Colamos información recibida da Biblioteca Anarquista "A Ghavilla"
Na historia de calqueira estado, país ou nación, hai sucesos e discursos que os sucesivos gobernos trataron de borrar por todos os medios. Entre eles, probablemente, o “makhnovismo” sexa un dos máis golpeados polo olvido interesado.
A revolución rusa foi un levantamento do pobo contra o poder establecido, un berro dunha multitude farta do sistema imperante con un ánsia nova e cheia de ideais que cumprir. Como toda revolución, non foi monolítica, non tivo unha so ideoloxía detrás como defenden algunhas mentes apalancadas nas doctrinas comunistas de hai un século, maiormente no leninismo e no stalinismo, e unha das ideoloxías con maior presencia no pobo foi, sen dúbida, o anarquismo, especialmente no sur de Ucraína, onde brotou con forza e gloria, no que algunhas consideran a primeira experiencia efectiva do anarquismo, en 1917.
Na altura, criaranse comunas libres, sen goberno, aplicando de forma efectiva as ideas de Proudhon, Bakunin e Kropotkin... O territorio “anárquico” ocupaba inicialmente arredor de 260 kilometros cadrados, cheio de comunas autogobernadas e autoxeridas que, unha vez comenzada a revolución rusa, ergueranse como unha máis das forzas armadas revolucionarias, e fora coñecida como o Exército Negro.
Este Exército Negro fora dirixido por Nestor Makhno, quen defendía a autonomía dos pobos ao tempo que ia liberando progresivamente máis comunas campesinas do xugo do estado e das forzas armadas da reacción. Era integrado por campesinos das comunas que se enrolaban voluntariamente, pero baixo ningunha circunstancia tiña control sobre as decisións das comunas, distritos e rexións do territorio libre, que chegou a ocupar todo o sudeste ucraniano, a ribeira do Mar Negro e a península de Crimea, na que moraban un total aproximado de sete millóns de persoas.
De 1917 a 1921 Ucranía vivira o entusiasmo revolucionario que levou á caída do zarismo. O exército de Néstor Makhno (1889-1934) combatira a ocupación de tropas alemanas, enfrentarase aos nacionalistas ucranianos que pretendían un novo Estado e luitou contra os exércitos zaristas.
Despois da revolución de outubro, a consigna bolchevique: "A terra para os campesinos, as fábricas para os obreiros", produzira grandes ilusións nos medios anarquistas, pero esas ilusións virianse rápidamente por terra ao xurdir o verdadeiro carácter do partido bolchevique e da súa revolución “de arriba a abaixo”, polo que Makhno pasa a ser considerado como un dos “inimigos que hai que eliminar” e pasa a ser presentado polos bolcheviques como un simple e vulgar bandido, fanático e cruel; e a consecuencia delo, Makhno e outros sobrevivintes tiveron que fuxir ao exilio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario