28 ene 2014

[Italia]: Operación Ousadía – A fiscalía retira a acusación de Asociación Subversiva con Fins Terroristas na audiencia preliminar

Colamos (traducido) de ContraInfo (en castelán) esta información tirada de Informa-Azione (en italiano) sobre a audiencia preliminar que xulgará a chamada Operación Ousadía (Ardira) da que falamos extensamente en Abordaxe dende o 13 de xuño de 2012, cando foran arrestadas 8 persoas na Italia: Stefano Gabriele Fosco e Elisa Di Bernardo de Pisa e membros do blogue anarquista Culmine, Sergio Maria Stefani (o único que permanece aínda en prisión) e Katia Di Stefano de Roma, Giuseppe Lo Turco de Genova, Alessandro Settepani e Paola Francesca Iozzi de Perugia e Giulia Marziale de Terni; ademais nesta "Operación" a fiscal do caso, Manuela Comodi, de Perugia, pretendia implicar na mesma a Gabriel Pombo (na altura, encirrado en Alemania) e Marco Cavenish (encirrado en Suiza) como "ideólogos". Tempo despois, ficaría a acusación só contra Stefano Gabriele, Elisa Di Bernardo e Sergio Maria Stefani.

O venres, 17 de xaneiro, levouse a cabo a audiencia preliminar da operación Ousadía [Ardire]. Contra todas as expectativas, a fiscal Comodi pediu o "non ten lugar a proceder" para a acusación do 270bis ("asociación subversiva con fins terroristas"). O xuíz aceptou a solicitude e quedou só o cargo de imputación polo delito específico (danos) para tres dxs acusadxs.

Máis alá do obvio suspiro de alivio de todxs ante a idea de terse quitado de enriba longos anos de xuízo con todo o que iso implicaría, aínda que ao día seguinte continuaba -despois dos festexos da noite- tanta amargura, rabia e un profundo sentimento de frustración ao ver como as vidas das persoas podense distorsionar, manipular, encerrar e botar como penso á mesquindade dos que viven á conta dxs demais sen pagar nunca, sen ter que enfrontarse á responsabilidade das súas accións.

A "señora" fiscal dixo o venres que ela non quería facer gastar o diñeiro dos contribuíntes para montar outro "circo" (en palabras textuais) que despois outros xuíces -a pesar dos seus esforzos- terían botado abaixo.

Circo

Un circo que lles custou un ano de vida a algunhas persoas, mesmo máis, a outras. Si, exactamente un circo, un espectáculo, un teatro do grotesco, da miseria, da mesquindade, da parte máis traizoeira, malvada, sucia, mediocre, baixa dunha muller que se prestou a calquera petición, desexo, capricho dos seus "ROS" (Grupo Operativo Especial dos Carabinieri)- verdadeiros monicrequeiros de toda a historia- sen ter a máis remota idea, moitas veces, de que estaba a facer.

É difícil sorrir hoxe. Moi difícil quitarse de enriba a fea sensación de que en calquera momento poidan facer da túa vida o que consideren máis oportuno para os seus programas políticos, para a súa xestión da orde, para as súas carreiras, para dirixir a atención das cabezas, pouco pensantes, da maioría.

Así te chaman terrorista.

Encérrante como o peor inimigo e perigo para a sociedade.

Impútanche un papel e un modo de actuar que en realidade sempre foi de quen ten nas mans o poder das armas, da policía, dos exércitos, do voto, do goberno, da prensa, do poder xudicial.

De quen ten o Poder para dispoñer da vida da persoas, de decidir que nunha terra xa non se deba vivir como sempre se fixo, senón que débase facer pasar un monstro de vías e alta velocidade.

De quen ten o poder para transformar o sentido das palabras e o sentido da xustiza (a verdadeira, a que crea a distinción entre o que é xusto e o que é inxusto, non a escrita nos códigos) ese poder que, co seu mil mans, cunha destrúe, con outra castiga e encerra e con outra, ademais, difama e transforma o sentido da realidade. Ese poder que permite dar máis valor a unha ventá rota que á vida dunha persoa, que protexe aos que matan as persoas encerradas no cárcere, que che espía a vida ata baixo a roupa interior, que impunemente cambia, distorsiona, rompe a vida das persoas, que na guerra constante que leva contra quen está baixo o seu control non permite ningunha réplica, ningunha oposición.

Así, hoxe, os terroristas do último minuto son a compañeira e os compañeiros arrestadxs en Turín. Hoxe a etiqueta é para elxs. Incómodxs, fastidiosxs, difíciles de manexar, tercxs como todxs aquelxs que se obstinan a non ceder ao TAV, e que o fan con todos os medios que consideran necesarios para a loita, para a defensa da súa terra e das súas vidas.

Hoxe, algúns quitáronse de enriba, porque así foi decidido, a palabra terrorista. Outros téñena sobre as súas costas. A estxs, toda a solidariedade e proximidade.

En canto aos acontecementos de Perugia, coa esperanza de que se rematasen dunha vez por todas e que se rematasen os delirios dos ROS e da fiscalía, non máis que correrse un mesto veo, esperando que cubra o fedor a podre que aínda emana e que seguirá emanando por moito tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario