14 ene 2014

Sábado 18 - VIII Marcha as Cadeas organizada pola Asociación "Que Voltem para a Casa!"

Recibimos esta convocatoria enviada polo Departamento de Comunicación da Asociación de Familiares e Amig@s d@s Pres@s Polític@s Galeg@s "Que Voltem para a Casa!", de quen colamos á íntegra a sua nota de prensa:


FAMILIARES E AMIGOS/AS DOS PRESOS INDEPENDENTISTAS MARCHARÁN ATA AS PRISIÓNS ONDE SE ATOPAN DISPERSADOS:

Ata que non volten eles iremos nós! é o lema escollido pola nosa asociación para a oitava edición da Marcha as cadeas, que este ano decorrerá o sábado 18 de xaneiro e que por primeira vez é organizada por Que voltem para a casa! Con esta marcha, as familias e @s amig@s dos presos independentistas pretendemos transmitirlles a nosa solidariedade e apoio, ademais de denunciar a ilegalidade do réxime penitenciario do que son obxecto e a vulneración sistemática dos seus dereitos dentro das prisións.



Na marcha deste ano organizaranse dúas expedicións solidarias, unha desde o norte e outra desde o sur do país. A primeira das expedicións partirá desde Santiago e recollerá solidari@s en Coruña, Ferrol, Lugo e Ribadeo. @s solidari@s do norte marcharan ata as prisións de Villabona e Mansilla de las Mulas, onde se atopan dispersados respectivamente Hadriám "Senlheiro", Xurxo Rodrigues e Eduardo Vigo.

A marcha desde o sur partirá desde Pontevedra e recollerá solidarios en Vigo, Porriño, Ponteareas, Ribadavia, Ourense e Xinzo da Limia. A marcha do sur desprazarase ata as prisións de Estremeira e Aranxuez, para transmitir o noso apoio a Teto e Antóm. No camiño de volta pararemos en Topas-Salamanca para solidarizarnos con Carlos Calvo.

O desprazamento é totalmente gratuíto. A nosa asociación distribuirá bonos solidarios a 10 euros para todas aquelas persoas que queiran colaborar no financiamento dos autobuses. As persoas que desexen anotarse á viaxe poden facelo chamando ao 698 129 134 e deixando o seu nome, teléfono de contacto, a expedición da que formarán parte e o lugar no que se incorporarán á mesma. Ademais, poderanse anotar nos seguintes locais ata o 15 de xaneiro:

• Vigo: CS Revolta, CS Lume, CS Faísca.
• Pontevedra: CS Revira
• A Guarda: CS O Fuscalho
• Ponteareas: CS O Fresco
• Lugo: CS Mádia Leva
• Ourense: Bar Avanti, Cervexería/Cafetería O Moucho.
• Compostela: CS Gentalha do Pichel
• Coruña: CS Gomes Gaioso e Bar Faluya
• Ferrol: Fundaçom Artabria.
• Burela. CS Xebra
• Locais da CUT e local nacional da CIG en Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario