16 ene 2014

José Antúnez Becerra, antigo membro da COPEL, condenado e encirrado polo Motín de Quatrecamins, en Folga de Fame

Recollemos esta información do Boletín Tokata e dunha rede social:

A familia adoptiva de José Antúnez Becerra, quen formara parte da COPEL e foi condenado polo motín de Quatrecamins de abril de 2004, pediunos que deramos gran difusión á folga de fame que iniciou o 14 de xaneiro para defender os seus direitos, despois de esgotar todas as peticións, e con as seguintes reivindicacións:

– Revisión de condena.

– Proxecto de futuro, dado que reúno todos os requirimentos para un 3º grado e que a dirección da prisión fixe unha data para comezar a sair.

Estas son as suas palabras:

AL CENTRO LE PIDO "QUE NO QUIERO ESTAR TODA LA VIDA ASI, SIN NINGUNA POSIBILIDAD DE NADA, PROYECTO DE FUTURO, PREFIERO MORIR LUCHANDO QUE ESTAR SIEMPRE ASI" "QUE PONGAN UNA FECHA PARA PODER SALIR, QUE TENGO TODOS LOS REQUISITOS PARA PODER EMPEZAR A SALIR ¿NO?, SI ELLOS NO SE IMPLICAN ¿NO?" "YO LO HE PEDIDO AL DIRECTOR POR ESCRITO" "NO TE PREOCUPES QUE YO LO HE HECHO TODO BIEN"

Ambas petición van dirixidas á Sección 6ª do penal da Audiencia de Barcelona (que foi quen lle condenou polo motín de Quatrecamins), e á dirección de Brians 2 (onde fica cumprindo condena), sen ter resposta algunha por ningunha parte. Facemos constancia de que, non tan só pediuno Jose Antúnez por medio de escritos, a sua familia tambén o solicitou persoal e telefónicamente a DIRECCIÓN XERAL PENITENCIARIA DE BARCELONA, e a data de hoxe, ninguén se pronunciou ao respecto.

Esta mañán fixeronlle un control médico.

Por todo isto e por toda a marxinación da que está sendo obxecto, tomou a determinación de acabar con todo dunha vez por todas. Empeza a sua conta atrás, o principio do fin. Non quedan gañas de seguir luitando, non lle dan a oportunidade de ve-lo futuro, non cumpriron con a palabra dada... José está a xogarse a sua vida porque é o único que lle fica e está decidido a perdela se non lle deixan máis alternativa. Non o permitamos, queremolo libre e vivo.

A familia di que seguirá contando os novos acontecementos e roga a maior difusión e apoio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario