13 ene 2014

Revoltoso fin de semana

Este fin de semana, os espíritos rebeldes e refractarios de toda autoridade sorprendémonos en grata alegría. Dúas cidades do estado tan dispares e afastadas entre si como Burgos e Melilla deron renda solta ás súas paixóns disidentes en senllos disturbios; salpicando as súas respectivas rúas con ardentes barricadas e regando cunha abundante chuvia de pedras aos seus represores locais. Os motivos que orixinaron ambas as dúas protestas tamén poderían parecer dispares, contra a alta taxa de paro dos suburbios melillenses e contra os desmandos especulativo-urbanístico no caso burgalés, pero quizais non o sexan tanto tendo en conta que moitas veces as gotas que enchen un vaso non son se non unha escusa dun malestar latente, que, nestes momentos, a todos nos rodea por doquier. Faille a un pensar nos recentes disturbios de Turquía, comezados por unha protesta contra a talla dunhas árbores dun parque, ou os de Tunez, desencadeados a raíz do suicidio dun pobre desesperado, ás veces o feito que cataliza o cansazo popular non está revestido da magnitude e transcendencia do resultado.

Non hai moito que os medios comerciais nos sorprendían coa noticia de que España se atopa nos máis alto do ranking de países con posibilidades de estoupar en furiosos episodios de violencia social, segundo o particular criterio do diario "The economist". O anestesiamiento popular e o servil borreguismo imperante que descubrimos, non obstante, mirando en derredor parecen desmentir tan prometedoras afirmacións. A sensación xeral parece máis ben a do pasivo refluxo das carnavalescas protestas indignadas dos últimos anos, máis aparentes que reais e máis circenses que perigosas.

Pero tamén é evidente que os procesos de concienciación social non seguen os tempos que aos revolucionarios nos gustarían, e que é preciso que a xente se asegure primeiro da inutilidade dos camiños institucionais e establecidos para que decida lanzarse polas emancipadoras sendas da revolta social. Quizais tan só esteamos gozando da calma que precede á tormenta. O meu impenitente optimismo libertario, dende logo, prefire enfocalo así. Axiña o veremos.

Por de pronto o que é seguro é que este fin de semana os oprimidos de dúas cidades deste nesfasto estado español decidiron deixar os seus medos e os seus prexuízos ciudadanistas na casa para, armados de pedras, paus e razón, plantar cara a este sistema de merda e á súa covarde represión. Aupa eles e que cunda o exemplo.

C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario