos, cuais foron as causas, que medidas preventivas se estableceron, por que non se excarcerou persoas en avanzado estado de enfermidade, por que as condicións de vida en xeral e sanitarios en particular empeoran, que está a facer con respecto ao amoreamento, como é posible que haxa tantas persoas presas con enfermidades mentais graves e a grande maiorías delas sen diagnóstico nin tratamento, por que non cumpre a súa propia legalidade cando esta o é en beneficio da persoa presa e se excede no seu cumprimento cando o é no seu prexuízo... son demasiadas as preguntas sen responder.
Para rematar con estas mortes reclamamos medidas concretas tales como:
Que o Ministerio Fiscal non se inhiba e investigue de oficio estas mortes a maioría delas en estrañas circunstancias, tal e como lle corresponde, para o esclarecemento das circunstancias e motivos as mesmas, con o fin de depurar as responsabilidades políticas, administrativas e penais que se desprendan destes feitos.
A inmediata excarceración das persoas presas gravemente enfermas, en especial aquelas en fase terminal, así como as que padezan enfermidades mentais que en moitos casos supoñen a indución ao suicidio. Estas persoas necesitan uns coidados e un seguimento médico incompatibles co cárcere que en moitas ocasións xera problemas de desequilibrio e enfermidade mental.
A inmediata reforma da lexislación penal e penitenciaria que alonga innecesariamente as condenas e restrinxe o acceso a permisos de saída, terceiro grao e liberdade condicional que son as formas de cumprimento máis acordes co obxectivo final que a lei outorga ás penas privativas de liberdade e que contribúen a diminuír a presión e mal trato psicolóxico que sofren as persoas presas.
A redución do número de reos ata a capacidade óptima de cada prisión para evitar a actual masificación, que aínda que non é o único, si é un dos motivos que inflúe nestas mortes, así como o cumprimento das condenas no centro máis próximo ao lugar habitual de residencia.
O final dos réximes de incomunicación e illamento. Estes espazos de impunidade para torturas e/ou malos tratos, son á vez espazos de risco para a aparición e/ou agravamento de determinadas enfermidades mentais, o que significa que, de por si, o illamento é unha tortura psicolóxica a erradicar.
SalHaketa Bizkaia – SalHaketa Araba
No hay comentarios:
Publicar un comentario