13 ene 2014

O Conto do Terceiro Grado. Sobre a situación de Mª Elvia López Coll no CP Brians

Colamos e traducimos de Tokata:

O engano do terceiro grao é unha gran mentira, segues estando presa. Se vives lonxe de Barcelona e non tes con que comprar as túas pasaxes danche unha axuda, pero para as demais cousas, para as cousas máis elementais, non te dan nada. Cren que por darche unha comida a túa vida está solucionada.

Todos os días que regresas da rúa estás controlada, control de alcoholemia, de droga, etc. A tua saída pode ser á vez un pesadelo porque, se non encontras traballo pronto, non te podes soster. As que rouban, seguirán roubando para entrar de novo na prisión nun futuro, as drogadictas seguirán consumindo (...) Muitas xa non cambiarán, para moitas a súa vida é seguir estando na prisión, porque é a única forma que coñecen; non as queren nas súas casas porque se converteron nun problema tanto para a sociedade coma para a súa familia.

A rehabilitación é unha mentira. Se non queremos loitar por saír, afundirémonos nós mesmas nese mundo infernal.

A min fixéronme regresar á prisión pola corrupción dos que me maltratan en Brians (funcionarios e xunta de tratamento ) cunha maldade encubrida nun penal onde moitas de nós pasamos horrores e todos calan, porque tan culpables son os que cometen o delito como os que permiten que estes se cometan e non fan nada para evitalos polo medo a perder os seus empregos.

Ademais, non pode haber unha chamada anónima, non poden gardar un video e entregalo sen que este non sexa manipulado polos mesmos funcionarios para que eles poidan esconder os seus verdadeiros delitos.

Porque mentres eles sigan sendo as victimas, segundo eles, dos nosos maltratos, nos poñerán mais prisión e cobrarannos a nós que estamos presas e sumarán máis diñeiro fóra do plus que cobran por perigosidade de cada preso.

Aquí, en España, existe unha lei que di que prevalecerá o que diga un mosso d'esquadra ou policia, etc. pero nunca a palabra dunha cidadá, e queren que paguemos os impostos, e queren que paguemos os políticos. Din que Franco morreu, pero aínda seguimos nunha ditadura (...) Yo sei onde nacín, mais non sei onde morrerei.

A xuíza e o fiscal recorreron o meu terceiro grao segundo eles porque a xurista de Brians 1 Dons 2 chamada Judith di que tiven só primeiro dous permisos de saída e logo se contradí e di que tiven só un, cando teño as probas de que foron 6 permisos de saídas. Tamén falan dun primeiro grao, cando isto sucedeu o 18 de outubro de 2011 por algo que non fixen e que me tocou pagar 30 euros de multa, e cando remate a miña condena o novembro do 2014, terei que pagar 8 días máis de arresto domiciliario.

(…)

Agora como saio deste labirinto, se practicamente estou a comer a condena?

Tan culpables son a traballadora social, a psicóloga, a subdirectora, o director e todos aqueles que non investigaron as cámaras nin os abusos que o centro de Brians 2 vén cometendo dende hai moitos anos e todos só fan que mirar cara a un lado, o racismo cara aos mouros, os latinoamericanos, africanos... Se lles presta mais axuda aos países europeos, aos ricos.

(…)

O noso maior pesadelo é intentar sobrevivir cando estamos dentro con condenas esaxeradas. Ninguén nos devolverá eses anos, os malos tratos... non todos somos uns monstros e cada caso é diferente; pero denunciar os horrores que tiven que ver, nun sitio como Brians, todas as mortes encubertas e os permisos de saídas que son mais doados para as mesmas españolas que entran e saen outra vez da prisión.. son cousas que me fan pensar.

(…)

A xurista Brians 1 e a xunta de tratamento manipulan os meus informes e dan malos antecedentes meus para revogar ao terceiro grao coa xuíza Maria José González do xulgado n.º 2 de Barcelona, a quen tanto supliquei a súa axuda contra os abusos que se cometían, non só coa miña persoa, senón con outras presas que tiñan medo de falar por represaríalas. Nin sequera se molestan en investigar se o que afirman dunha é a verdade ou non, baséanse no que os seus compañeiros din, apóianse entre eles mesmos para non perder os seus cargos.

(…)

Non vexo a hora que cheguen a pagar todos aqueles que me fixeron dano.

Fáltame un ano, e agora aqui néganme os permisos de saída de segundo grao porque non teño con que manterme para comprar os billetes, nin me podo soster eu soa; coma se eu non tivese vivido corenta anos da miña vida sosteniendome, que non estou preparada para a sociedade e teño comportamentos irregulares. E os que estan ensinados a golpear dentro das prisións a desquitar a súa rabia a eses, como os chamamos? aos que se visten de uniforme e teñen permiso de golpear e impoñen... eses non teñen conciencia e nunca serán castigados, e os que rouban no goberno e non van ao cárcere... eses son os que levan a crise ao país eses non teñen ningunha clase de castigo por nacer en berces de ouro ou ser reis ou mandatarios.

Pero moitos de nós somos os coelliños de indias, drogadictos, estranxeiros, ladróns.. moitos non temos familias. Para que España teña tantas presas debe ser unha renda para eles, senón non nos terían aquí; Man de obra barata.

Demasiado cuestiónome este labirinto onde sigo atrapada, este segundo permiso tamén virá denegado e os demais, non se ata onde chegarán as miñas forzas, pero non quero un terceiro grao, porque é un engano e mais cos papeis que lles mostro por internet para que poidan ver as mentiras e o odio do xurista daqueles que en teoría deberían axudarnos, non afundirnos, pero eles quedan impunes, e este goberno non investiga só cálase son a súa infamia.

Inimigos

Onde gardaches,
a merda do mundo?
Onde os politicos,
mandan que calemos!
Onde oprimen
Ao pobo
Que eles construíron
en falsas promesas
Que nunca cumpriron
Por iso merecen,
Que os aniquilemos!
Porque son a escoura
e o inimigo do pobo!

Desprezo

Me miras con desprezo
A miña condición de preso!
Non sabendo que tu
Mañá... poderías ser,
o perdedor...
e estar nesta cela,
Onde me encontro hoxe...
Onde acumulei o odio
Que me sementachedes vos...

Un bico para todos
e non podemos deixar que
sigan atropellandonos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario